Convócanse 32 bolsas para estudos na Escola da Auga

Viaqua e Fundación Aquae destinarán preto de 33.000 euros a este programa de axudas para formar a universitarios e profesionais no ámbito da auga e do medioambiente.

Por GC Emprende | Compostela | 17/01/2018

Un total de 32 estudantes, o dobre que o ano pasado, ppoderán disfrutar duha bolsa para realizar estudos na Escola da Auga.  O obxectivo destas bolsas é facilitar a universitarios e profesionais formación sobre o sector da auga, o saneamento e o medioambiente. 
 
Viaqua e a súa fundación, Fundación Aquae, destinarán preto de 33.000 euros a este programa que, desde a súa creación en 2014, atrae cada vez a un maior número de recén graduados e profesionais de diversas partes do mundo (principalmente España e Latinoamérica) que queren formarse nun sector en alza.
 
Estas bolsas cubren o 50% do importe das matrículas e inclúen dúas categorías: 12 bolas de máster y posgrado e 20 bolsas de módulos de posgrado.  As 12 bolsas de máster e posgrao inclúen catro bolsas para realizar un Máster en Tecnoloxía e Xestión da Auga; dúas bolsas para cada un dos seguintes posgraos: en Redes, en Abastecemento, en Xestión e Operación de Plantas de Tratamento de Augas, e en Saneamento de Augas Residuais. 
 
En canto ás 20 bolsas de módulos de posgrao, que supoñen uhna novidade formativa respecto ao pasado ano, inclúen cinco bolsas para cada un dos seguintes módulos de Posgrao: en Captación, en Depuración, en Redes e en Drenaxe. A totalidade do programa de bolsas conta co recoñecemento de créditos pola Universidade Politécnica de Cataluña e a Universidad Oberta de Catalunya. 
 
DÚAS CONVOCATORIAS
 
Estas bolsas contan con dúas convocatorias: unha que o período de presentación de solicitudes finaliza o próximo día 12 de febreiro, e outra na que o periodo de presentación de candidaturas manterase aberto entre xuño e mediados de setembro deste ano. Poden ser beneficiarios destas axudas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: asumir a título individual o custo íntegro da matrícula do máster; e ser titulado universitario ou acreditar a formación necesaria para o acceso a cada programa. 
 
A Escola da Auga ten vocación de presencia global para acompañar ao desenvolvemento sostible do planeta e contribuír á consecución dos ODS. Para elo, en base a un modelo colaborativo no que se asocia con universidades e centros formativos de prestixio, consegue unir o coñecemento experto dos profesionais de Suez, con 150 anos de historia, co coñecemento dos axentes locais. Actualmente, conta con estudantes e proxectos de capacitación en 17 países: España, 11 países de Latinoamérica, Reino Unido, Alemaña, Noruega, Singapur e Alxelia. 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Auga. Billa.

Gráfico de augas subterráneas con comparativa de pozo e pozo de barrena

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.