Ciudadanos só quere o castelán como lingua oficial en todo o Estado

Quere aproveitar a crise catalá para facer política atacando a pluriculturalidade do Estado. Remitirá ao Congreso unha lei para prohibir que o galego, o catalán ou o euskera sexan requisito para ser empregado público. Unha proposta que podería ser anticonstitucional.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 09/02/2018

“El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección”. É o artículo 3 do Título Preliminar da Constitución Española.
 
Unha Constitución Española que Ciudadanos utiliza contra ás formacións independentistas e nacionalistas de Cataluña e que agora pode estar vulnerando porque quere excluír as linguas cooficiais, é dicir, o galego, o euskera e o catalán das administracións públicas e, polo tanto, do ámbito oficial. 
 
De feito, esta formación rexistrará a próxima semana no Congreso unha proposición de lei para prohibir que o coñecemento das linguas cooficiais sexa un "requisito" para o acceso á función pública e que só se poida contemplar como "mérito" nas comunidades que ten dúas linguas e para ocupar determinados postos.
 
“CLÁUSULA ANTIDISCRIMINACIÓN”
 
Así o anunciou este venres nunha rolda de prensa na Cámara Baixa o secretario xeral de Ciudadanos, José Manuel Villegas, quen defendeu que é necesario introducir na lexislación unha "cláusula antidiscriminación" porque o descoñecemento do catalán, o galego ou o euskera non pode ser "unha barreira para o acceso á función pública".
 
En concreto, o que expoñen os de Albert Rivera é unha modificación do artigo 56 do Estatuto Básico do Empregado Público para prohibir que o coñecemento dunha lingua sexa considerada "requisito". Desta forma, explicou Villegas, desenvólvese tamén o artigo 25 da Constitución que consagra o dereito de todos os españois a acceder en condicións de igualdade ás funcións e cargos públicos". Con todo, esquécese Villegas de que o artigo 3 recolle que “la riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección”.
 
Segundo a proposta de Ciudadanos, o coñecemento das linguas cooficiais deberá contemplarse só como "un mérito a valorar". O "peso" que terá saber catalán, galego ou euskera na puntuación final dos aspirantes a un emprego público dependerá das características do mesmo.
 
O CASO CATALÁN AFECTA A GALICIA
 
De feito, Ciudadanos quere aproveitar a crise catalá –que tan bos resultados electorais lle está dando-- para facer tamén política a costa da lingua. O propio Villegas puxo dous exemplos para explicar o obxectivo da súa iniciativa. No caso de alguén que opte a un posto de profesor de catalán, dixo, ou que imparta as clases nese idioma, o coñecemento da lingua terá máis peso que se oposita para unha praza de cirurxián. Tamén terá máis puntos se coñece o idioma da comunidade na que concursa alguén que traballe de cara ao público que quen realice o seu labor nun arquivo.
 
"Trátase de que o coñecemento da lingua non sexa unha barreira de entrada para garantir a igualdade e que conte só como un mérito e cun peso proporcional ás necesidades de cada territorio e do posto de traballo", resumiu o dirixente laranxa.
 
Villegas quixo deixar claro que Ciudadanos impulsa esta reforma "desde o recoñecemento da pluralidade lingüística de España e do coidado e a promoción das linguas cooficiais", pero tamén "do recoñecemento da existencia dunha lingua común", o español, a única, recalcou que todos os españois teñen obrigación de coñecer. "Trátase de evitar que ningunha lexislación autonómica poida introducir o recoñecemento da lingua cooficial como barreira", dixo.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

30 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 16

    nostrus

    Los devotos de Cristo les basta con que los dejen a ellos disfrutar de su fe sin pretender imponersela a nadie, a los vagetarianos les basta con ser ellos vegetarianos sin imponer a los demas su dieta, a los merengues les basta con disfrutar ellos con los éxitos del Real Madrid sin intentar imponer a nadie sus aficiones. Queda demostrado que en Galicia los unicos que atentan contra la convivencia son los ultragallegos nacional-cansinos que no dudan en tratar de imponer a los demas sus creencias, supersticiones, manias, fobias y alucinaciones.

