A construción en Galicia: máis prevención e máis seguridade

A construción foi un sector considerado tradicionalmente como perigoso para a integridade do traballador e da traballadora. Durante e depois da crise económica co estourido da burbulla inmobiliaria, as primeiras accións dentro do sector foi recortar dentro de espazos como a seguridade. Por que? Nesta reportaxe tentaremos responder á cuestión e a algunhas outras que foron xurdindo na súa elaboración.

Por Moncho Mariño | Santiago | 31/07/2018

A crixe de 2008 foi directa polo sector da construción. O primeiro goberno de Zapatero estivo a piques de facer estourar de maneira controlada a denominada “burbulla inmobiliaria”, pois xa daba sítmonas de risco como abandono escolar para traballar no sector da construción e que posteriormente se traduciu en altas taxas de desemprego xuvenil. A cuestión é que durante os anos 90 houbo un “boom” inmobiliario que de súpeto parou, freou en seco. Mesmo a obra pública tivo atrasos importantes que non se resolveron nos prazos establecidos.

Mais a cuestión que abordamos aquí é a da seguridade laboral dentro do sector. Este punto é un dos que primeiramente se resinten cando un sector entra en crise. Por que? É posible que teña que ver coa cultura empresarial de “mínimos custos”. Pois hai unha parte do empresariado que non considera o investimento en seguridade como tal, senón un gasto que pode reducir ingresos a fin de mes. Non obstante, os datos en canto sinistralidade ofrecen no total do estado unha reducción en casos mortais, pero en Galicia parece que a tendencia é a de manterse ou estabilizarse nos últimos tempos.

RETROCESO EN SEGURIDADE?

Segundo fontes próximas ao sector da construción, entrar nesta área laboral como empresario é doado. Moitas veces é cuestión de ofrecer prezos baixos á empresa principal. Esta subcontratará a colocación de determinado material ou de determinados traballos, poñendo o material e lugar de traballo mentres que a subcontrata pon a man de obra e uns prezos, xa dixemos, baixos. “As empresas tiran prezos para coller obras que finalmente repercuten no material de seguridade e prevención” di Mario Maceiras da CIG Construcción. “A caída na contratación de obra pública foi o desencadeante desta baixada nas ofertas económicas dentro do sector” apunta Maceiras.

“A cultura da prevención avanzara moito ata o ano 2007, mesmo creaba postos de traballo e comezaran a aplicarse novas técnicas en prevención e seguridade” aclara José Manuel Brea de CC OO, que ve a necesidade de “retomar todo ese abano de técnicas de prevención e seguridade que se foron deixando”. O mesmo Brea apunta que a devaluación das condicións de traballo son froito da crise. E aínda que nestes momentos se sinta un aumento na actividade constructiva, como di Jesús María Calvo de UGT “estamos falando de obra dentro do sector privado, de iniciativas que contratan pouca man de obra, non así a demanda de obra pública que si necesita máis”. 

As medidas implementadas na obra grazas ao Real Decreto sobre prevención de riscos laborais que desenvolvía a lei sobre a mesma materia, foi como se caesen en saco roto logo da crise. “Traballar na construción é moi perigoso e os principais accidentes están relacionados con caídas desde alturas, non usar arneses de seguridade e ás veces a sinistralidade dase porque hai moitas persoas contratadas que non teñen formación no sector” sinala Mario Maceiras.

“É moi difícil controlar un sector onde existe unha contratación baseada no autónomo, que realmente é un falso autónomo” apunta José Manuel Brea. “Este falso autónomo é moi díficil de formar en seguridade laboral” di Brea. Coincidindo con este punto, Jesús María Calvo remarca que “si existe a figura do falso autónomo na construción e que agora mesmo está ocupando un amplo abano de postos de traballo”


EMPRESA E INSPECCIÓN

As forzas sindicais están de acordo que abaratar os prezos desde as empresas foi un dos elementos para retroceder en canto seguridade laboral. Desde UGT apuntan dous grandes factores “un é a eventualidade, porque encontrar un posto de traballo e mantelo é difícil, o caso é que o traballador ou traballadora quere manter o posto a risco da seguridade laboral”. Pero o segundo punto ten relación co empresariado “porque é difícil convencer ás empresas de que o investimento en seguridade é rendible, non é un gasto” sinalan tamén desde a UGT.

