Beiras avisa a Unidos Podemos: "A esquerda emerxente pode acabar en mal porto"

O fundador de Anova avisa do perigo de que esta formación "se preocupe da demoscopia e de como os seus posicionamentos impactan no electorado español" máis que de manter os seus principios políticos. Tamén xustifica a actitude dos líderes independentistas cataláns que mudaron nas súas estratexias cara a independencia pola "chantaxe sistemática" do Estado.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 13/01/2018

O fundador de Anova e dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras advertiu a Podemos que a "esquerda emerxente" pola que a cidadanía "apostou e votou esperanzada" —tamén no caso de En Marea— pode acabar en "mal porto" se Podemos "se preocupa da demoscopia e de como os seus posicionamentos impactan no electorado español".

Logo da intención de Esquerda Unida de demandar máis peso na alianza estatal argumentando un "desgaste" por parte de Podemos, Beiras sinalou que se trata de "cuestións internas" do espazo político que representa Unidos Podemos.

Con motivo da súa estancia en Pontevedra no marco dunha conferencia organizada por Anova a última hora deste venres, avisou que "mal servizo fan se se enredasen en se lle corresponde máis ou menos a uns e a outros", o que afectaría tanto a ambas as formacións como ás confluencias xurdidas en Galicia e Cataluña.

EN MAREA

No caso de Galicia, "hai que ver en que medida se consolida En Marea como alternativa de unidade popular", precisou o fundador de Anova en declaracións a Europa Press. Xosé Manuel Beiras instou a respectar os documentos fundacionais do partido instrumental e da coalición creada para as eleccións de 2015 porque, avisou, en caso encontrario "estase formalmente dentro de En Marea pero en realidade estase fóra".

Tamén fixo un chamamento a "traballar coa visión posta no norte, como os mariñeiros", atribuíndo os "bandazos" ao "vento en contra", o que obrigaría a variar o rumbo para alcanzar o obxectivo. En cambio, "sería un desastre para a cidadanía se non se ten en conta o norte e pérdese nas guiñadas", prognosticou.

"Non se pode estar nunha organización que é un partido instrumental", indicou, referíndose a En Marea, "cunha concepción onde o protagonismo é dos cidadáns e non das forzas políticas, e ao mesmo tempo dicir que se quere estar fóra ou ir pola súa conta", recalcou Xosé Manuel Beiras, argumentando que "sería unha fraude ao proxecto de En Marea e aos cidadáns", concluíu.

Estas declaracións do histórico dirixente nacionalista coinciden coa celebración este sábado do Consello Cidadán Estatal de Podemos, na que Pablo Iglesias prevé presentar a súa estratexia para 2018.

CATALUÑA

O fundador de Anova tamén aproveitou para atribuír a reacción de independentistas cataláns como o ex-vicepresidente Oriol Junqueras, o exlíder da ANC, Jordi Sánchez, e o responsable de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, ante os procesos xudiciais polos que están a ser investigados, á "chantaxe sistemática" do Estado, polo que "teñen que ver como poden saír ao paso".

Beiras sinalou que esta situación "dá lugar a que reiteren que están dispostos a dialogar", algo que "xa dixeron durante o procès" e que até o momento "non houbo". O dirixente de Anova acusou ao Goberno do Estado de facer un "uso do poder autoritario, propio do fascismo, do nazismo e do franquismo, fronte a cidadáns indefensos e forzas democráticas coas mans atadas".

En declaracións a Europa Press, Beiras cualificou de "inxustas e ilegais" as últimas eleccións convocadas desde a Administración Central despois de converter Cataluña nun "país ocupado", onde se "cancelaron" as institucións do Parlamento e a Generalitat e fíxose unha aplicación "espúrea" do artigo 155 da Constitución, "como sinalan todos os especialistas", insistiu.

