Un proxecto lingüístico da USC premiado pola Fundación BBVA

Recibe unha das cinco axudas concedidas a equipos de investigación científica en Humanidades Dixitais

Por GC Emprende | Compostela | 15/01/2018

Seleccionado entre 143 propostas, o proxecto ‘Generación multilingüe de estructuras argumentales del sustantivo y automatización de extracción de datos sintáctico-semánticos’ (MultiGenera) da USC é un dos cinco proxectos de investigación científica en Humanidades Dixitais premiado pola Fundación BBVA.
 
A convocatoria premia aqueles proxectos de investigación orientados a un uso innovador das tecnoloxías da información e de técnicas estatísticas avanzadas para o tratamento de obxectos propios das Humanidades. Os outros catro proxectos financiados por esta convocatoria desenvolveranse nas universidades de Girona, Lleira, Autónoma de Barcelona e Politécnica de Valencia.
 
Segundo informa a USC, MultiGenera ten como principal obxectivo o deseño dun prototipo de aplicación lingüística didáctica que xere automaticamente estruturas nominais con información semántica. Dotando as estruturas nominais de significado, a busca en bases de datos léxicas de diferentes idiomas farase con maior rapidez e eficacia, de xeito que poderá ser un reforzo fundamental para a investigación en lingüística. Como o prototipo tamén creará estruturas incorrectas, isto vai permitir mellorar as regras polas que funcionan os tradutores automáticos, dotándoos así de maior rigor, precisión e similitude coa linguaxe natural (NLP).
 
Castelán, francés e alemán
 
O desenvolvemento de MultiGenera, que inicialmente vai traballar co castelán, o francés e máis o alemán, proporcionará numerosos exemplos útiles en varios ámbitos, como a docencia, a gramática contrastiva, os novos dicionarios (mesmo actualización dos antigos) ou a tradución automática. 
 
O equipo de investigación está integrado por trece especialistas que coordina María José Domínguez Vázquez, xunto a quen tamén participa Teresa Sanmarco Bande, Mónica Mirazo Balsa e Laura Pino Serrano da Universidade de Santiago de Compostela. O resto do equipo confórmano: Rosa Martín Gascueña (Universidade Complutense de Madrid); David Lindemann (Universität Hildesheim); Natalia Catalá Torres (Universidade Rovira i Virgili); Carlos Valcárcel Riveiro (Universidade de Vigo); Isaac González López (CIFP Politécnico); Alberto Bustos Plaza (Universidade de Extremadura); José Antonio Calañas Continente (Universitat de València); Carolin Müller-Spitzer e Sascha Wolfer (Institut für Deutsche Sprache).
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Integrantes do proxecto o proxecto ‘Generación multilingüe de estructuras argumentales del sustantivo y automatización de extracción de datos sintáctico-semánticos’ da USC / usc.es

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.