Pontón acusa a Feijóo de encamiñar a Galicia "ao vagón das rexións", á marxe do "tren de nacións"

A portavoz nacional do BNG envía unha mensaxe aos galegos, de cara ás eleccións municipais de 2019, para "construír desde os Concellos un dique de contención contra o centralismo, o recorte de liberdades e dereitos, e esa tropa do 155".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2018

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, de encamiñar a Galicia cara ao "vagón das rexións" e a apeala do "tren de nacións", e exhortou, ante as próximas eleccións municipais, a "construír desde os Concellos un dique de contención contra o centralismo, o recorte de liberdades e dereitos, e esa tropa do 155".

Así o asegurou durante o acto celebrado en Rianxo (A Coruña), no Auditorio Municipal, para conmemorar o aniversario 68 do falecemento de Alfonso Rodríguez Castelao. Estivo acompañada de Elvira Blanco, membro da dirección de Galiza Nova, e Adolfo Muíños, alcalde do BNG da localidade.

A portavoz nacionalista enxalzou o traballo que desenvolveran "Castelao, o Partido Galeguista e todos os nacionalistas da Segunda República", grazas ao que, afirmou, "Galicia conseguiu durante a transición o seu recoñecemento como nacionalidade histórica, ao mesmo nivel que Euskadi e Cataluña".

Pontón, que sostén que se trata dun exemplo da importancia de que o que se fai "aquí e agora é importante non só para o presente senón tamén para o futuro deste país", fixo referencia á situación política de Cataluña e do 'procés' que reflicte "unha crise do réxime que está a florecer en moitas formas".

"Galicia corre o risco de quedar atrás, e que Galicia se baixe dese tren das nacións e que nos sitúen no vagón das rexións", denunciou, engadindo que "no que dependa de Feijóo ese vai ser o epílogo de Galicia".

En cambio, avanzou que o BNG vai seguir " traballando para que Galicia non se baixe do tren das nacións" e avance "en soberanía" e "en capacidade de decisión".

Neste contexto, alentou aos presentes no acto a facer valer o traballo do BNG tanto na oposición como nos gobernos municipais, coa vista posta nas eleccións municipais de 2019.

O BNG tratará así de pór en valor que ten, ao seu xuízo, "solucións aos problemas de mobilidade nas cidades", para "abaratar o recibo da luz", políticas que crean cidades máis habitables coidando o patrimonio, que crean máis emprego apostando polo pequeno comercio que polas grandes superficies comerciais, con orgullo da lingua e a cultura, e coa idea de que "é posible pór fin ao caciquismo con gobernos abertos e democráticos e transparentes".

BNG COMO "DIQUE DE CONTENCIÓN CONTRA O CENTRALISMO"

Ana Pontón animou a "empezar a traballar desde xa para darlle un novo impulso ao BNG nas eleccións locais", co obxectivo de "construír desde os Concellos un dique de contención contra o centralismo, o recorte de liberdades e dereitos, e esa tropa do 155".

En referencia á aplicación en Cataluña do artigo 155 da Constitución Española, enviou unha mensaxe de "parabéns a Cataluña e ás forzas soberanistas" polos resultados das pasadas eleccións autonómicas, así como de "solidariedade aos 'Jordis', a Forn e a Oriol Junqueras", sobre os que afirmou que "están no cárcere por defender ideas por vías pacíficas e democráticas".

"A DEMOCRACIA EN ESPAÑA ESTÁ MOI PODRE"

Nesta mesma liña, Ana Pontón continuou tachando de "escándalo maiúsculo" que en España haxa "persoas no cárcere por defender as súas ideas, mentres que Urdangarín, Rato ou un tal 'M punto Rajoy' seguen sen pasar un día no cárcere a pesar de que se demostrou que roubaron diñeiro público ou que cobraron salarios en B".

"Evidentemente, a democracia no Estado español está moi podre", asegurou.

"O FIN DA VIOLENCIA MACHISTA NON VIRÁ POLO CÓDIGO PENAL"

Por outra banda, ante o feito de que o acto se celebrase en Rianxo, Pontón tamén se referiu á violencia de xénero e afirmou que "o fin da violencia machista non vai vir polo Código Penal", senón pola "educación, a sensibilización e por desterrar o machismo".

Tras lembrar que desde 2004 son máis de 800 as mulleres asasinadas no Estado español e que cada ano en Galicia hai 5.000 mulleres que presentan novas denuncias nos Xulgados, enviou "unha mensaxe clara ás mulleres que viven esa situación, porque poden saír dela". Para aqueles que pretenden que as mulleres vivan con medo, engadiu: "Perdemos o medo as mulleres e imos camiñar soas, na rúa, de noite, de día, porque non imos permitir que nos reclúan".

Como conclusión ao acto, Ana Pontón elixiu unha frase de Rodríguez Castelao: "Os soños primeiro e as ideas despois, crean feitos históricos, Galicia xa pensou e soñou bastante, non tardará en producirse o gran acontecemento, confiemos no noso pobo e o noso pobo confiará en nós".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

15 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3

    Celia

    Temos rumbo, temos barco, temos tripulación, temos capitana. Avante toda!!!!


    2

    nandiño

    Y a eso no le dedicó una página La Voz de Galicia, tan defensora del BNGuai ?


    1

    comunista independentista

    O que omite esta vividora ignorante, sectaria e fanática, é que para estar no tren das nacións, Castelao e o PG apostaron pola Fronte Popular, algo que nunca faría o Bloque actual, sempre tan esencialista, identitario e idealista. Mellor que citen a Risco.

    3 respostas
    1

    Por Choví chová: Di que que nación es independentista en concreto?

    2

    Por Bibalacoherencia: Home non o fagas pensar moito que ao mellor lle provocas dor de cabeza.

    3

    Por comunista independentista: Que que nación? XDDDD


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Ofrenda floral a Castelao en Rianxo / Europa Press

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.