Desde a Asociación de Empresarios da Construcción de Lugo, Juan Vázquez apunta que “as empresas invisten en seguridade e inciden na necesidade da prevención, pero se unha empresa ten que enfrontar unha situación de escasos ingresos recorta por onde a súa oferta empresarial non se resinta, é unha política que se segue en tempos de axuste”. Javier Carballeda, da Asociación de Constructores de Pontevedra: “A Fundación Laboral da Construcción crea e pon en marcha cursos de formación para empresas e traballadores sobre seguridade e saúde laboral”. “Debemos ter en conta que o empresario contratista principal é o responsable do plano de seguridade na obra, as subcontratas deben seguir as directrices da obra principal”. Carballeda tamén apunta que “obviamente, as empresas máis pequenas teñen menos medios, pero iso non as exime de cumprir coas normas”.

A inspección laboral, dependente do Ministerio de Traballo, segundo os mesmos sindicatos, si cumpre so seu labor. “Mesmo somos nós quen denunciamos moitas veces situacións laborais irregulares” di Mario Maceiras. A cuestión tamén está na escasa presenza de inspectores laborais, pois o número de inspectores é escaso fronte á demanda dos mesmos e á cantidade de denuncias enviadas ás súas correspondentes oficinas.

CIFRAS

Segundo o informe do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, as persoas que perderon a vida nun accidente laboral dentro da construción en 2017 foron tres. Isto nun sector que “hoxe ten 65.000 persoas traballando en Galicia cando antes da crise eran 150.000” apuntan desde CC OO. “Os accidentes resultantes con baixa laboral subiron en 2017 o que obviamente mostra unha tendencia evolutiva negativa”.

A análise doutras centrais sindicais destacan que “mentres a media estatal de sinistralidade con resultado de morte no Estado baixa, en Galicia estase mantendo, porque no primeiro trimestre de 2017 houbo dous accidentes mortais e o mesmo número para o primeiro trimestre de 2018” di Jesús María Calvo de UGT. Os accidentes con resultado de morte dentro da construción estarían entre as tres primeiras causas de morte no estado. “Ti falas cos empresarios e dinche que si obrigan aos traballadores pór os arneses pero non nos fan caso, pero é que o problema non é dicírllelo aos traballadores” afirma Calvo “a cuestión é que se un traballador non aparece un sábado para botar unha placa é despedido, pero se non pon o arnés non é ameazado co despido”.

“Os traballadores son receptivos ás medidas de seguridade, pero moitas veces habería que ver as persoas que integran a empresa para ver se se cumpren as medidas de saúde e seguridade” di Juan Vázquez da Asociación de Empresarios da Construción de Lugo. “Se falamos de subcontratación, estas empresas teñen que cinguirse á lei de prevención de riscos laborais e ao plano de seguridade da empresas principal” insiste Javier Carballeda da Asociación de Construtores de Pontevedra.

As conclusións que se poden tirar das conversas mantidas con sindicatos e empresarios é que primeiro de todo, é necesaria unha concienciación entre o empresariado de que o investimento en seguridade non é unha perda de diñeiro. Logo é preciso aumentar os recursos da inspección laboral para que efectúe o seu traballo en condicións que permitan a mellora das condicións laborais na construcción e se podan efectuar as necesarias medidas punitivas. A observación da lei ao respecto e sobre todo, no que toca á subcontratación e a figura do falso autónomo. Pero tamén, e algo que apuntan todos os sindicatos, non facer que os traballadores estean xornadas maratonianas a pé de obra, pois isto rebaixa a calidade do traballo e aumenta o risco de accidente. E tamén, a formación continua en seguridade tanto para empresarios como empregados. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Obras en construción

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.