A Polícía descobre en Vigo unha casa con cen gatos, ratas, pombas, cans raptados e unha tartaruga

A Policía detivo a dona do inmoble tras investigar o paradoiro dun can roubado. A muller mantiña ducias de animais en condicións "deplorables".

Por E.P. | VIGO | 09/04/2018

A Policía Local de Vigo instruíu dilixencias de denuncia contra unha veciña da cidade, após comprobar que mantiña na súa casa a varios animais, en condicións "deplorables", entre eles un can cuxa subtracción foi denunciada hai tres anos.

Segundo informaron fontes policiais, axentes da Unidade de Intervención Ambiental presentáronse nun domicilio da rúa Aragón o pasado 3 de abril, após recibir varias denuncias de veciños que alertaban da presenza dun can que "choraba todo o día", e de forte cheiro a ouriños que emanaba por baixo da porta da vivenda.

Os axentes decatáronse de que se trataba dunha vivenda na que xa interviñeran en anteriores ocasións por un problema de acumulación de gatos (chegaron a retirar máis dun centenar de felinos) e de ratas. Os veciños tamén informaron á Policía de que o can que choraba tiña só tres patas e que, no últimos tres anos, só vírono unha vez no patio.

Nese momento, os axentes lembraron unha denuncia que se presentou fai tres anos desde a protectora de animais, pola desaparición dun can de raza Schnauzer cunha pata amputada. Naquel momento, as investigacións conduciron a esa veciña, pero non se puido probar ningún delito, a pesar das sospeitas.

O CAN RECOÑECEU AO SEU ANTERIOR DONO

Após obter unha autorización xudicial, os axentes entraron no domicilio da rúa Aragón e localizaron ao can no interior dun cuarto de baño, "nunhas condicións hixiénicas deplorables". O animal foi devolto ao seu dono, ao que recoñeceu en canto este chamoulle polo seu nome, 'Ron'.

Ademais deste can, a Policía localizou a outro can encerrado nunha estancia sen luz, do que están a buscar ao seu dono, xa que non ten microchip. Mentres non aparece o seu propietario, o animal foi trasladado á Protectora.

Así mesmo, na casa había dúas gaiolas con senllas pombas no seu interior, repletas de excrementos, ademais dun acuario cunha tartaruga. Os axentes instruíron unha denuncia polos supostos delitos de malos tratos animais e apropiación indebida, que xa foi remitida ao xulgado.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Gatos abandonados nunha casa / Wikiality

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.