Beiras avisa a Unidos Podemos: "A esquerda emerxente pode acabar en mal porto"

O fundador de Anova avisa do perigo de que esta formación "se preocupe da demoscopia e de como os seus posicionamentos impactan no electorado español" máis que de manter os seus principios políticos. Tamén xustifica a actitude dos líderes independentistas cataláns que mudaron nas súas estratexias cara a independencia pola "chantaxe sistemática" do Estado.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 13/01/2018

O fundador de Anova e dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras advertiu a Podemos que a "esquerda emerxente" pola que a cidadanía "apostou e votou esperanzada" —tamén no caso de En Marea— pode acabar en "mal porto" se Podemos "se preocupa da demoscopia e de como os seus posicionamentos impactan no electorado español".

Logo da intención de Esquerda Unida de demandar máis peso na alianza estatal argumentando un "desgaste" por parte de Podemos, Beiras sinalou que se trata de "cuestións internas" do espazo político que representa Unidos Podemos.

Con motivo da súa estancia en Pontevedra no marco dunha conferencia organizada por Anova a última hora deste venres, avisou que "mal servizo fan se se enredasen en se lle corresponde máis ou menos a uns e a outros", o que afectaría tanto a ambas as formacións como ás confluencias xurdidas en Galicia e Cataluña.

EN MAREA

No caso de Galicia, "hai que ver en que medida se consolida En Marea como alternativa de unidade popular", precisou o fundador de Anova en declaracións a Europa Press. Xosé Manuel Beiras instou a respectar os documentos fundacionais do partido instrumental e da coalición creada para as eleccións de 2015 porque, avisou, en caso encontrario "estase formalmente dentro de En Marea pero en realidade estase fóra".

Tamén fixo un chamamento a "traballar coa visión posta no norte, como os mariñeiros", atribuíndo os "bandazos" ao "vento en contra", o que obrigaría a variar o rumbo para alcanzar o obxectivo. En cambio, "sería un desastre para a cidadanía se non se ten en conta o norte e pérdese nas guiñadas", prognosticou.

"Non se pode estar nunha organización que é un partido instrumental", indicou, referíndose a En Marea, "cunha concepción onde o protagonismo é dos cidadáns e non das forzas políticas, e ao mesmo tempo dicir que se quere estar fóra ou ir pola súa conta", recalcou Xosé Manuel Beiras, argumentando que "sería unha fraude ao proxecto de En Marea e aos cidadáns", concluíu.

Estas declaracións do histórico dirixente nacionalista coinciden coa celebración este sábado do Consello Cidadán Estatal de Podemos, na que Pablo Iglesias prevé presentar a súa estratexia para 2018.

CATALUÑA

O fundador de Anova tamén aproveitou para atribuír a reacción de independentistas cataláns como o ex-vicepresidente Oriol Junqueras, o exlíder da ANC, Jordi Sánchez, e o responsable de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, ante os procesos xudiciais polos que están a ser investigados, á "chantaxe sistemática" do Estado, polo que "teñen que ver como poden saír ao paso".

Beiras sinalou que esta situación "dá lugar a que reiteren que están dispostos a dialogar", algo que "xa dixeron durante o procès" e que até o momento "non houbo". O dirixente de Anova acusou ao Goberno do Estado de facer un "uso do poder autoritario, propio do fascismo, do nazismo e do franquismo, fronte a cidadáns indefensos e forzas democráticas coas mans atadas".

En declaracións a Europa Press, Beiras cualificou de "inxustas e ilegais" as últimas eleccións convocadas desde a Administración Central despois de converter Cataluña nun "país ocupado", onde se "cancelaron" as institucións do Parlamento e a Generalitat e fíxose unha aplicación "espúrea" do artigo 155 da Constitución, "como sinalan todos os especialistas", insistiu.

Ademais, reprochou a acción dos medios de comunicación "do pensamento único", dos que afirmou que exercen de "repetidores das mensaxes perversas que dita o Goberno do Estado" á mantenta de trasladar que os independentistan "tentan colaborar, dando unha imaxe de que se baixan os calzóns". Para Beiras, esta situación que sería "imposible en calquera país democrático", prodúcese nunha Europa que puxo á altura dun "Cuarto Reich", concluíu.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

34 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 5

    Foisecovento

    Que fermoso oxímoron: esquerda emerxente. Consegue alumear na nosa mente o conceuto terceiro que todo bo oxímoron persegue... Que uso máis refinado dos recursos literarios relacionados co mar xa dende os comezos: https://www.youtube.com/watch?v=ahI... "vai chegar en marea e vai mudalo todo vai subir a marea e vai mudalo todo vai chegar en marea" En fin, volvendo á realidade: que pretendedes ocultar, que fracasastes en crear unha forza republicana, progresista e de esquerdas? Xa o sabemos. Que case provocastes a desaparición do nacionalismo galego? Xa o sabemos. Todo o que dicides lévao o vento, o voso é a palabrería vácua... A palabrería non goberna eficientemente as cidades do recambio, perdón cambio, coma xa moitos ven. Só a incapacidade do bloque para artellar un espazo galeguista de esquerdas vos dá aire aínda para seguir soltando palabras que leva o vento.

    2 respostas
    1

    Por comunista independentista: Pero aínda existe o Bloque?

    2

    Por Foisecovento: No teu universo paralelo creo que non.


    4

    nostrus

    Beiras es uno de los últimos bufones del reino cuyas gracias ya no hacen reir a nadie, pero cargadas con la misma maldad de siempre. Beiras es un dinosaurio de la politica que se vanagloria de luchar por la libertad durante la dictadura, pero que lo único que hizo fue luchar contra la dictadura para tratar de implantar otra dictadura diferente aunque sin conseguirlo, por lo que le es dificil acomodarse en la democracia.

    1 resposta
    1

    Por Cinismo: Y tu estas comodo en la dictadura borbonica y ya debes estar emociobado con las encuestas de ciudadanos ya estas preparando el revolver verdad nostrus para volver a mandar gente a las cunetas que te pone


    3

    Per

    Amagar pra sair nos medios, nada máis


    2

    San PABLO APOSTOL

    pero isto que é, pero si a marea xa e refluxo, meus amigos, a quen pretenden engañar, xa o dixo incluso os de izquierda unitaria ante o fiasco de catalunñas... NON SOMOS DE ESQUERDAS O DIREITAS DI O COLETAS, desconfiade cando os digan asi e que son de direitas... mais e mais pantomimas do vello que foi un.ha lesmia entre a lama inmunda do expañoleterismo, agora todo son laios, agora todo e seguidismo da política madrileñesca do cenáculo de politicastros de podreiros, xente endromenate, autenticos mamertos que están caidos no mais baixo do parlamentarismo expañol... o pobo xa ve cal foi rupturismo.... o pobo xa veu cal foi o autonomismo das posición -Vieiristas, incluso xa aceitaron a monoarquia, xa sin impudicia a calzon quitado!!! triste espectáculo o do vello (comunicar que fun censurado no face-book por insultar o presidente do gobernó, o glorioso e magno Fuckerberg non sabe o que están facendo os seus esbirros aquí en expaña)


    1

    Ferriño

    Que Anova aplique iso en EM


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • O histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, no acto de Anova

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.