Dúas familias sirias refuxiadas en Galicia, sen recursos e baixo ameaza de quedar na rúa

A Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxidas denuncia a "situación de desamparo total" que viven estas persoas, chegadas a Sarria e Lugo no verán de 2016.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 11/02/2018

A Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxidas denuncia a situación de desamparo total á que se enfrontan neste momento as dúas familias de orixe sirio que chegaron a Lugo e Sarria no verán de 2016, incapaces de facer fronte ao pago dos alugueres dos pisos nos que se atopan e sen ningún tipo de axuda ou recurso para subsistir, unha vez rematado o programa de reasentamento e reubicación levado a cabo polo Ministerio de Emprego (MEYSS).

O prezo dos pisos nos que foron emprazadas ascende a 280 e 300 euros mensuais respectivamente, un gasto cuberto ata xaneiro por Cruz Vermella como parte do programa de acollida, pero que agora deben asumir as familias, o cal, aseguran dende a Rede Galega de Apoio ás Peroas Refuxiadas, "é imposible para elas", que "mesmo dependen doutras organizacións como Cáritas ou axudas de particulares para a súa alimentación e vestimenta".

Malia ter formado parte do plan de acollida do MEYSS para o traslado de solicitantes de asilo provenientes de campos de refuxiados de Grecia, Italia ou, como é no caso destas familias, do Líbano, a súa situación é practicamente igual a cando chegaron, alerta a Rede.

"Non tiveron acceso á realización de ningún curso de formación, non contan con toda a súa documentación e tampouco adquiriron unha titulación que acredite o seu coñecemento da lingua nin clases formais, máis alá das impartidas por voluntariado de Cruz Vermella e que son insuficientes para desenvolverse no seu día a día ou para optar a un traballo", expón a Rede Galega de Apoio ás Peroas Refuxiadas. 

No caso da familia que se atopa en Lugo, teñen unha filla de dez anos cunha importante diversidade funcional. Precisamente, debido a esta condición, a familia debería poder ter dereito a unha axuda económica de dependencia, pero a solicitude aínda se está tramitando e pode tardar varios meses en chegar, polo que podería ser tarde para cando se lle concedes.

NON BUSCAN CARIDADE

Ambas familias insisten en que non buscan caridade, senón a posibilidade de traballar para así sacar adiante os seus fillos e integrarse por completo nas vilas, nas que aseguran estar moi contentas e ser moi ben recibidas.

Dende a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas lamentan que os programas de integración deseñados polo Goberno Español estean "máis dirixidos a cumprir co mandato da Unión Europea que a realizar un verdadeiro plan de integración para estas persoas que veñen fuxindo dunha guerra e que chegan a un país novo no que non contan con redes de apoio ou familia e do que descoñecen ata a lingua".

A Rede fai, ademais, un chamamento directo á Xunta de Galicia para que "tome cartas de xeito urxente no asunto e asuma a súa responsabilidade".

"Non podemos entender a impasibilidade das Asministracións Públicas ante estes casos, España incumpriu escandalosamente coas cotas esixidas pola Unión Europea en materia de acollida, polo que cremos é imprescindible que, alomenos aqueles casos que foron aceptados, reciban a atención necesaria ata a súa integración efectiva e que se atendan as súas necesidades caso por caso e non aplicando un programa tipo", argúen dende a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

17 comentarios
4

a dar exemplo

Os pro-refujetas que comentan aquí pódenlles abrir as portas das súas casas e así dan exemplo. Pero non o van facer. Os comunistas queren traer refujetas pero cos cartos dos demais. Típico.

7 respostas
1

Por Gamela: cos cartos dos demáis enchen os petos OHL & ACS . Típico.

2

Por a dar exemplo: Defendín eu no meu comentario as prácticas corruptas desas empresas, cacho sucnor? E dime: a cantos refujetas tés na túa casa, mister solidariedade? Déixame adiviñar... a ningún?

3

Por Gamela: semella que non queres gastar un can en "refujetas" (o que digo é que Jetas HAINOS EN TODAS PARTES !!!)

4

Por a dar exemplo: Estes señores estaban supostamente nun campo de refuxiados de guerra da ONU no Líbano. Dende o intre no que voluntariamente marcharon dalí en busca das "paguitas" europeas, perderon a condición de refuxiados de guerra e gañaron a de refujetas. Agora que Rusia derrotou os terroristas do ISIS e o goberno lexítimo de Assad controla case todo o país, só se me ocorren tres motivos para que non volvan a Siria: 1) Vívese moi ben en Europa sen dar pancada en plan gipsy kings. 2) Son terroristas do ISIS ou simpatizantes. 3) Fanse pasar por sirios pero non o son.

