A Audiencia ratifica a condena de 8,5 anos de inhabilitación a ex-alcalde do Porriño por prevaricación

Ve "evidente" o dolo penal e considera probado o delito na contratación irregular de tres asesores por parte de Raúl Francés, quen gobernou o Concello entre 2003 e 2010 á fronte do BNG.

Por E.P. | VIGO | 11/01/2018

A Audiencia Provincial de Pontevedra ditou sentenza na que desestima o recurso de apelación presentado pola defensa de Raúl Francés, ex-alcalde do Porriño, e ratifica a condena de 8 anos e medio de inhabilitación por un delito continuado de prevaricación administrativa.

Francés, que foi rexedor do Porriño polo BNG entre 2003 e 2010, e posteriormente concelleiro coa actual alcaldesa socialista, Eva García da Torre, foi xulgado pola contratación —no seu período como rexedor— irregular de tres asesores técnicos.

O xulgado Penal número 2 de Pontevedra condenouno en setembro de 2016 a 8 anos e medio de inhabilitación por prevaricación administrativa continuada, e a súa defensa presentou recurso de apelación, argumentando que se produciu un erro na valoración da proba durante o xuízo, e que se infrinxiu o principio de legalidade e da xurisprudencia sobre o delito de prevaricación na sentenza condenatoria.

A Audiencia Provincial desestimou agora o recurso, ao entender que, da proba practicada, non pode deducirse que a apreciación do xuíz fose "errónea ou ilóxica, e moito menos arbitraria". Así, dá por válidos os feitos considerados probados e ve "evidente a concorrencia de dolo penal", nunha resolución firme, contra a que non cabe interpor recurso algún.

DE ALCALDE DO BNG A EDIL CUNHA ALCALDESA SOCIALISTA

Raúl Francés foi alcalde do Porriño co BNG, entre 2003 e 2010, cando Nelson Santos lle arrebatou 'o bastón' grazas a unha moción de censura apoiada polo PP e por dous grupos independentes. En 2012 deuse de baixa no BNG e presentou (xunto a outros dous edís nacionalistas) a súa dimisión e renuncia á acta de concelleiro.

En 2015 volveu á escena política de forma sorprendente, como número dous (independente) na lista do PSOE, que encabezaba Eva García da Torre. Unha vez que a socialista foi investida rexedora, Raúl Francés converteuse en concelleiro de Emprego e Facenda no Porriño. Poucos meses despois, após coñecerse a apertura de xuízo oral contra el por prevaricación, presentou a súa dimisión e anunciou que abandonaba a política.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

9 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 6

    sermos mantidos

    No BNG non hai corrupción. Falso, absolutamente mentira. Imposible, ou moi improbable. Se a hai está xustificada. Non é para tanto, moito alarmismo. Cousas que pasan, en todas as casas cocen fabas. Envexa, que nos tedes moita envexa. Se vos estivesedes no seu lugar tamén roubades.


    5

    Antónimo

    Ante as reiteradas mostras de apropiación, fraude, despoxo, usurpación, falsidade, prevaricación... Corrupción? Para nada! Tolerancia 100% se é dos nosos. Asinado: PPsoE, Ciudadanos, CiU, PNV, BNG, IU e Podemos. E punto.


    4

    Paco da Rosa

    O Bloque é sistémico: participa da corrupción. Claro que non trincan tanto como os do Partido Podre, por ter un poder pírrico, pois por fame e condición xa se mira cando tocan o unto... E axúdanlle a mamar ao Psoe, colaboran co españolismo no asoballamento da Terra a cambio de manter barriguiñas agradecidas. Noxo de vendidos!!!


    3

    Fuilco

    Un alcalde do BNG pillado coas mesmas mañas que Baltar, Cuiña e outros caciques do PP: contratando amiguetes a dedo. O de sempre.


    2

    cazarraposas

    O BNG TAMÉN rouba. E algúns cando os pillan vanse para o PsoEspañol (de marca branca autóctona a marca oficial españolista) ou para as Mareas de Podemos (con permiso da cúpula e cópula da Complutense, agardando que os queiran no PsoEspañol, o do Gal, os Eres e o falso socialismo cómplice da mafia do Partido Podre). Tamén hai ratas que fican na casa, amparadas pola UPG, gostan e apoian a tauromaquia española e premian os cantantes da fachosa caverna madrileña, e son o modelo a imitar, até a algún lle toca a lotería, española, por suposto! Apostando por España e polo bandullo!

    2 respostas
    1

    Por Non te emociones: En ningunha parte da sentenza Raúl Francés foi acusado de roubar. Foi acusado de contratar técnicos a dedo en contra da opinión da Intervención municipal...

    2

    Por Non tapes o ladrón: Que é quitar ilegalmente cartos públicos dos veciños do concello do Porriño para entregalos e metelos no peto particular e privado duns amigos da corda? Que fai o Partido Podre e o PSOE dos Eres, os caciques los enchufados e cosas empresas amigas? Que era a decencia para o BNG? O outro dicía "O BNG TAMÉN ROUBA", e eu engado: mexan por nós e os taparrabos do BNG queren que agradezamos as augas menores como bendita chuvia dourada en tempo de seca! Até onde chega a caradura dos servos e mantidos do BNG? Non só hai ratas dentro, están orgullosos das ratas autóctonas!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Xuízo a Raúl Francés, ex-alcalde do Porriño / Europa Press.

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.