Víctor Freixanes: "A min o que me interesa é sacar o galego do gueto da escola"

O presidente da Real Academia Galega busca novas maneiras de comunicación entre a institución e a sociedade. Tamén ve moi necesario ter novas ferramentas que permitan ao galego achegarse a sectores da sociedade, sobre todo a mocidade, onde está perdendo espazo.

Por Moncho Mariño | Santiago | 15/05/2018

O Día das Letras Galegas está dedicado este ano  a María Victoria Moreno, unha extremeña que namorou do galego. Autores e autoras  coma ela,  que veu de fóra,  axudan ao fomento do galego?
Cando a Real Academia Galega escolle a una persoa para o Día das Letras Galegas,  tamén depende do momento. Buscamos primeiro un equilibrio, buscamos a alguén, unha figura que pode abrir un debate e que teña capacidade para incidir no momento social concreto. Na figura de María Victoria Moreno vexo catro factores a ter en conta. Un deles é a súa condición de profesora. Unha profesora militante unha profesora descubridora de mundos. Una profesora que traballou moito cos adolescentes,  que é unha idade moi importante. E  tamén era una profesora moi comprometida co seu traballo.  Ela dixo moitas veces que o máis importante que era,  era ser profesora. E iso de reivindicar o traballo nas aulas nunha idade tan importante como é a adolescencia. Ese é un momento no que unha profesora ou profesor  pode instalar criterios nun alumno ou alumna. E aí a lingua galega ten moito que dicir. O segundo aspecto a ter en conta para min,  é o feito de ser unha autora  para  ese mundo,  o da adolescencia. Ela mesma dixo que era perfectamente capaz de escribir para adultos,  pero quixo escribir para  xente nova. Ela quería traballar para a descuberta de novos mundos  para esa xente nova. A súa novela “Anagnólise” marcou toda unha xeración. O terceiro factor é ese feito de non ter nacido en Galicia. Chegou aquí  con 24 ou 25 anos,  incorporarse con esa idade xa adulta, comprometerse coa lingua que non lle ofrecía grandes exitos,  senón que a comprometía cunha causa, cunha lingua e cos seus falantes. É a situación na que estaba esa lingua e os seus falantes comprometido politicamente a María Victoria como comprometeu a  outras persoas. Nesa circunstancia temos autores e autoras que se comprometeron coa lingua e coa nación e que non son uns nenos. Xente que entendeu que aquí había algo que pagaba a pena. E outro factor é o feito de ser muller.  Catro mulleres no Día das Letras Galegas Frente a cincuenta e cinco de celebración, tampouco é unha esaxeración por parte da academia que repare nunha muller para ese día. Que había outras?  Certamente. Cada ano é unha oportunidade para abrir frontes de debate. Este ano da para falar de todas estas cousas.

Para o día das letras galegas buscamos alguén que poda abrir un debate e incida no momento social concreto

Segundo un informe elaborado pola Real Academia Galega o Consello da Cultura Galega,  neste 2018 os menores de 15 anos monolingües en castelán poderían estar superando os monolingües en galego,  como lingua de iniciación.  Non lle parece alarmante?
Pois claro que é alarmante. Á academia preocúpalle que a xente nova non se incorpore activamente á lingua. Esa é una reflexión moi importante, porque cando os señores responsables da política lingüística din  que a xente nova coñece cada vez máis a lingua,  claro que a coñece  na escola onde aprende a escribila correctamente ou razonablemente de maneira correcta.  Iso é unha cousa,  outra é a ocasión de  uso. Nós agora na Academia, iniciamos contactos  coa xente nova,  para facerlles esas preguntas e termos datos cuantitativos  como os que aparecen neses informes  que elaboramos. O que vemos é unha razonable competencia no uso da lingua, grazas á súa presenza no sistema educativo. Hai unha actitude emocionalmente positiva a prol do idioma,  pero logo  vén un  problema,  os espazos de uso. Onde está o galego no  ocio,  na publicidade,  nos grandes centros comerciais? Estou falando do mundo social que eles habitan,  o mundo urbano, porque é   onde se establecen os valores dominantes de comportamento. A Galicia rural non é  a que manda hexemonicamente,  quen o fai desde o século XIX son as cidades e as vilas. Aí é onde temos a batalla,  unha batalla difícil.  Centrar  os recursos humanos e  económicos para sacar isto adiante. E aí hai unha grande responsabilidade política, unha responsabilidade de todos,  porque a lingua non é cousa só  dos políticos e dos académicos. A lingua é dos falantes,  dos homes e mulleres  e das familias que lle transmiten aos fillos o galego. Pero as familias transmiten os valores dominantes,  pois estamos na era da globalización,  das novas tecnoloxías porque a xente nova consume produtos nas redes sociais.  Hai unha hipocresía social de sacar en procesión as letras no día,  na semana ou na quincena das letras. Pero o resto do ano buscas emisións na radio, e excepto a Radio Galega,  non existe  o galego  máis que anecdoticamente. Porque un ten que estar pelexando para que non lle traduzan as súas declaracións ao castelán nun xornal.

