As disputas entre o BNG e En Marea polo dominio do espazo político tensionan o movemento estudantil

A II Asemblea nacional de Erguer elixiu esta semana novo Consello Nacional con dúas listas enfrontadas; unha impulsada pola UMG –as mocidades da UPG-- e outras afin a Xeira –mocidades vinculadas a Anova--.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 16/04/2018

Hai pouco máis de dous anos nacía Erguer- Estudantes da Galiza, unha nova organización estudantil baixo o lema "Libera, transforma e constrúe Galiza desde as aulas". Agir, os Comités e a Liga Estudantil Galega daban forma a unha nova forza logo de dous anos de traballo conxunto nos ámbitos universitarios. Unha forza que monopolizou, desde entón, as reivindicacións universitarias galegas.

E este movemento estudantil elexiu a pasada fin de semana o seu Consello Nacional nunha asemblea, a segunda, que estivo marcada pola división. Unha división que se fixo evidente hai unhas semanas co anuncio dunha das súas dirixentes, Iria Figueroa, responsable de Organización, de que abandonaba a UMG –as mocidades da UPG, o partido hexemónico do BNG--.

Entre as razóns que apuntaba nun escrito publicado nas redes sociais, tal e como xa publicou GC,  apuntaba a imposibilidade de dar debates dentro da organización, a toma de decisións verticais ou as críticas ou “sinalamentos co dedo” se alguén da UPG tiña parella ou relacións persoais “con persoas que militan noutras organizacións políticas”.

Con ela marchaban outros mozos e mozas coa intención de continuar a loita estudantil dentro de Erguer. Algúns deles acabaron mesmo integrados en Xeira, as mocidades da FPG, unha forza de corte independentista cuxos principais dirixentes marcharon da UPG a finais dos oitenta, e que hoxe está en Anova.

CONTROL DO ESPAZO UNIVERSITARIO

Precisamente, durante anos, as distintas forzas políticas nacionalistas e independentistas tentaron monopolizar o movemento estudantil que, durante moito tempo mantivo os Comités Abertos de Facultade (CAF), unha organización da que saíron os principais líderes do nacionalismo galego, entre outros, Anxo Quintana. Pero logo da ruptura do BNG en Amio e o afortalamento doutros movementos estudantís nacionalistas e independentistas, os Comités foron perdendo visibilidade nas universidades galegas.

En 2016, coa unión de todas as forzas independentistas e nacionalistas, Erguer converteuse, novamente, nun movemento estudantil implantado en todas as universidades e con importante forza nalgunhas facultades. Pero o control político das organizacións tamén se tentou trasladar ao Consello Nacional desta nova forza política.

Nun primeiro momento houbo un equilibrio de forzas que, co tempo, foise desnivelando, cunha fuga importante de mozos da UMG, entre eles, a propia Iria Figueroa que volveu saír elixida para o novo Consello Nacional de Erguer. Xunto a ela estarán Tristán, Jurjo Diz, Moraima Pérez, María Bará, Claudia Rivera, Andrea Sartier e André Vidal. Pero o control xa non é da UMG.

MOVEMENTO DA UPG

De feito, durante as últimas semanas, e en pleno proceso de renovación desta forza estudantil, dábase a coñecer o colectivo Reforzar Erguer, próximo á UPG, con María Bará e André Vidal como referentes, que quería dar batalla nesta segunda asemblea porque denunciaban que membros da dirección de Erguer terían atentado contra a súa "independencia" para pór a organización ao servizo de "entes externos provenientes só dunha cidade do país", en clara alusión a Xeira.

Reforzar Erguer acusaba a parte da dirección, entre eles a Iria Figueroa e ás outras compañeiras que marcharon da UMG, de colaborar con “forzas españolistas”, en clara referencia ao acordo que Anova mantén con Podemos e EU, dentro de En Marea. "Falan de reforzar Erguer os mesmos que forzaron a que moitas marcharan mediante a intransixencia e endurecemento da liña... Falan de democracia e soberanía organizativa os mesmos que agora operan de forma extraorgánica, manipulando os debates que encetamos de cara á nosa II Asemblea Nacional", contestáballes no FB Figueroa.

