A curiosa interpretación da Fiscalía de Lugo sobre o negocio da prostitución

O Ministerio Público non observou elementos de delito de "prostitución coactiva" nun dos clubs de alterne investigados na 'Carioca' porque non se sabe se "hai un beneficio económico directo". Colectivos censuran que pida o arquivo da peza contra o Club Liberpool do Corgo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2018

A Rede Galega Contra a Trata, que integran dez asociacións galegas, expresou o seu "profundo malestar" co contido dun informe da Fiscalía de Lugo no que se solicita o arquivo dunha as pezas separadas da 'Operación Carioca', a relativa ao Club Liverpool no Corgo. A Fiscalía remitiu este informe ao xulgado número uno, que leva esta operación sobre unha trama vinculada á prostitución, o pasado 24 de novembro.

No informe, excúlpase ao propietario do devandito club, á súa compañeira sentimental e a dous axentes da Garda Civil e se xustifica en que para ser autor dun delito de "prostitución coactiva" é preciso a concorrencia dunha serie de elementos, como que "unha persona exerza a prostitución mediante o emprego de violencia, intimidación, engano ou como vítima do abuso de superioridade ou da súa situación de necesidade ou vulnerabilidade".

Ademais, enumera que "quen obtén o rendemento económico á conta da explotación sexual allea sexa coñecedor das circunstancias que determinan á persona prostituída a manterse no exercicio da prostitución", e que "a ganancia económica, fixa, variable ou a comisión, sexa un beneficio económico directo".

Así mesmo, a acusación publica abunda en que o "Código Penal aplicable non prevé responsabilidade penal do dó do local no que se exerza a prostitución, e obviamente sexa partícipe dos beneficios, suposto que a doutrina e a xurisprudencia denomina tercería locativa, xa que cando se trata de prostitución de persoas maiores de idade só permanece tipificada a conduta de quen permanece coactivamente mediante engano ou abusando dunha situación de necesidade ou superioridade".

TERMOS DO INFORME

Así se desprende do informe da Fiscalía que "o artigo 188 non pretende a protección da moralidade pública, nin da honestidade das persoas, xa que o exercicio libremente decidido da prostitución é unha actividade irrelevante para o Código Penal".

A Rede Galega Contra a Trata móstrase "preocupada" polos "termos en que se expresan algúns argumentos vertidos no documento", xa que, avisa, "derivan incompatibles coa dignidade da muller, a igualdade de xénero e os dereitos humanos". Tamén "sorprende" a este colectivo que se "considere a precariedade económica extrema das concretas mulleres que exercen nun club como un mero dato social sen relevancia normativa".

A rede censura que "o feito de que o dono dun bordel impoña ás mulleres un horario estrito, suxíralles non usar preservativo e as deixe descansar un día á semana sexa para a fiscalía indicio de mesura".

Concretamente, critica que a Fiscalía cuestione que se poida imputar ao titular do negocio un delito sen probar que ten "beneficios" da actividade e que "persoalmente obrigou ou coaccionó dalgunha maneira á vítima a exercer a prostitución ou, polo menos, tiña coñecemento" de que se atopaba nesa situación. "Pois non é delito o mero feito de cooperar ou protexer a prostitución dunha persona maior de 18 anos", di o informe da Fiscalía.

"ASOMBRO"

Outro aspecto polo que subscriben é que non poden ocultar o seu "asombro" ante a condescendencia probatoria, din, con que é tratada a situación dunha menor de idade que é "achada nun club portando un pasaporte --exhibido ao proxeneta e á policía-- no que o ano de nacemento está corrixido cun bolígrafo".

Con respecto á menor, a Fiscalía pon o acento en que o dono do local foi detido o 10 de xullo de 2009 e conclúe que a moza cando lle mostrou o pasaporte ao suposto proxeneta alterara " o ano de nacemento". "Cando este o solicitou, aparecía como data de nacemento o 27.10.1990, sendo alterado o ano de nacemento, que en realidade era 1991", di a o Ministerio Público.

Finalmente a Rede fai especial fincapé en que se antolla "inquietante que certas relacións entre algúns membros da Benemérita cos empresarios dos bordeis sexan cualificadas como de simple cortesía ou, como moito, sexan tachadas de leves infraccións administrativas".

As organizacións que compoñen a Rede Galega contra a Trata son: ACEM (Coruña), Adoratrices-Érguete Muller (Ourense), Aliade-Ultreia (Lugo), Asociación Faraxa (Vigo), Cáritas-Programa Muller (Lugo), Cáritas-Alumar (Ourense), Ecos do Sur (A Coruña), Médicos do Mundo Galicia, Oblatas-O Mencer (Ferrol) e Oblatas-Vagalume (Santiago de Compostela).

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

7 comentarios
4

xyHs

Paréceme que vas ter que volver escribir á escola.


3

Rgjky

Hai que legalizar, permitir cotizar á SS a aquelas mulleres que de xeito libre queren exercer a prostitución. Hai que poñer os pes no chan: sempre houbo e vai haber prostitución. Ao igual que hai mulleres que non lles gustaría, a outras gústalles o sexo e prefiren adicarse á prostitución e gañar en tres días o que nunha perruquería gañarían nun mes. É así. E que non me veñan con cuestións elevadas, de indignidade e similares. A indignidade téñena co paso dos anos cobrando a RISGA ao non ter dereito a pensión por non deixalas cotizar.


2

Antinostrus

Claro que sí...estes non teñen claro o do interese económico por que posibelemente (como a certos Policemans de Inmigración e a aquel Coronel- ou case -da Guarda Civil, despois destinado ás Canarias) saía-lles gratis "irdepu tas" neses antros, pois que "a casa invitaba"....según me teñen contado....vén sendo o equivalente a cando Nostrus lle pon o traseiro a calqueira españolucho do tres ao cuarto que lle poida dar algo de beneficio, tan miserabel é....


1

Anti...

Haberia que saber os clientes grabados pra poder opinar sobos de moitas resolucións.

3 respostas
1

Por Ai si oh: Ata podería aparecer algún que moito despotrica por eiquí...

2

Por piscalia: Eu so fun tomar un café, pois estaba todo pechado. De verdade !!!

3

Por Penitentiagite: Eu no café ese teño visto un falanxista con vestido de lunares amarelos e vermellos zapateando o "vivapaña". Se é que se visten moi ben! Xa o decía Interviu.


Imaxes duns zapatos nun prostíbulo / taringa.net

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.