En marcha un programa para fomentar as start-ups tecnolóxicas galegas

A segunda edición do Programa de Aceleración ABANCA Innova está a piques de comezar.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 20/07/2018

A segunda edición do Programa de Aceleración ABANCA Innova, iniciativa creada para apoiar o desenvolvemento de start-ups tecnolóxicas, dará comezo o próximo 25 de xullo e estará orientado principalmente a proxectos de emprendemento no sector asegurador. “A través do Programa de Aceleración ABANCA Innova queremos fomentar o nacemento e desenvolvemento de novas empresas tecnolóxicas que ofrezan solucións innovadoras aplicables á actividade financeira”, destacou o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.

O Programa, que foi presentado este xoves nun acto na sede de ABANCA Innova coa presenza de Botas, culminou a súa primeira edición, iniciada en 2017, cun investimento directo por parte da entidade financeira en Senseitrade, start-up galega de análise de tendencias de investimento a través de redes sociais. Esta operación ten por obxectivo apoiar á compañía emerxente no seu desenvolvemento e crecemento.

SEGUNDA EDICIÓN

A segunda edición do Programa de Aceleración ABANCA Innova está dirixida principalmente a start-ups que operen no segmento insurtech: compañías que ofrezan solucións tecnolóxicas innovadoras para o mercado asegurador. Outros segmentos contemplados son o fintech e o regtech, así como tecnoloxías como o blockchain ou o bigdata.

ABANCA Innova ofrece ás start-ups participantes un paquete de apoio destinado a dotalos de coñecemento de xestión e recursos económicos e materiais para madurar e desenvolver o seu proxecto de emprendemento. Por unha banda, pon á súa disposición diversas accións de formación e mentoring para axudar á compañía a deseñar o seu modelo de negocio e axustar o seu produto ás necesidades do mercado. Xunto a iso, ofrécelles o financiamento necesario a través da concesión de préstamos participativos e a posibilidade de recibir investimento directo en capital. Outros beneficios que o programa proporciona ás start-ups son a utilización de espazos de coworking nas instalacións de ABANCA Innova ou o uso de Amazon Web Services.

A convocatoria para a presentación de candidaturas abrirase o 25 de xullo a través da web www.abancainnova.com e pecharase o 14 de setembro. O 20 de setembro realizarase unha primeira selección entre as propostas recibidas para elixir as que participarán no Programa de Aceleración. As start-ups que resulten elixidas afrontarán, xa dentro do Programa, varias fases que culminarán na presentación pública dos proxectos e no inicio do proceso de aceleración. Formación, asesoramento, infraestrutura e financiamento son as chaves deste Programa de Aceleración ABANCA Innova. 

PROXECTO ESTABLE E A LONGO PRAZO

Na súa intervención Francisco Botas explicou as bases conceptuais dunha iniciativa que figura entre as máis importantes lanzadas polo banco no campo da innovación. “ABANCA Innova nace da unión de catro sinais de identidade fundamentais do banco: o compromiso coa nosa contorna, a colaboración co tecido empresarial e emprendedor, a permamente actitude innovadora e a aplicación da tecnoloxía á actividade financeira”, sinalou.

Ademais do programa de aceleración, ABANCA Innova acolle outras moitas actividades englobadas en dous grandes bloques: o Programa de Intraemprendemento ABANCA Innova by Kickbox, orientado ao desenvolvemento de proxectos ideados por empregados do banco, e o Observatorio de Tecnoloxías Emerxentes, centrado na difusión de coñecemento ao redor de tecnoloxías como o blockchain.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Unha empresa realiza probas en biotecnoloxía / www.emaze.com

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.