Hai unha hipocresía en sacar en procesión a lingua no Día das Letras e o resto do ano a lingua non existe

Pero a responsabilidade de manter e difundir a linguna non é só obriga das autoridades educativas, non é?
O galego na escola é onde mellor está. Pero  a min  o que me interesa é que o galego saia do gueto da escola. E na escola hai moito que facer e que se podía facer mellor. Cunha política de mínimos  e unha  actitude de pasividade  ou  de mirar para outro lado cando non se cumpre a lei,  o papel pon o que pon e despois cada un fai o que quere.

O galego está en perigo, entón.
Pois si, depende da vontade dos galegos e das galegas.  Afortunadamente  non está nunha situación irreversible, pero se segue nunha derivada deste tipo, pode pasar esa liña cero  de crecemento  cara atrás da que sería moi difícil saír. Por tanto,  estamos a tempo de facer una política distinta.

Cunha política de mínimos ou mirar para outro lado non se cumpre coa lei

Teño que facerlle  a pregunta. Diario Cultural,  o programa da Radio Galega.  Víctor Feixanes non só como presidente da real academia galega,  senón como autor,  terá unha  visión  propia.
Logo de 28 anos,  o diario cultural é unha referencia na radio e Ana Romaní, concretamente,  unha muller que forma parte da RAG, incorporamos una comunicadora. Pero eu non centraría o tema nin en Ana Romaní nin no mesmo programa.  a propia radio galega publicou que o programa non desaparece senón que se transforma en diferentes formatos. Os que traballamos nos medios sabemos que isto é  común e necesario. Non se trata de ter un esquema e reproducido eternamente. Eu son o primeiro en dicir  que que as cousas deben ser enriquecidas e revisadas.  Outra cousa é a política dos medios e dos medios públicos no futuro. Porque  se van tratar o tema de novos formatos ou nova estratexia política de comunicación, será para conseguir máis audiencias. Eu abriría un debate  sobre se a cultura galega está suficientemente representada nos medios públicos de Galicia. Falo dos medios públicos porque eses si teñen obrigatoriedade de atender o galego, incluída Radio Nacional de España en Galicia,  que tamén é medio publico. Sería un erro de debate centrar isto nun só programa,  cando a cuestión é moito máis ampla. Deberíamos  sentar cos responsables destes medios públicos  e falar  sobre programación,  porque eu non me conformo cunha  hora de programación cultural. E tamén falar sobre outras cuestións como son os debates políticos e a información.  Deberemos ter coidado nos vindeiros anos,  no sexa  que teñamos que poñernos mais serios.