NOVA LIÑA POLÍTICA

Tras a cita desta fin de semana, e estes tira e puxas virtuais, finalmente impúxose a liña de Figueroa, é dicir a de Xeira nesta segunda asemblea. Un vitoria que algúns interpretan coma a primeira gran batalla que perde a UPG na universidade. Fontes consultadas non descartan que tente organizar unha nova forza, a pesar de que, os dous principais dirixentes de Reforzar Erguer formen parte do Consello Nacional de Erguer.

ACORDOS

"A II Asemblea Nacional de Erguer sacou unha fundamental resolución, froito dun dos principais debates da xornada, para darmos corpo ao ente do movemento estudantil galego e favorecermos dinámicas de unidade no seo do mesmo", apuntaba a organización estudantil tras a cita do sábado.

Ademais de apoiar a folga deste xoves, apostan polo recoñecemento da República catalá e solidarizanse cos Comités de Defensa da República (CDR) e as presas políticas e esixen a posta en liberdade "de todas as presas políticas galegas e a fin da dispersión, apoiando tamén a XII Marcha ás Cadeas". Asimesmo, denuncian a persecución ideolóxica por parte do Estado e a vulneración do dereito á liberdade de expresión, como no caso de La Insurgencia.

"Solidarizámonos tamén co mozo galego Emilio Cao, que se enfronta á petición de 5 anos e 8 meses de prisión por parte da Fiscalía pola súa participación nas Marchas da Dignidade no ano 2014", indicaba tamén Erguer tras o cónclave.

Outros acordos aos que chegou a asemblea foi denunciar a presenza de ENCE e da sede da Brilat en Pontevedra, apoiar a folga das traballadoras de limpeza da USC e saudar a creación da Plataforma social polos dereitos nacionais Vía Galega.

MOBILIZACIÓN

Por outra banda, espazos abertos de estudantes de toda Galicia anuncian unha mobilización a nivel galego en defensa dun ensino máis feminista e democrático este 19 de abril. "Esta mobilización está convocada polos espazos abertos de estudantes de toda Galicia, sen vinculación a organizacións políticas e que se organizan de forma totalmente independente", indican nun comunicado remitido a GC.

"Saímos ás rúas contra os ataques ó ensino e reivindicamos unha fronte contra a involución democrática, pola democratización das institucións educativas e por unha perspectiva feminista da sociedade e do ensino especialmente... Pretendemos que non se quede nunha única xornada de protesta senón que isto marque o rumbo de traballo para o movemento estudantil que se atopa agora mesmo nun momento de revitalización", conclúen.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

6 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 6

    Galega

    Si vos deixarades de tonterías...


    5

    Abelardo X del Caño

    Se non hai disputa! o BNG mora no espazo nacionalista e os mareados que pelexen cas xuventudes do PCE ou do PSOE, ou de citadans...no marco Español.....O noso territorio é en definido : A Nazón Galega! o demais para eles....


    4

    Galegus

    Unos y otros son básicamente lo mismo: una pandilla de niñatos en busca de mamandurria que estorban en toda facultad o centro educativo que parasitan, incordiando a todo profesor o alumno que va a trabajar. De ahí salen la diputada carglass y los benito lobera de turno.


    3

    Edelmiro

    É certo. Uns son nacionalistas-galeguistas e os de PODEMOS son daquela maneira.


    2

    Galego

    Venha entregarlle o que queda de galeguismo na universidade para que podemos limpe o se ku con él, así nos vai panda de traidores españolistas , cada día peor, a esquerda española e unha peste para Galiza e lévano demostrando dende máis de 100 anos pero non hai maneira de que algún entre en razón.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Unha das actividades dos estudantes de Erguer. Estudantes da Galiza / Erguer

    Manifestación dos estudantes polas rúas de Compostela / Erguer

    Protesta de Erguer en Vigo para reclamar o fin da Lomce e unha lei galega de educación / Erguer

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.