O BNG propón eliminar circunscricións provinciais, o voto aos 16 anos e listas cremalleira

Ataca a reforma electoral que idean Ciudadanos e Podemos e aposta por un método que elevaría dos 23 aos 25 os escanos actuais de Galicia no Congreso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2018

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, criticou que "tanto os vellos como os novos partidos" están "a xogar no mesmo terreo" dentro da reforma electoral. Así, dixo que "durante moitos anos o PSOE e o PP "defenderon que non se podía reformar" o marco electoral e, neste momento, Cs e Podemos "están a facer propostas que na práctica buscan unha maior representatividade" destas forzas e non paliar "déficits democráticos".

Pontón móstrase de acordo con que a Lei de réxime electoral xeral (Lorex) está "obsoleta", xa que vén do "goberno franquista", pero propón unha reforma que, por exemplo, dea maior proporcionalidade na repartición dos deputados. Neste sentido, expuxo que Galicia, con 2,7 millóns de electores elixe 23 deputados e Castela e León, con 2,4, ten 31 escanos.

Desta maneira, o BNG propón que se teña en conta o censo, e non a poboación, á hora de repartir o número de escanos que lle corresponde a cada circunscrición que, na súa opinión, debe de ser autonómica e non provincial. Ademais, defendeu que se eliminen as barreiras porcentuais para obter representación fronte á actual situación e se "abandone" a repartición de deputados pola Lei d'Hont, apostando pola 'cota Hare', que implica unha proporcionalidade directa.

OUTRAS REFORMAS

O BNG tamén defende, tal e como pide Podemos, que poidan votar os mozos a partir de 16 anos, tendo en conta que este colectivo xa pode traballar ou emanciparse, e que haxa listas cremalleira (alternancia de homes e mulleres), como "medida positiva a favor da igualdade".

Os nacionalistas galegos tamén queren que se amplíe o voto ás persoas estranxeiras que son residentes e que se suprima o coñecido como 'mailing', de maneira que só haxa acceso ás papeletas o día da votación. Esta medida, engadiu Pontón, suporía un aforro económico e dotar de "maior hixiene democrática" aos procesos.

Un dos puntos polos que aposta o Bloque é obrigar por lei a que haxa debates electorais entre as forzas políticas durante a campaña nos medios de comunicación públicos.

CRÍTICAS

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, atacou este mércores a reforma da lei electoral sobre a que coincidiron os partidos Ciudadanos e Podemos e advertiu de que se necesita unha normativa que outorgue "máis proporcionalidade" da que hai actualmente.

Así, entre outras cuestións a cambiar, os nacionalistas galegos apostan por unha circunscrición autonómica única e un método de repartición de escanos que outorgaría á Comunidade galega un total de 25 representantes fronte aos 23 actuais no Congreso.

Ana Pontón presentou este mércores en rolda de prensa unha proposta co obxectivo de que Galicia "teña unha posición" propia nun debate que se está dando no ámbito do Congreso, onde esta formación política actualmente non conta con representación.

A deputada nacionalista advertiu de que, coa proposta de Ciudadanos e Podemos, en Galicia produciríase unha "distorsión" e actualmente o PSdeG contaría con máis escanos que En Marea no Parlamento de Galicia (están empatados en número de deputados pero a formación 'rupturista' logrou máis votos nas urnas situándose como segunda forza política).

De feito, esta situación sería a inversa á que acontecería no conxunto do Estado coa proposta feita polas dúas formacións de ámbito estatal. "É importante que Galicia teña unha posición, porque nos afecta de maneira directa. Calquera debate sobre unha reforma electoral ten que basearse nun principio democrático de proporcionalidade", aseverou Pontón.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

9 comentarios
3

anonimo8397

Ni la actual ley electoral, ni la de C's + Podemos, ni tampoco la del BNG. Elección directa y a doble vuelta de presidentes y alcaldes. Si un hombre no equivale exactamente a un voto, si un voto de un vecino Negueira de Muñiz no vale exactamente lo mismo que el de un vecino de Vigo, no tenemos democracia.

