Así avanzou o eucalipto polas Fragas do Eume ao tempo que se reduciu o bosque atlántico

As plantacións de eucalipto pasaron de 1.125 a 1.340 hectáreas nos 13 primeiros anos de xestión do Parque Natural. O bosque autóctono perdeu 646 hectáreas no mesmo período.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 31/07/2018

"Durante os 13 primeiros anos de xestión do Parque Natural Fragas do Eume produciuse unha expansión do eucalipto en todas as súas zonas". Esta é a conclusión dun estudo realizado polo investigador Diego Cidrás, xeógrafo da Universidade de Santiago, quen busca "cuestionar o discurso institucional existente con respecto ao proxecto de conservación" deste paraíso natural.

A área que ocupa o eucalipto nas Fragas do Eume pasou de 1.125,84 hectáreas no ano 1998 a 1.340,61 en 2011; isto é, pasou de ocupar o 12,34 por cento da superficie total do Parque Natural a cubrir o 14,69%. En total, un aumento de 214,77 hectáreas.

Ao mesmo tempo, a estensión do bosque atlántico caeu de 3.608,20 hectáreas en 1998 a 2.961,88 en 2011, é dicir, pasou de ocupar o 39,54% da superficie do parque natural a só o 32,46 por cento, perdendo 646,32 hectáreas.

"En termos absolutos, as plantacións de eucaliptos e o bosque atlántico seguiron dinámicas opostas entre 1998 e 2011", expón o autor do estudo, que engade: "Ademais, este proceso invertido foi máis recorrente nas terras baixas do Parque (medio oeste) e na beira norte das terras altas do Parque".

EXTENSIÓN POR ZONAS

Máis polo miúdo, Diego Cidrás analiza zona por zona este avance do eucalipto. Así, na Zona 1, que foi designada Reserva Natural en 1997, no ano 2011 había tres hectáreas de eucaliptos plantados máis nesta área de conservación e o bosque atlántico diminuíra a súa extensión en 34,68 hectáreas.

O Bosque Atlántico foi inicialmente clasificado como Zona 2, cunha extensión total de 3.259,39 hectáreas. Nesta área houbo unha diminución de 209 hectáreas de bosque atlántico despois da declaración do Parque Natural. Ademais, aquí atópase o maior incremento de eucaliptos nas Fragas do Eume, tanto en hectáreas totais (+78,37 ha.) como porcentuais (+0,86%).

As áreas periféricas do bosque atlántico están constituídas principalmente por pendentes pronunciadas, designadas Zona 3 en 1997 co fin de ofrecer espazos de plantacións de árbores a propietarios privados de terras. Isto significa que, a diferenza da Zona 1 e a Zona 2, as plantacións de eucalipto se permitiron legalmente nesta área. Aquí, entre 1997 e 2011, as plantacións de eucaliptos aumentaron en 77,47 hectáreas, en detrimento do bosque atlántico, o que reduciu a súa extensión en 165 hectáreas.

Por último, as áreas periféricas do Parque Natural engloban espazos para matogueiras e pastos na Zona 4 e de terras para uso agrícola na Zona 5. A Zona 4 non cambiou moito o seu uso da terra e as plantacións de eucalipto aumentaron en 25,7 hectáreas, un 7,86% , mentres que Zona 5 —sen restricións en termos de plantacións— o aumento de eucaliptos foi máis notorio, aumentando un 34,92%, con 30 hectáreas máis desta especie.

Evolución da extensión de eucalipto e bosque atlántico nas Fragas do Eume, entre 1998 e 2011. Táboa elaborada por Diego Cidrás.Evolución da extensión do eucalipto e do bosque atlántico nas Fragas do Eume | Fonte: Táboa elaborada por Diego Cidrás.

Con todos estes datos, Diego Cidrás argumenta que "máis aló da propaganda institucional, a dinámica do uso da terra nas Fragas do Eume mostra que a designación de Parque Natural non implicou ningún cambio notable en termos de manexo de especies invasoras" como o eucalipto.

Hai que lembrar que na primavera de 2012 un incendio queimou 750 hectáreas no corazón das Fragas do Eume, o bosque atlántico más importante de Europa. Naquela traxedia, as árbores que máis arderon foron eucaliptos, mentres que o bosque autóctono resistiu mellor. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Fragas do Eume.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.