O rural galego colle protagonismo no maior encontro do emprendemento en Galicia

As novas tecnoloxías volven ser as protagonistas do 5º Pont-Up Store, que vén cargado de novas propostas e orixinalidade para este próximo outono.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 30/07/2018

O 5º Pont-Up Store, o maior encontro do novo emprendemento en Galicia, chega a Pontevedra neste outono por quinto ano consecutivo. Nesta nova edición, seleccionou 45 emprendementos entre un total de 144 candidaturas procedentes de toda Galicia, o que supón un 10% máis que na anterior edición.

MAPA GALEGO DE EMPRENDEMENTO

Un ano máis, as novas tecnoloxías volven achegar as propostas máis impactantes, seguidas por ideas moi innovadoras nos sectores da saúde e benestar, o turismo, o téxtil, a gastronomía e a xestión cultural. Ademais, neste 5º encontro duplicouse o número de emprendementos do ámbito tecnolóxico e incrementouse notablemente a calidade das iniciativas, o seu potencial de desenvolvemento, o carácter social e o enfoque sostible de moitas delas. Así pois, vaise confirmando un mapa galego de emprendemento cada vez máis equilibrado entre as cidades e o rural, que achega o 40% do total das propostas. 

Despois dun intenso proceso de selección, no que se partía dun total de 144 solicitudes de participación recibidas, escolléronse os 45 emprendementos mellor cualificados para ter presenza no programa. Destas 45 empresas, 37 contarán cun stand gratuíto para mostrar os seus productos, ideas e servizos, e 6 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades demostrativas, desenvolvendo propostas ben interesantes como un obradoiro de preparación de alimentos con impresión 3D, un taller de lectura con cans, un obradoiro de robótica para aprender a montar un Stick Arcade basado en Raspberry PI, torneos de videoxogos, técnicas de pigmentación prehistórica, un showcooking de receitas saudables, ou a presentación da nova cooperativa Músicas ao Vivo.

Así mesmo, 10 emprendementos participarán no Puntazo Exprés, onde terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes executivas de grandes empresas e entidades galegas: África González, directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da UVigo; Nuria Varela-Portas, xerente e fundadora da empresa de agroalimentación ecolóxica, Pazo de Vilane; María Caldeiro, xerente de FUNDAMAR; Lucía Gregorio, adxunta a dirección de REDEGAL, empresa punteira en e-commerce; e Teresa Fernández-Valdés, executiva de Bambú producciones, considerada unha das mulleres máis poderosas da televisión. 

AS DINÁMICAS EMPRENDEDORAS DO RURAL

O director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa, explica que “nesta edición constatouse un importante incremento na calidade dos emprendementos que presentaron candidatura, tanto no seu carácter innovador como no potencial de desenvolvemento”. En canto á procedencia das candidaturas, Figueroa afirma que “o Pont-Up Store consolídase como o referente do novo emprendemento en Galicia con máis dun 40% das candidaturas procedentes de fóra das sete grandes cidades galegas, o que é indicativo da boa saúde das dinámicas emprendedoras nas vilas e no rural galego”.

Todos os proxectos escollidos son novos emprendementos con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa. Participar é de balde, pero os emprendedores seleccionados tiveron que superar un proceso de selección no que se aplicaron criterios de valoración sobre o grao de creatividade, innovación, potencial de crecemento e impacto económico e/ou social, que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade, forma xurídica da empresa e procedencia xeográfica dos proxectos presentados.

AS EMPRESAS QUE CONCURSAN

Entre os escollidos hai empresas como EXGA3D, que deseña alimentos personalizados usando a impresión 3D e revalorizando o descarte de alimentos. É reveladora a cantidade de negocios relacionados coas nosas mascotas como YARACAN, que facilita terapias con animais; ALIADOGS, unha plataforma online colaborativa de servizos caninos; ou BICHOH!, que fabrica complementos artesáns para cans.

O sector dos videoxogos concentra nada menos que 4 interesantes propostas: GAMING TROOP, unha asociacion de xogadores con local propio; THE CLOUD GAMING, que xorde para impulsar e profesionalizar os eSports en España; SPA-CC, que traballan xerando entornos virtuais e ALOBRE 3D, experta en xerar modelos 3d orientados a impresión. Dentro do ámbito tecnolóxico destacan tamén XTONEBOX, que desenvolve equipos de audio de alta calidade baseándose na antiga tecnoloxía a válvulas;  e TALLER 7 MAKER, onde fabrican prototipos con tecnoloxía 3D.

Ademais, Pont-Up Store reserva sempre parte do seu espazo a iniciativas empresariais que operan dentro da economía social ou que basean o seu modelo de negocio no retorno á comunidade. Nesta edición, contan coa cooperativa MÚSICAS AO VIVO e con varias propostas nas que destaca a compoñente social como PERIFÉRICAS, escolas de feminismos alternativos; MULLERES ATLÁNTICAS, unha comunidade de emprendedoras galegas e do norte de Portugal; ou MY LITTLE PIURA deseños sostibles con alma solidaria, que contribúe cos seus deseños a financiar proxectos da ONG Canat en Perú.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Encontro de participantes do Pont-Up Store / Pont-Up Store

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.