En Marea esixe ao conselleiro de Sanidade que compareza para explicar a morte dun home no PAC da Estrada

Pide "explicacións" sobre o ocorrido e culpa aos "recortes" e á "falta de planificación" da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2018

O grupo parlamentario de En Marea esixiu este luns a comparecencia parlamentaria do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, para "dar explicacións" sobre a morte dun home falecido este sábado na PAC da Estrada (Pontevedra) sen atención médica. Segundo a versión do Sergas, padecía unha "enfermidade crónica avanzada" e foi atendido polo persoal de enfermaría do centro de saúde, xa que a médico saíra para atender unha urxencia.

Segundo informou o partido instrumental, a vicepresidenta da Cámara autonómica e deputada Eva Solla lembrou que o seu grupo denunciou, "en repetidas ocasións, a necesidade de incrementar o número de profesionais" nos centros de saúde. E é que, tal e como proseguiu, nos PAC galegos é "habitual" que os médicos "teñan que saír do centro para atender ás urxencias deixando sen asistencia estes puntos". Por iso, Eva Solla ve "urxente" e "obrigatorio" que o conselleiro de Sanidade explique "por que non se cobre a baixa na Estrada e que medidas van tomar". Así mesmo, a deputada trasladou o pésame á familia do falecido.

"FALTA DE PLANIFICACIÓN"

Pola súa banda, o viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, culpou da morte do home á "falta de planificación" e aos "recortes" levados a cabo pola Xunta. Nunha rolda de prensa deste luns, o deputado tamén pediu "explicacións" desta situación que xustifica que "constantemente, todos os días, haxa concentracións nas cidades galegas pedindo máis recursos humanos" para o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Por iso, Antón Sánchez propuxo contratar a "xente formada" que se atopa traballando no estranxeiro pero que "debería estar na sanidade galega".

ASOCIACIÓN VECIÑAL

Ademais, o Movemento Veciñal Estradense-Móvete instou ao resto de forzas políticas locais a "rexeitar os recortes impostos polo Goberno galego" en sanidade e esixir os recursos "precisos" para garantir a atención aos enfermos. Neste sentido, segundo informou En Marea, a asociación denunciou que o sábado "non foi o único día" que esta PAC quedou "sen reforzo". "Esta situación repetiuse en tres ocasiones máis durante o que vai de verán", puntualiza.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

5 comentarios
3

eusi

...e mentres tanto, a eterna delegada de clase e o seu grupiño de "al salir de clase" desaparecidos en com(BNG)bate


2

Gamela

e para incrementar o número de médicos temos que ir a comer polbo a Mugardos ? Non vaia ser que se non somos da mesma parroquia non teñamos praza ? Cando a muller mellor pagada do Parlamento abre a boca todos debemos calar ou senon bloquean a conta de twitter e todo segue adiante.... cara ás municipais 2019 con Rubén Pérez afirmando ca Marea de Vigo é INDEPENDENTE de calquera outra Marea ??? Vivir para ver !!!


1

fabulacion mareista!

non son recortes e falta de profesionais para asumir o servizo mesmo a mareante local recoñece que deberían contratar a xente no estranxeiro, seica incluso teñen en santiAGE de componendas un medico en laboura políticas o golfiño merendiño, onde estaba inflando a preguntas a deputada gamberra si tiña algún-ha coartada, pero como van e quen vai vir por un par de días a semana nun pac perdido na xeografia galega, siguen e siguen degradando os mareistas a imaxe dos servizos públicos galegos, que sinvergonzonería de xente, o señor tamen se indica que tiña un-ha enfermidade crónica avanzada, e decir que seguramente e enfermidade terminal, o resto do persoal non pode tomar actuacións sanitarias e o 061 daría indicacións o da autopsia seguramente foi un-ha autopsia clínica e non xudicial, non o aclaran o non o saben... polo tanto a xente de marea sacan a lingua a pacer e meten a pata outra vez, e xa un mecanismo imparabel- https://www.youtube.com/watch?v=e7A...

2 respostas
1

Por eusi: a pastilla prá cabesa homiño, mira que cho temos dito, pero nada...a ver se ese tumor cerebral acaba facendo o seu traballo dunha vez e non temos que ler mais intelequias confabuladoras que existen no teu maxín

2

Por GrazasBeiras: Eusi: home será brasas e o que ti queiras pero ti acabas de pasarte moitísimo. E se cadra para o teu non hai o tratamento que tanto recomendas os outros. O que sí hai é varios adxectivos para calificar á xente que, coma ti, desexa doenzas e morte os demais.


Eva Solla. Europa Press - Archivo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.