O e-commerce galego á alza: o 23% das pemes xa vende a través de Internet

A tecnoloxía adquire un papel central e o 35% das pemes de Galicia aseguran que o futuro do comercio electrónico pasa pola personalización da oferta para o consumidor.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 18/06/2018

A aposta das pemes galegas pola dixitalización segue crecendo ano tras ano. Tanto é así que o 23% das pequenas e medianas empresas xa vende a través de internet, experimentando un crecemento de máis de nove puntos en tan só dous anos. Con todo, aínda están por baixo da media nacional que ascende ao 28%. Sexa como for, máis da metade de pemes galegas consideran que a dixitalización é fundamental para o futuro dos seus negocios, o que afirma a tendencia á alza do e-commerce. Estas son as principais conclusións da terceira edición do estudo "As pemes españolas no ámbito en liña" realizado por eBay, a plataforma de comercio global.

O E-COMMERCE: O FUTURO DAS PEMES

A aposta do comercio electrónico consolidou a estratexia omnicanal das pemes.  Concretamente, as pequenas e medianas empresas que operan a través de internet fano principalmente mediante unha tenda online (78%), e moitas delas empregan as redes sociais como canles de venda. En 2018, o 35% das pemes galegas venderon a través dos seus perfís, mentres en 2017 eran o 28%. Os marketplaces tamén están presentes na estratexia de venda, aínda que en menor grao se se compara coa media nacional. Mentres en Galicia son o 9% dos negocios os que operan nestas plataformas, en España son o 18%.

Desta maneira, o estudo mostra como a incorporación do e-commerce está a modificar as canles a través dos que se obteñen as vendas. Se en 2018 a tenda física segue como a canle de venda principal aglutinando o 85% das mesmas, cada vez son máis as transaccións realizadas a través de internet. O resultado: as vendas online alcanzan o 4% do total, aínda que aínda está a catro puntos da media nacional. Por categorías a nivel nacional, lecer é a que conseguiu maior implantación do e-commerce e o 19% das vendas xa provén de internet, once puntos por enriba da media nacional. Séguenlle moda e deporte co 11% e o 8% das vendas totais a través da canle en liña.

Segundo os datos do estudo, os pequenos e medianos comercios de Galicia recoñecen as oportunidades que ofrece o e-commerce, especialmente, respecto ao incremento da visibilidade (35%) e o aumento das vendas (35%). Tamén valoran a atracción de novos compradores (22%). Con todo, só o 13% valora as posibilidades que lles dan na internacionalización dos seus negocios.

A terceira edición do estudo mostra como as plataformas de e-commerce teñen a súa presenza na estratexia de negocio. En palabras de José Ángel López, director Comercial de eBay en España, "somos pioneiros en comercio electrónico e sabemos que as pemes galegas necesitan apoio para seguir dixitalizándose. Queremos ser o seu aliado dixital e impulsar os seus negocios online asesorándoos, facilitándolles a creación de e-commerce e pondo á súa disposición as últimas innovacións tecnolóxicas para que conecten e fidelicen aos 171 millóns de usuarios cos que contamos".

A TECNOLOXÍA, CHAVE NA COMPETITIVIDADE

Unha das novidades que mostra o estudo é o papel central que adquire a tecnoloxía nos negocios. O 67% das pemes autonómicas considera que deben estar preparadas para a robotización. Ademais, apuntan a que o futuro do e-commerce pasa pola personalización da oferta para o consumidor (35%), as novas tecnoloxías como a procura por voz ou a intelixencia artificial (19%) e o comercio móbil (13%). "A tecnoloxía é crucial para que as pemes ofrezan unha experiencia de compra única. En eBay traballamos na intelixencia artificial, a realidade aumentada e os ecosistemas abertos para que as pemes teñan máis visibilidade e compitan nun mercado global coas mellores condicións e oportunidades", asegura López.

Con todo, a predisposición das pemes a incorporar a tecnoloxía e o e-commerce contrasta coa súa preparación: case a metade delas (52%) cre que non ten os coñecementos suficientes para dixitalizar o seu negocio.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



As mulleres seguen sendo minoría no sector das tecnoloxías da información e da comunicación / Comisión Europea.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.