Un millón de sinaturas para a defensa das nacións e linguas minoritarias de Europa

A campaña Minority Safepack leva recollidas máis de 835.000 firmas para presentar unha Iniciativa Cidadá Europea que obrigue ás institucións da UE a salvagardar os dereitos das minorías nacionais, culturais e lingüísticas. O obxectivo é chegar ao millón para poder pedir á Comisión Europea que presente unha proposta de lexislación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/03/2018

Un millón. Esa é a cantidade de sinaturas que necesita a iniciativa popular Minority Safepack para ser aceptada pola Unión Europea para o seu debate. Até este domingo, 11 de marzo, levaba xa máis 835.000 firmas. O obxectivo: salvagardar os dereitos das minorías nacionais e lingüísticas de Europa.

Calcúlase que na Unión Europea hai uns 50 millóns de persoas que pertencen a unha minoría nacional ou a unha comunidade lingüística minoritaria. A iniciativa Minority Safepack é un conxunto de proposicións lexislativas para a protección das minorías nacionais, así como unha serie de actos regulamentarios para a promoción dos dereitos das minorías, os dereitos lingüísticos e a protección das súas culturas. Isto é, a iniciativa comprende como obxectivos principais a defensa das minorías e un corpus lexislativo que as protexa.

"Os dereitos das minorías nacionais e lingüísticas non sempre son respectados" e "en moitos casos as súas linguas e culturas están en perigo", advírtese desde esta iniciativa, que defende a "oportunidade de vivir segundo as propias tradicións"

"Queremos que a Unión Europea asuma a súa responsabilidade e se converta nun auténtico promotor da diversidade lingüística e cultural en toda Europa. Tamén queremos que os Estados membros da UE respecten plenamente os denominados Criterios de Copenhague que protexen os dereitos das minoría", explican os promotores da iniciativa.

PROPOSTAS

A iniciativa Minority SafePack inclúe once propostas orixinais, nove das cales foron rexistradas pola Comisión Europea: unha recomendación da Unión Europea para a defensa e promoción da diversidade cultural e lingüística, o desenvolvemento de programas de financiamento para as comunidades lingüísticas minoritarias, a creación dun Centro para a Diversidade Lingüística, a admisión da protección das minorías nacionais e da promoción da diversidade cultural e lingüística nos proxectos dos fondos para o desenvolvemento rexional da Unión Europea, investigación sobre o valor engadido que achegan as minorías ás sociedades e a Europa, avances na igualdade de dereitos para as minorías sen Estado (por exemplo, o pobo xitano ou romaní), unha única lei europea de dereitos de autor que permita gozar de servizos e a difusión de programas na lingua materna, liberdade de creación e recepción de contidos audiovisuais nas rexións das minorías e acabar coa exclusión e falta de apoios á conservación cultural, medios de comunicación e patrimonio no marco de programas estatais ou rexionais.

"As minorías contribúen de xeito decisivo á diversidade lingüística e cultural de Europa. Canda o conxunto de europeos, desexan contribuír ao futuro da Unión Europea, un futuro no que non só se teñan en conta as linguas oficiais e as culturas dominantes, senón tamén as minoritarias. Por tanto, precisan de apoio e protección para preservar a súa identidade. Nisto consiste o chamamento da Iniciativa Minority SafePack", detallan os seus impulsores, buscan "salvagardar a diversidade en Europa" e "promover os valores que representan as minorías".

A Unión Federal das Nacionalidades Europeas (FUEN), organización que representa as minorías autóctonas europeas, é a principal organizadora e punto de contacto deste proxecto. Esta tarefa lévase a cabo en representación do Comité Cidadán da Iniciativa Minority SafePack.

HUNGRÍA E ROMANÍA, OS PAÍSES MÁIS COMPROMETIDOS COA CAUSA

A campaña, que durará 23 días máis e que, polo tanto, se espera que supere amplamente o millón de sinaturas que se necesitan para presentar unha Iniciativa Cidadá Europea, mecanismo que permite aos cidadáns da Unión Europea presentar iniciativas convidando as institucións e á Comisión a lexislar sobre determinados temas e influír así nas súas políticas.

