Denuncian explotación laboral en Froiz con xornadas de 13 horas de traballo e tratamento "humillante"

Comisións Obreiras organiza unha concentración este xoves diante do supermercado que esta cadea ten en Noia.

Por Galicia Confidencial | Noia | 08/02/2018

Xornadas de trece horas diarias, cando o máximo legal son nove. Así se traballa en Froiz, polo menos, no supermercado que esta cadea de alimentación ten en Noia. É a denuncia que fai a federación de Servizos de CCOO de Galicia que denuncia explotación laboral por parte de Froiz. De feito, o sindicato puxo en coñecemento da Dirección da empresa e da autoridade laboral esta situación.

CCOO tamén informou do incumprimento dos descansos legais e do tratamento "humillante e vexatorio", que provocan que moitas empregadas sufran cadros "severos" de ansiedade ou mesmo renunciasen ao seu posto de traballo.

A Federación de Servizos deste sindicato anuncia que "non vai permitir que esta situación continúe" e anuncia concentracións fronte a este centro de traballo "as veces que sexan precisas". Así, este xoves, ás 12.00 horas terá lugar a primeira delas no supermercado desta cadea en Noia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

Galaic

Non pidas a quen pidiu nin sirvas a quen sirviu. O Magin pasou moita fame e non lle deron bon trato e así trata il aos seus empregados.


3

UNHA das moitas exempleadas

Non e solo no de noia, pasa a mesma situacion no de santa comba, o ler esta noticia pensei que falaban do de santa comba.. 13 horas e humillacions constantemente


2

sermos mantidos

Non protestarán o BNG e a CiG? É dos "nosos"! Aínda lembro a publireportaxe disfrazada de información en A Nosa Terra, asinada polo comandante da UPG, Pucheiro, loando a Magín Froiz. Non importa o desprezo de Froiz polo galego e polas traballadoras. Pois o mesmo Pucheiro queimou A Nosa Terra, deixou a deber e vai dando palestras nas que os coroneis do BNG aplauden a rabear. Son os nosos modelos!


1

Un vigués

No sector da distribución ocorren cousas ben curiosas. En certa cadea, por exemplo están os contratos 27 máis 3. Cobras 27 e traballas 30, tres horas chamadas "de cortesía". Tamén te chamo ao despacho para dicirche que debes comprar nos nosos establecementos "ya que te pagamos el sueldo..."


Supermercado do Grupo Froiz

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.