1 resposta
1

Por seguide soñando...: están perxudicados (Galicia, cataluñas, valencia, euscade e andalucia) co resto da castela o chamada expaña inmunda, paradigma do centralismo godo da piolla e o cheiro podre (ollade que castela ten 30 escaños mais dos que lles corresponden por habitantes, ollade os que ten galiza 2.700.000 hab e os que ten castela e león 1.700.000 pois ten mais este ultimo pois vai por provincia) ollade o desequilibrio, e despois ises son os que fan as leises contra GALIZA, EUSCADE, CATALUNÑA, VALENCIA E ANDALUCIA, están roubando a cania de expañol, despois desde expañol poñen leises do roubo, poñen impostos e trabucos para roubarnos os galegos e o chamado sistema "sefard", non existe reforma posible o podreiros bloqueou a reforma e impediu a revolución!!! agora están pactando con chupadanos e o pe$oe se nega, outro espectáculo mais do mareante de podreiros! (Waldo do único que se ocupou foi de purgar toda a dirección e traballadores do partido podreiros)


2

Lois R

Pontona, ponte a traballar dunha vez. Por certo, estas chorradas tamén as pide Potemos.

1 resposta
1

Por urco: A democracia umha "chorrada". Já se vê de que pé coxeam alguns.


1

Pufos Bng

O que queda do Bng quere unha Lei Electoral que lle dea representación no Congreso cos escasos 30.000 ou 40.000 votos que recolle nunhas Xerais. Toda unha quimera. Pero no que non repara a Poltrona é en que según a demoscopia, se votan @s galeg@s con 16 ou 17 anos, traduciríase en máis votos para as súas odiadas Mareas. A única forma de que o Bng puidera subir e incluso gañar, sería que tan só votaran @s profes e funcionatas maiores de 54 anos. Esa sería a Lei Electoral perfecta para a ex-Fronte nacionalista.

4 respostas
1

Por Edelmiro: Góstame ser galego. Estou encantado de ser galego. Estou abraiado de ser galego. Ser galego é ser o melhor crítico do mundo. Os galegos non somos actores. Somos críticos. Estamos a ver o que fan mal os actores para criticalos dende a casa ou dende calquera cousa que se pareza a unha tasca. Por exemplo, os comentarios de calquera xornal. Encántame ser galego. Somos os máis listos do mundo. Somos o melhor do melhor. O que non entendo é que, sendo tan inmensamente listos, esteamos en todos os postos de cola de Europa. É o que non entendo. Debe ser que hai moito listo provinciano e prexuizoso nas 4 provincias galegas. E para mostra xa temos a "pufos Bng".

2

Por Edelmiro: Daí que En Marea tivera tantos votos. Hai mutísimo "pufos Bng" neste país. E Beiras e Martinho, etc. sábenno. Tiveron que aproveitar o tirón electoral de PODEMOS, que é un partido espanhol, sen ambaxes, para colheitar os votos que agora tenhen. E se tenjen estes votos é porque unha forza galega e case imposíbel que saia adiante. Porque todos sabemos que este país está cheo de "pufos Bng". "Que no fondo non é máis que complexo de inferioridade dos galegos. Que non son quen de tirar todos xuntos para adiante.

3

Por Aodermatologojá: Neste país hai quem gosta cuspir ao vento. Molesta-lhes ao que se vê a relaçom de um voto um cidadám e pra isso suprimir leis eleitorais que primem a uns partidos sobre outros e mais o invento espanhol decimonónico da provincia como circunscripçom eleitoral como deturpador da vontade popular. Será problema de terem a pele seca...

4

Por Pufos Bng: Insulta e patalexa o que queiras Edelmiro, pero a realidade electoral galega é a que é: "La participación de los más jóvenes favorecería, sobre todo a En Marea. El 32,8% de los gallegos de menos de 25 años declaran al CIS su intención de votar esta opción, que también tiene el apoyo del 26,9% de los gallegos de entre 25 a 34 años (...) En el PSOE y el BNG hay menos diferencia según los años del votante, si bien los dos obtienen su mayor respaldo entre los electores de 55 a 64 años". http://www.laopinioncoruna.es/elecc...


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa Parlamento / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.