Ademais, reprochou a acción dos medios de comunicación "do pensamento único", dos que afirmou que exercen de "repetidores das mensaxes perversas que dita o Goberno do Estado" á mantenta de trasladar que os independentistan "tentan colaborar, dando unha imaxe de que se baixan os calzóns". Para Beiras, esta situación que sería "imposible en calquera país democrático", prodúcese nunha Europa que puxo á altura dun "Cuarto Reich", concluíu.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

34 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 10

    terapia electroconvulsiva

    o que di e froito do empacho de diazepan, danlle veinticio pirulas o día, asi pois vive no mundo de Alicia no país das maraBillas, o vello ten que explicar como o exsenador traidor o nacionalismo que paso por converxencia por Galiza foi a parar a podreiros despois de pasar pola anova mareada, que vergonza o que di que xa sabíamos todos desde o primeiro momento, a demagoxia "lerruxista" pretende seguir funcionando, engañaron a moitos na marea podreiros do XUIZ MAIMONIDES de anova, nese teatrillo de patio de monxas capuchina montado polos alcaldes podreiros de santiAGE de componendas e Coruños, que foron os mesmo que o guindaron fora do poder de ANOVA e agora a seguir vendendo a burra cega, xa basta de engaños -Vieiras atoleadas, xa basta de trapalladas!!!!


    9

    xacobe

    Que pouco durou o conto...


    8

    Rafa

    E onde vai acabar ANOVA en Ferrol, con xentes como Álvaro Montes ou a heterea Xiana López Penedo, que estando na Executiva de ANOVA, non fai traballo NINGÚN na sociedade ferrolá, nin , moito menos, no seu centro de traballo na Sanidade Pública ?. Antón: Xa é hora de que despertes ¡¡


    7

    Rafa

    E onde vai acabar ANOVA en Ferrol, con xentes como Álvaro Montes ou a heterea Xiana López Penedo, que estando na Executiva de ANOVA, non fai traballo NINGÚN na sociedade ferrolá, nin , moito menos, no seu centro de traballo na Sanidade Pública ?. Antón: Xa é hora de que despertes ¡¡


    6

    Foisecovento

    Vós sodes o mellor aliado do PP para conseguir isto que indica Pontón. De feito, moitos dos votantes dos vosos compis en Cataluña así o viron e así non os votaron: http://www.galiciaconfidencial.com/... Pero ti, Beiras, aínda tes forza para chegar á xente e dicir claramente a verdade... Entón si serías un dos bos e dos xenerosos.

    6 respostas
    1

    Por sermos mantidos: Kollona, parabéns por entendelo: a "incapacidade do bloque" fixo aparecer as Mareas de Podemos. Certo! Eu engadiría, se me permites, a falsidades e a corruptela (último caso, que non derradeiro, Raúl Francés declarado delincuente como alcalde do BNG no Porriño). Por certo, deste caso non comentas... Pedirle bondade e xenerosidade a un ególatra narcisista e clasista, iso xa é de traca!

    2

    Por limico: Que eu saiba, Raúl Francés presentouse polo PSOE., pero iso non ven ao caso. O nacionalismo galego resistiu e resistirrá antes e despois das Mareas. Simplemente porque Galiza existetamén.

    3

    Por comunista independentista: Galiza = Nacionalismo galego = Bloque. Parabéns, aprendeches ben o catecismo pacorrodriguista. Desfuta a eterna frustración autocomplacente.

    4

    Por sermos mantidos: Limico, taparrabos oficial do BNG, Francés foi declarado delincuente polos seus actos como alcalde do BNG. Amarga? Ponlle azucre! E os que pactades co nacionalismo español do PsoEspañoli$$imo da Constitución franquista do 78, do terrorismo do Gal, do 135 e do 155 sodes cómplices e farsantes (léase BNG e Mareas de Podemos). Hoxe mesmo, Pedro Sánchez, proclama que o PSOE é garantía contra o secesionismo. Que merdé de nacionalistas galegos sodes no BNG que amparades ao PsoEspañol a primera de cambio? Abel Caballero é o voso escollido, Carmela a vosa musa, Orozco, Bugallo... foron os vosos alcaldes. Pagan ben no PsoEspañol? Nacionalistas galegos vendidos polo alimento patriota españolista!

    5

    Por La pastillita loqui: Onvre loquito tu siempre contra el Bloquito que no te deja aparcar en lacera en Pontevedra. Te dececionastes con Podemos eh loqui que te gustaban que lo dijistes

    6

    Por Nostrus: Pastillita, tú eres de los nuestros? Y te haces pasar por bloqueiro? Entiendes? Es que los estás dejando en ridículo y me gusta tu estilo para reflejar el típico bloqueado cabezadunto.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • O histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, no acto de Anova

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.