    1 resposta
    1

    Por Nexus 6.5: Nostrus, los fascistas --tu y yo lo somos, uno en el armario y otro orgulloso en público-- no tenemos que esconder los hechos gloriosos amparados por nuestra noble causa. Las Cruzadas, la evangelización y la Fe Verdadera, fueron y son necesarias para que los infieles y las razas inferiores conozcan el Camino de la Salvación. Es más, hoy en día resistimos la separación de la Iglesia y Estado, nuestra monarquía es católica, y defendemos el legado de Franco en el Valle de los Caídos. Nuestro club sigue siendo el Real Madrid, gozando de privilegios, no en vano don Santiago Bernabéu era un destacado camisa azul, hoy presidido por uno de los nuestros. Afortunadamente, nuestra sagrada Constitución, heredada del franquismo (Pío Moa), reconoce que el único idioma a imponer es el castellano. Sigue en la trinchera camarada Nostrus, los dominados no resisten tu combate de alto nivel intelectual.


    15

    Anti..

    Non sei coma fan poren ao ri ve ra e a seu primo non lle presta o galego. Cousas de familia.


    14

    PUGNAZ

    Queridos amigos: temas como este solo pueden tratarse en serio desde una base de partida: la Constitución española de 1978 que nos configura como una sola nación española que cuenta con un solo estado unitario y el vínculo de una lengua común, que todos los españoles deben conocer. Junto a esta, pueden cultivarse las lenguas regionales o minoritarias. Pero la natural acogida que debe darse a quienes cultivan con rectitud su propia lengua regional o minoritaria, en ningún caso puede inducir a favorecer ideas como esta de exigir el conocimiento de la vernácula con un claro cariz político, segregacionista, pugnaz y sobre todo de mant€nimi€nto del n€gocio de las subvenciones y puestos de trabajo inútiles. Un cordial saludo.

    1 resposta
    1

    Por expañaaaaaaaaa e puta merda: deixa de falar en andalusí, que o teu e tan serio coma un ataque de risa!!!! o que pasa e que se os vai polo carallo abaixo os embustes infantis que os traes entre mans para anestesiar o pobo e que a banda de ladrons que dirixe o estado dese a as alturas as baixuras queda o descuberto desde a monoarquia do campechano a polizonteria das ruas... agora a xente xa sabe que e un montaxe para o roubo descarnado e para a estafa, a constiprostitucion do 6 de decembro deixou despoxado o pobo traballador, deixou o ladroecio, e deixou o descuberto os mandriles e o fascinerio expañolista e mangaluz - https://www.elespanol.com/reportaje...


    13

    chupadanos miseria cultural

    Nos están tomando o pelo, e levan tantos anos asi, que pensa que os galegos somos parvos ou idiotas, aquí están as propostas de chupadanos para Galiza, organizar un etnocidio e un HOLOCAUSTO de galegos, a culpa e nosa por permitilo a toda ista podricalla de sefardistas expañolentos, es ti chupadanos quen debía estar tragando todo iste "costal de M****, toda ista P**** M**** ideoloxica de tu parte, todo o teu (promoción camiÑo de santiAGE, promoción de orquestas musicais PACHANGA e outras sandeces que non son mais que "historietas mongoloides" o mellor e que andades con "mamacitas" ou o mellor os vai mais o peixe e ides con "morenazos" o caso e sacar o galego e sacarlle o posto de traballo os galegos e que veñan latinos a sacarnos o posto de traballo e arruinar familias galegas PORCOS!!!


    12

    Pondaliao

    Estes de C's o que queren é opositar sen facer antes o CELGA. Nugalláns do carallo.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación uninista de Barcelona / Miguel Núñez

    Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 / Miguel Núñez

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.