A Xunta financia campionatos de caza por ser “educativos” e “cruciais no desenvolvemento das persoas”

A Secretaría Xeral para o Deporte financiou con 12.000 euros “campionatos galegos de caza”. Tamén a Consellería de Medio Ambiente deu 25.000 euros para “fomentar entre os máis novos os valores ambientais asociados" á caza. E Medio Rural outorgou case medio millón de euros a este sector tras os lumes do pasado outubro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/02/2018

A Xunta financia os campionatos galegos de caza, entre eles, o do raposo, que causou unha forte polémica nos últimos días, xustificando que se trata dunha “ferramenta educativa” e un “elemento crucial no desenvolvemento harmónico das persoa”. Así, quedou rexistrado no convenio asinado en xullo do pasado ano entre o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, e a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, asinaron o pasado ano un convenio 
 
Así, a través deste convenio, a Xunta subvencionou con case 27.000 euros as actividades da Federación de Caza. Un diñeiro que se distribuíu en 12.000 euros para campionatos galegos de caza, 8.000 a Rendemento e case 7.000 euros a gastos xerais de funcionamento. Curiosamente, este mesmo sábado haberá campionatos de caza do raposo en Cerdedo, Cotobade, Campo Lameiro, Forcarei e A Estrada,
 
O Goberno do PPdeG xustificou o “interese público” destas axudas na “necesidade de promover o deporte” dando cumprimento ao establecido na Lei do deporte de Galicia e, “dada a importancia que ten o deporte na sociedade actual como actividde cidadá voluntaria, como ferramenta educativa, como elemento crucial no desenvolvemento harmónico das persoas e no seu equilibrio físico e psicolóxico e como elemento que contribúe ao establecemento de relacións plens do individuo co grupo e dos grupos entre si”. 
 
GASTOS DERIVADOS DE COMPETICIÓNS
 
Estas axudas serviron para financiar campionatos galegos de caza, entre eles o do raposo, e tamén outras actividades de rendemento. Así, no apartado de campionatos, a Xunta financiou gastos derivados da organización destas competicións tales como arbitraxes, alugueiros de instalación, material deportivo, ambulancias, publicidade, carteleira, trofeos, medallas ou equipamentos. 
 
No caso de rendemento, para actividades relacionadas con competicións oficiais de caza, a Xunta financiou remuneracións do persoal técnico e as súas correspondentes cotizacións obrigatorias á Seguridade Social e á Facenda Públicia, incluíndose nestes o director tecnico, adestradores e “outros profesionais de apoio que axuden á mellora do rendemento deportivo (fisioterapeuta, psicólogo, masaxista, nutricionaista..)”. Tamén subvencionou o alugueiro, mantemento, consumo de auga, electricidade, gas e alimentación dos deportistas e adestradores asociados a cada un destes programas e gastos de desprazamento. Finalmente, material e roupa deportiva e gastos de utilización de vehículos, entre outros. 
 
OUTRAS SUBVENCIÓNS
 
Non foi a única subvención que recibiu a Federación de Caza. Tamén en xullo do pasado ano a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, e o presidente desta Federación, Javier Nogueira, reeditaron outro convenio para o financiamento público dunha "xornada divulgativa orientada a menores de 30 anos para que coñezan esta actividade como un deporte saudable e sustentable". En total, máis de 25.000 euros para "fomentar entre os máis novos os valores ambientais asociados" á caza, como "o respecto e o coidado do patrimonio natural".
 
AXUDA LUMES
 
Precisamente, e logo dos incendios do pasado outubro. A Federación de Caza e colectivos de cazadores tamén se adheriu ás axudas concedidas pola Xunta. Foron 40 solicitudes destinadas a atender os gastos de recuperación e protección dos recursos cinexéticos. Unhas solicitudes polas que recibirán 475.000 euros.
 
Un diñeiro que contrasta, curiosamente, cos 0 euros recibidos para poñer en valor o patrimonio cultural queimado ou os 129.000 que se destinarán ao sector turístico logo das 12 solicitudes de titulares de establecementos afectados e concellos cuxa sinalización se viu afectada, tal e como recolle a weh Historia de Galicia.
 
CRÍTICAS DO BNG
 
Por outra banda, o deputado do BNG, Luís Bará denuncia a “colaboración e apoio institucional do Partido popular” ao campionato  que se celebra este sábado, en catro concellos galegos “gobernados polo Partido popular” e que consiste en “matar o maior número de raposos no menor tempo posible”.  O deputado seguirá rexistrando iniciativas para que cese esta actividade e critica o apoio e colaboración institucional dos concellos de Cerdedo, Cotobade, Campo lameiro, Forcarei e A Estrada.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

18 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 10

    Ai si claro

    Si claro....so cazan os do PP. Sodes patéticos nacionalistos.

    1 resposta
    1

    Por VNAC: No sé puede hacer mejor para darle otra inmerecida mayoría absoluta al Partido Popular


    9

    nostrus

    A caza supon un elemento mais do medio ambiente, sempre que se faga de modo ordenado e non descontrolado. Si de verdade non podemos contradecir a Natureza, non poderemos sembrar patacas onde medrarian as silvas si non se entrometera a man do home. Un cazador fai coa Natureza o mesmo que un xardineiro cun xardin e os dous a perfeccionan. A Natureza é de extrema dereita porque só sobrevive o mais forte e os que non sodes de extrema dereita seríades os que mellor comprenderíades esto.

    1 resposta
    1

    Por Xabi: A caça sempre a fazedes de modo desordenado, sem censos científicos prévios. Já nom somos uma sociedade caçadora, mais sim agricultora. Menuda parida dicir que a natureza é de extrema direita, tu eres o de extrema direita


    8

    Natasha Rostova delasRestrevas

    Con respecto ao trato aos animais, creo que Isaac Bashevis Singer é unha referencia boa. Deixo a cita en inglés por aquilo de contribuír ao plurilingüismo:"How can we speak of right and justice if we take an innocent creature and shed its blood?" https://pt.wikiquote.org/wiki/Isaac...


    7

    Guantanamera

    A maioría dos galegos votaron por este goberno e por opcións que non fixeron case oposición, agás o bloque. E o desexo dos galegos.

    1 resposta
    1

    Por urco: A maioria dos galegos votaram por forças contrárias ao PP. A lei eleitoral encarrega-se eficientemente que na Galiza levem governando os mesmos desde hai 80 anos. Por outra banda a oposiçom realizada polas alternativas de esquerdas é convenientemente agochada à opiniom pública pola TVG-NODO e polos jornais comprados com quartos públicos. Viva a democracia! A ver quando chega.


    6

    Hermerico

    Eu alegro-me por todos @s adept@s ao regime que morrem polos cortes em sanidade

    2 respostas
    1

    Por nostrus: Os cartos que se adican a promocion do galego tamen van en deprimento da sanidade e enton tamen provocan mortes

    2

    Por Xabi: Sr nostrus: "deprimento"?? Acho que o que se inverte em lingüística nom está demais para você


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Xabarín morto nunha batida/stopcaza.org

    Cazadores con raposos mortos / Clube de Caza de Pobra do Brollón

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.