Eu abriría un debate sobre se a cultura galega está dabondo representada nos medios públicos

Como está afrontando a RAG  os cambios a respecto das novas tecnoloxías?
Con dificultades pero con xenerosidade e ilusión  que é o que caracteriza a Academia.  Esta é unha institución que traballa intensamente polos país  e pola lingua. Ten ademais un mandato institucional da gramática e da norma. Eu digo  sempre que cando hai 63.000 visitas diarias ao dicionario online da Academia, quere dicir que hai un equipo técnico que se reúne cada quince días en longas sesións de traballo. Nós deberiamos ser capaces de comunicar mellor este traballo á sociedade. Pero todo isto necesita recursos,  un mínimo de recursos económicos para estabilizar orzamentariamente a institución. Eu non quero entrar agora,  iso tédelo que facervos os investigadores,  nos recursos que reciben outras institucións. Comparando recursos que recibe a Academia cos que recibe a Academia da lingua vasca. Ninguén daba un céntimo polo vasco hai 60 anos e aí o tes. Pero agora estamos facendo un traballo de renovación na web e na política de comunicación.  Porque a parte científica é a que mellor está. Creo que a Academia ten que dar un salto na capacidade de comunicar todo isto á sociedade. En a incorporación de voces desa sociedade á propia Academia.  iniciar un diálogo coa sociedade Imos comezar a través dos institutos,  con reunións de traballo, con profesionais novos dos medios de comunicación, da medicina,  do empresariado ou da publicidade. Falando de idioma  e ver  que podemos facer con todo isto. Por que  volvo á pregunta de antes,  que temos que facer para atraer xente nova? Para iso hai que escoitar a xente,  o outro día unha alumna desta facultade, Xornalismo, “Por que non lles dades unas vacacións a Rosalía e a Castelao e nos escoitades a nós?” Esa frase quedoume gravada e  vouna levar adiante polo menos no tempo que me queda la academia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

14 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 8

    Fede

    Sempre a mesma xente repetindo a mesma mesaxe de odio de sempre a ver se convence a alguén ¿Non tedes outra cousa que facer que comentar nas noticias sobre lingua deste xornal?


    7

    Prístino

    Ainda bem que existem mentes lúcidas que nos aclaram que os responsáveis dos crimes som as vítimas , por se deixarem fazer.

    2 respostas
    1

    Por Cidadán: Supongo que lo dices por los que estamos hasta las pelotas de que nos discriminen por no hablar la lengua de los políticos gallegos o de tener que pagar impuestos para que se lo lleven los de siempre vendiendo libros a precio de oro que nadie lee.

    2

    Por Prístino: Velaqui um deles. Seguro que te discriminarom numha entrevista laboral por falares espanhol ou que os teus filhos aos que tam primorosamente falas espanhol na casa, voltam-che da escola falando galego, ou que quando tes que acudir à justiça juízes, fiscais e burocracia toda exprimem-se só em galego, igual que quando tes que assinar no Sergas umha autorizaçom pra umha operaçom e só che ofertam a documentaçom em galego, ou quando... Espera. A que no mundo real vai ser justo o contrário? Sobre impostos e ladrons podes perguntar entre institutos Cervantes, RTVE, subvençons a La Voz, Faro, La Región...e e as planas maiores dos partidos espanholistas, que me tem que estám mui postos no tema.


    6

    Buh

    Provoca la aversión en masa de las nuevas generaciones. Imponer el gallego como lengua vehicular en la enseñanza a quienes piensan en español no sale gratis. De hecho, me consta que algunos nacionalistas dejaron de usar el gallego en ciertas redes sociales porque no se comían un colín.


    5

    Xilomeno

    Qué quiten o galego das sucias mans da CIG e os seus pirados. Entón falamos.


    4

    Maisalá

    Declaración tipo do xerente do "Complexo cultural galego". Tan disolventes que mesmo poderían estar feitas polo outro innecesáreo que preside o "Contracomplexo cultural galego". Estes dous "complexos" son tan prescindibles que sen subvenciós e chiringos, non sobrevivirían nin andarían os seus voceiros para arriba e abaixo de Galiza a papar e pontificar. Xente que nunca conxuga o verbo dimitir nin iso de marchar para a súa casa. Nin de xubilados...

    1 resposta
    1

    Por Observer: Tal cual. Dous innecesarios que viven da cultura galega. O primeiro que tería que facer é sair el do gueto e a cultura galega ía agradecelo sen dúbida moito.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Víctor Freixanes.

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.