Ameazan con expulsar a Miriam de OT por cantar no seu dialecto

Miriam, a coruñesa que até o día de hoxe aínda se atopa dentro da casa de Operación Triunfo, podería ter o días contados se se confirma a penalización que a dirección do centro estuda aplicar por usar un dialecto para ‘vociferar cánticos satánicos proindependentistas e filocomunistas’ durante o día de onte mentres pasaba o tempo coa súa guitarra.

Por Galicia Confidencial | Madrí | 25/01/2018

 

A cantante que mentres se atopaba no salón da casa e como pasatempo interpretaba a canción ‘Tempestades de sal’ da artista María Xosé Silvar (Sés), foi captada polas cámaras de Televisión española, imaxes que rapidamente foron eliminadas, sen éxito xa que foron centos os internautas que xa o estaban a comentar e difundir nas redes sociais.

Deste xeito Miriam expónse agora mesmo a unha sanción que podería acarrear a súa expulsión debido á férrea disciplina e normas do concurso, que prohiben ante todo o uso de dialectos ou variantes lingüísticas que non sexa o español oficial determinado pola RAE.

As redes sociais son a estas horas un fervedoiro no que, de confirmarse a expulsión solicitan que sexa a CRTVG quen actúe con celeridade para ppder incorporar a Miriam á seccion de recanteiros do Lúar, onde poderá demostrar todo o seu potencial artístico.

Os desmáns co dialecto do noroeste español xa foi motivo encuberto de expulsión doutros concursantes, Roi e Luis como se pode ver nas redes, onde os tres en conivencia recitaban cánticos satánicos:

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511


Miriam, concursante galega de 'Operación Triunfo'.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.