A campaña recibiu firmas dos 28 Estados membro da UE, pero destacan Hungría, con máis de 375.000 sinaturas até hoxe, e Romanía, con máis de 274.000.

A iniciativa non tivo tanto eco en España, malia ser un dos Estados con maior diversidade lingüística e nacional de Europa e que vive a efervescencia do proceso independentista catalán. España ocupa, até este domingo, o cuarto lugar por número de sinaturas, pero apenas superan as 35.000. Por diante, en terceiro lugar, sitúase un país como Eslovaquia, con máis de 57.000 apoios a esta iniciativa, a día de hoxe.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

18 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 8

    Ricardo senande

    Non podemos esquecer a os pobos por peqyenos que sexan


    7

    Luiz Otávio de Lima Pereira

    "As minorías contribúen de xeito decisivo á diversidade lingüística e cultural de Europa. Canda o conxunto de europeos, desexan contribuír ao futuro da Unión Europea, un futuro no que non só se teñan en conta as linguas oficiais e as culturas dominantes, senón tamén as minoritarias. Por tanto, precisan de apoio e protección para preservar a súa identidade.


    6

    Antom Labranha

    Adoro o Castellano e magóame que o Galego non sexa por os/as casteláns correspondido. Nin sequera vos pedimos que o faledes, só que o respetedes. Non vos queremos impoñer o Galego, apenas queremos continuar utilizándoo na Galiza (isto esixe un esforzo de comprensión ás persoas que veñen aquí a estudar ou a traballar, pero moito menor que o que se lles esixe a galegas e galegos respecto do Castellano, aínda que nunca saian da Galiza ou se cando saen é para emigrar a Francia, Reino Unido, Alemaña...). Creo que o que acabo de escribir vale para calquera outro conflito linguístico, incluído o que hai nos EEUU entre o Inglés e o Castellano.


    5

    Luis Foz

    Tremendo o auto-ódio de muitos galegos


    4

    nostrus

    Pues yo concuerdo con Nexus 6. Imagina que los andaluces tuvieran la misma obsesion con el flamenco que los naciotas tienen con el gallego. Eso no pasa porque en Andalucia no hay naciotas intolerantes como en Galicia. Los ultracatólicos no piden el mismo tratamiento para el catecismo que los ultragallegos quieren con el gallego y eso pasa porque los ultracatolicos son mas democrats que los ultragallegos. El gallego es una lengua viva y oficial en Galicia para que la use todo aquel que quiera en el ambito que le de la gana y punto.

    2 respostas
    1

    Por Nexus 6.2: Pequeño aprendiz, debes tener menos miedo a mostrar tu patriotismo. Parte de la base intocable: España es la única Nación, una esencia que está por encima de los tiempos y de las gentes. Los españoles somos los nacionalistas verdaderos, tu y yo lo somos, uno orgulloso como fascista y otro miedoso en el armario. Recuerda que en Cádiz gritamos "a por ellos" para ir doblegar a los separatistas, que en Ceuta los niños besan la enseña patria en los patios de los colegios, o en Murcia los escolares escuchan firmes nuestro himno con la mano en el pecho... Y no toques la religión verdadera, acaso nuestro ejército no honra y distingue la Fé Verdadera? Pequeño aprendiz, Nostrus, sal del armario y hazte hombre patriota sin complejos.

    2

    Por mondadientes: Por favor Nostrus, nada como el castellano y el circo: https://www.lavozdegalicia.es/notic.... Pero aprisa, que lo van a borrar. Si quieres te pasas por google antes de que la censura lo vea y busca circo de artesanos....y veras que gozada de espectaculo. Lenguas minoritarias...bah, lo divertido es vuestro castellano de la coru.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua /queremosgalego.com

    Logotipo en galego da iniciativa Minority Safepack para a defensa das nacións e linguas minoritarias de Europa.

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.