Galicia colaborará nun proxecto de fármacos para tentar avanzar no tratamento das tromboses

Centrarase en novos fármacos antitrombóticos capaces de inhibir as plaquetas sanguíneas. Nel participarán quince estudantes de doutoramento da Universidade de Santiago.

Por GC Emprende | Compostela | 26/02/2018

Un proxecto europeo para o desenvolvemento de novos fármacos antitrombóticos capaces de inhibir as plaquetas sanguíneas acaba de abrir o proceso de contratación de quince estudantes de doutoramento para un período de tres anos. 
 
O proxecto aglutina ao persoal investigador europeo mais relevante no campo da investigación plaquetaria. O investigador principal por parte da USC é o profesor Ángel García Alonso, quen lidera o grupo de Proteómica de Plaquetas no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS). 
 
A peculiaridade deste proxecto é que entorno á liña de investigación proposta crearase un programa de doutoramento europeo que implicará o outorgamento de títulos dobres entre as universidades participantes. Así, a USC estará implicada na supervisión de cinco doutorandos/as, unha persoa contratada en Santiago, dúas en Reino Unido, outra en Holanda e outra en Alemaña. 
 
As persoas seleccionadas repartirán o seu tempo entre os laboratorios dos/as respectivos/as supervisores/as, o que garante unha mobilidade entre os centros de investigación implicados no doutoramento. Desta maneira os/as doutorandos/as recibirán formación punteira nun campo interdisciplinar que lles permitirá adquirir coñecementos e habilidades que os situarán nunha posición inmellorable para incorporarse profesionalmente ao mundo da investigación biomédica, tanto no sector académico como en empresas.
 
Para unha información detallada sobre o proxecto e o proceso de selección, as persoas interesadas poden consultar a web do grupo da USC implicado http://www.usc.es/biofarma/WebAngel/contratos.htm
 
IMPORTANCIA DAS PLAQUETAS
 
As plaquetas son células sanguíneas sen núcleo que se activan no momento en que se produce unha ferida, contribuíndo á formación do coágulo que evite a perda de sangue. Non obstante, en circunstancias patolóxicas, as plaquetas pódense activar de xeito indesexable dando lugar á trombose, que no caso das arterias coronarias conduce a un infarto agudo de miocardio. 
 
Os pacientes en risco de trombose son tratados con fármacos que inhiben as plaquetas, pero moitos seguen a sufrir episodios de trombose ou hemorraxias, polo que existe unha necesidade de descubrir novos fármacos mais eficaces e seguros. É precisamente esa necesidade a que intenta abordar este proxecto.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Investigación no laboratorio / ROCHE.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.