Dimite o deputado de Podemos Galicia que mentiu no seu currículo

Juan Merlo, representante de En Marea na Cámara galega e secretario de Organización de Podemos Galicia, renuncia á súa acta parlamentaria despois de que se desvelase que no seu currículo figuraba que era enxeñeiro malia non ter o título.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2018

Poucos minutos despois de dicir que non ía dimitir, o deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia, Juan Merlo, presentou a súa acta parlamentaria logo de que se desvelase que no seu currículo figuraba que era enxeñeiro naval cando unicamente ten formación, pero non o título.

El mesmo anunciou que presentaba a súa dimisión á acta de deputado, así como que deixa as responsabilidades na organización morada, como número dous da súa secretaria xeral, Carmen Santos, que precisamente este venres está nunha reunión coa dirección de Podemos en Madrid.

Logo de coñecerse a información que publicou 'ABC', el mesmo saíu a comparecer ante os medios de comunicación para recoñecer o "erro" coa súa "conivencia" e admitir o "bochorno" polo ocorrido, pero dixera que non entendía que fose motivo de dimisión e diferenciouno do caso da presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes. Porén, as presións internas puideron con Merlo.

GC puido saber que ao longo desta mañá foron numerosas as peticións desde Podemos e En Marea para que presentase a súa dimisión, para evitar comparacións precisamente co caso Cifuentes, e no medio da desputa que existe en En Marea polo caso da tamén deputada Paula Quinteiro, tamén de Podemos, para a que algúns —incluído o portavoz Luís Villares— tamén esixen a súa dimisión tras verse envolta nunha lea nocturna con axentes da Policía en Santiago de Compostela. 

CAMBIO DE POSTURA

Merlo responde coa súa dimisión ás presións que estaba recibindo no seu partido (Podemos) e En Marea para que dese exemplo de ética fronte ao que está acontecendo na Comunidad de Madrid, onde a súa presidenta, Cristina Cifuentes (PP), agárrase ao seu cargo malia descubrirse que se falsificou un título de máster seu na Universidad Rey Juan Carlos.

Antes, durante a mañá, Merlo recoñecera o "erro" de que se incluíse desa maneira na súa formación, algo que se fixo coa súa "conivencia" pero "non coa intención de enganar", dixo.

Merlo asegurou que non lle deu "importancia" cando se simplificou o que foron estudos e formación práctica na materia para transformalos en título de enxeñeiro naval.

Neste sentido, após coñecerse a información publicada por 'ABC', recoñeceu o "bochorno" e a "vergoña" que supón para el esta situación, pero considerou que non era motivo de dimisión do seu escano. É máis, opinou que se o contexto actual non fose o da polémica sobre as titulacións de varios dirixentes políticos, incluído o suposto máster de Cifuentes, serían máis "entendibles" as súas explicacións".

Durante as súas explicacións, explicou en varias ocasións que non terminou os estudos por problemas para compatibilizar o traballo e a formación como enxeñeiro debido á situación familiar e asegurou que "non asinou" ningún traballo como enxeñeiro. O que si recoñeceu é que, como "xerente", estivo á fronte dunha empresa de enxeñaría.

Agora, tras as presións recibidas, presenta a súa dimisión como deputado e como secretyario de Organización de Podemos Galicia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

31 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 19

    galegoexiliado

    TITOLITIS. Esto pasa cuando la chusma obrera quiere codearse con la yetset y se inventa títalos y pedigris para diferenciarse de sus orígenes plebellos e intentar formar parte de la casta. Mi títalo, mi Visa , mi haiga y a poder ser mi acta parlamentaria y a presumir por los comederos de cinco visas y a decir aquello de "No save vosted con quién está avlando". E ainda hai quen di que puxo o listón moi alto ó dimitir, pero non dimite quen o puxo na lista


    18

    O Catedrático

    Tan só é Merlo ou hai alguén máis? Todo apunta a que isto é unha epidemia, e o seu sería vacinar ao completo a todos os membros da cámara pasando pola criba o seu curriculum. Deixa a ver se non queda baleiro o hemiciclo !


    17

    Brinco

    Pois o PP nin grazas da... e eso que sempre que imos ter eleccións a esquerdalla empeza a mallar entre eles ou salta a caghadiña elevada a exemplo moral universal... o final os únicos que son do común son os votantes, deseosos de xuntar e mudar a loita que día a día teñen ca desigualdade. A esquerdalla politica canto máis pobre máis digna.


    16

    Bernal Calvo Delaciga

    Temos á mocidade emigrada, precarizada ou desempregada, rouban e saquean o de todos, as mulleres cobran a metade, contaminan o noso País, quedamos sen sanidade, emprego, educación e vivenda, imos quedar sen xubilación e sen pensións. Pero o único que nos preocupa e que nos move é linchar aos das Mareas. Pan e circo. Temos o que nos merecemos. Que vos aproveite, PP-SOE-BNG.

    3 respostas
    1

    Por per: Calquer partido vai contra todos os demais por definicion ou crees que so En Marea vai contra todos e todos contra el , iso é unha suposicion totalitaria.En Marea vai contrra o Bng en Fene , Pontevedra e onde cadre .

    2

    Por 4000 euros e chofer: Que ten que ver o BNG en que mintades no currículum ou rachedes retrovisores home

    3

    Por comunista independentista: Será que o voso idolatrado Bng sempre está o lado da policía (e de financiar homenaxes a Millán Astray)?


    15

    Compostelan

    Como que dimite ??? claro que ten que dimitir e devolver os miles de euros cobrados, cobrados de forma fraudulenta. Agora falta a Quinteiro, pero ésta non deixa o posto ohhhh, de que vai a vivir??? sabe que non volve a ser deputada na vida, e un ano cobrando ..., os cartos tentan ao demo.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • Juan Merlo, deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia / Europa Press

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.