Funcionarios de xustiza secundan novas protestas para expresar o seu rexeitamento á oferta da Xunta

Foron convocadas por AXG-CUT, CIG e STAJ, que reclaman a negociación co comité de folga.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/05/2018

Funcionarios de xustiza secundaron este mércores unha nova xornada de protestas para expresar o seu rexeitamento á última oferta presentada pola Xunta na reunión da mesa sectorial, nunha xornada convocada polos sindicatos que non negociaron o preacordo coa Administración autonómica.

As concentracións celebráronse nas cidades de Ferrol, A Coruña, Vigo e Pontevedra para expresar o "non rotundo ao preacordo", segundo expuxeron no marco desa xornada de mobilizacións. Despois de que Goberno galego decidise dar aos sindicatos de xustiza un prazo de tres días -que finaliza o venres ás 14,00 horas- para que se adscriban á súa última oferta, os sindicatos Alternativas na Xustiza-CUT, CIG e STAJ convocaron para este mércores as protestas.

Na Coruña, case un centenar de persoas concentráronse ante a antiga Audiencia Provincial como "sinal de protesta" pola convocatoria aos sindicatos na mesa sectorial e non a través dun comité de folga, cuxa vixencia volveron a defender.

FOLGA

En declaracións aos medios de comunicación, Javier Fernández, portavoz de Alternativas na Xustiza na Coruña, manifestou que a folga "nin se suspendeu nin se interrompeu". No entanto, admitiu unha baixada do seguimento que vinculou coa duración da folga e a necesidade dos traballadores de "recuperarse anímica e economicamente".

Por outra banda, considerou que a mesa sectorial non é "o foro adecuado" para a negociación. Ademais, sinalou que, coas protestas convocadas nesta xornada, queren "deixar claro" que a proposta aceptada polos sindicatos CC.OO., UXT, CSIF e SPJ-USO foi "rexeitada polos traballadores". "Para nós iso é un mandato imperativo", recalcou o portavoz de Alternativas na Xustiza-CUT para quen a Xunta "ten a obrigación de negociar co comité de folga".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Fernando G

Contra quen está protestando moitos funcionarios é contra os sindicaleros profesionais que afunden a Xustiza en beneficio dos seus propios intereses persoais e de casta.

1 resposta
1

Por anonimo: Dacordo. Pero que ninguén esqueza que quen nos levou ó xardin aos traballadores e aos sindicatos foi Mister rueda


Reunión Folga Xustiza

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.