5

Por Gamela: tódolos que non queiran regresar a Siria (baixo a ditadura de Assad) van ser sospeitosos de simpatizar co ISIS ? Así aforramos cartos mentras convertemos o Mediterráneo nun inmemso cemiterio silencioso !!!

6

Por a dar exemplo: Citei tres posibles motivos para que non queiran volver a Siria. Escolle o que prefiras. En canto á ditadura branda de Assad é mil veces mellor ca o califato do Isis, non cres? Concordo contigo nunha cousa: os progres, fomentando o efecto chamada, estades a converter o Mediterráneo nun cemiterio. No que non concordo é en que sexa silencioso. A propaganda das oenejetas e dos seus cúmplices mediáticos é constante e 24/7. Tampouco concordo en que aforramos cartos: a industria multimillonaria das oenejetas vive de chuchar diñeiro público a esgalla.

7

Por Gamela: ESTÁ BEN SABER que os que cremos que calquera ser humano debera defender os 30 artígos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948) somos os responsables dos afogados no mar https://youtu.be/_zABgSvKjnA?t=52m8... Seica tes os miolos moi retorcidos para comprender NADA ! O que sí está meridianamente claro é que non che importa un bledo a vida de ninguén agás a túa propia !!! CONSERVATE EN FORMOL !!!


3

Gamela

Podemos escribir Auschwitz (ou tamén está prohibido!) https://i.gal/gamela13


2

anonimo8652

La realidad paralela que algunos colectivos crean y en la que viven debería ser estudio por parte de académicos y profesionales del área de la psicología. Y es que en esa realidad paralela, Galicia es un lugar con una renta per capita propia de un país escandinavo, donde no hay paro y donde la gente no tiene que emigrar al extranjero en busca de un trabajo digno. Así, dado que en Galicia nadamos en la abundancia, podemos acoger a refugiados de un país lejano con el que apenas tenemos relación. Sin pedir permiso, sin ni siquiera someterlo a debate, nos plantan aquí a unas personas a quienes debemos sostener económicamente y cuya integración, habida cuenta de que viene de una cultura muy distinta a la nuestra, es harto complicada. Y quienes discrepamos somos fascistas, racistas y tal.

3 respostas
1

Por anonimo: Non fai falta que mudes de nomes, pois sabemos que es a mesma rata fascista e racista, espanholista, para máis inri, dos comentarios anteriores, que non fan máis que confirmar que non mereces nin a auga que bebes. Dá noxo compartir planeta con infraseres con tan pouca empatía e tanta miseria moral.

2

Por anonimo8652: Se podrá discutir si en lo primero tengo razón o no; en lo último, en que sería insultado, mi acierto es indiscutible. Indiscutible y, a la vez, con poco mérito: cierta gente no da para más.

3

Por ano nimo: "Y es que en esa realidad paralela, Galicia es un lugar con una renta per capita propia de un país escandinavo, donde no hay paro y donde la gente no tiene que emigrar al extranjero en busca de un trabajo digno". Pois esa realidade paralela é a que predican precisamente o señor Feijoo e os seus amigos do goberno de Madrid, xa que iso que dís coincide plenamento co seu discurso (lembra aquelo de que os que emigran o fan por "espíritu aventurero"). Logo se admites que é falso, é que aqueles minten e rinse de nós.


1

Redeiros

Que pena que na Rede esa no haxa nen un só empresario que lles poida dar traballo, coma eses miles de galegod apuntados no paro que tampouco teñen axudas nin formación e que tamén comen de Cáritas. O que teñen na Rede son subvencións, non é?

3 respostas
1

Por galegoexiliado: Sonche moi xenerosos cos cartos dos demais, pero na sua casa portas de sete candados.

2

Por Uri: os fachas sodes uns porcos vomitivos.

3

Por Uri: Sodes noxentas ratas racistas que non vos atrevedes a alzar a voz contra o oprobio.


Osman ten 7 anos e sofre parálise cerebral, pero perde o sorriso. En brazos do seu pai chegou a Idomeni dende Afganistán e agora agarda voar a España para ser tratado nun hospital / Miguel Núñez.

Unha nai sostén o seu fillo tras unha tormenta que arrasou o campo de refuxiados de Idomeni / Miguel Núñez.

Este home refuxiado en Idomeni faise cargo dos seus fillos e de dous cativos máis orfos / Miguel Núñez.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.