Estocolmo acollerá o proxecto duns ourensáns que investigan o verme do mel

A cita será do 26 ao 31 de agosto. Polo de agora, os rapaces, que son finalistas nacionais do coñecido como "Nobel da Auga", visitaron as instalacións de Cetaqua Galicia para compartir experiencias con expertos en investigación.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 20/07/2018

Os estudantes do Colexio Marista Santa María de Ourense, Miguel Aragón e Miguel Sequeiros, gañadores do certame nacional do Stockholm Junior Water Prize (SJWP), presentaron aos investigadores de  Cetaqua Galicia o proxecto que defenderán en Estocolomo, do 26 ao 31 de agosto, sobre o verme do mel. Nesta ocasión demostrarán que o este verme, chamado Galleria mellonella, pode degradar o polietileno e os compostos derivados deste de forma natural, mediante a súa inxesta, sen xerar produtos contaminantes nin afectar o ciclo vital deste ser vivo.

Durante a xornada de visita á fundación, os alumnos tiveron a ocasión de coñecer de primeira man a investigación que se está levando a cabo en Galicia grazas aos proxectos de I+D que deselvolvidos en Cetaqua. Así mesmo, puideron compartir opinións e experiencias con expertos en investigación e recibir consellos para a presentación na gran final internacional.

Viaqua recoñeceu os estudantes ourensáns, a súa titora e o colexio coa entrega de diplomas, da man do seu Director Julio Masid, como gañadores nacionais do certame coñecido como o “Nobel da auga”. SJWP é unha competición internacional que premia a investigación xuvenil en temas de auga e sustentabilidade. Cada ano recíbense máis de 10.000 proxectos procedentes de 30 países. A edición mundial do Stockholm Junior Water Prize está organizada polo Instituto Internacional da auga de Estocolmo (SIWI), cuxo obxectivo é fomentar o interese da rapazada e promover a súa creatividade en torno á auga e o medio ambiente.

CETAQUA GALICIA

Cetaqua Galicia é unha fundación creada en 2011 por Viaqua, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Este modelo de colaboración público-privada, que foi creado para garantir a sustentabilidade e eficiencia do ciclo da auga - considerando as necesidades territoriais -, axuda na aplicación do coñecemento académico á auga e ao medio ambiente, creando produtos e servizos que benefician á sociedade. O modelo aplicouse noutros centros Cetaqua, que son independentes entre eles pero que comparten estratexia e traballan en colaboración.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Mel / mis remedios

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.