Canto lle custa aos galegos a privatización da educación infantil?

A Xunta contrata o servizo educativo para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada por unha cantidade millonaria. A CIG alertaba tras a chegada de Feijóo á Xunta da privatización das galescolas e o PSdeG pedía recentemente rematar con esta deriva “privatizadora”.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 09/08/2018

7.260.000 euros con IVE. Ese é o prezo que lle custará ao conxunto dos galegos a privatización da educación infantil. A Consellería de Política Social acaba de sacar un concurso para contratar, por lotes, a prestación do servizo do primeiro ciclo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada. Un servizo que abranguerá as sete grandes cidades e a súas áreas de influenza e os concellos de Ponteareas e Monforte de Lemos, por tratarse de concellos de máis de 18.000 habitantes.

A Xunta quere que as entidades contratadas oferten algunha praza en todos os grupos de idade do 1º ciclo de educación infantil, en réxime de xornada completa con servizo de comedor. O número de prazas ofertadas nos tramos superiores deberá ser igual ou superior ás ofertadas nos tramos inferiores.

Con todo, Política Social aclara que quedan exceptuadas deste requisito aqueles centros que non conten con todos os grupos de idade e así conste na autorización de inicio de actividade que “deberán ofertar como mínimo o mesmo número de prazas en todos os grupos de idade autorizados”.

Os centros contratados pola Xunta percibirán un prezo global máximo por praza de 350 euros ao mes. “A consellería aboará aos centros o número de prazas adxudicadas e ocupadas, dende o momento en que se formalice a matrícula do alumno ou da alumna. Se o ingreso no centro se produce con posterioridade ao día 15 do mes, a familia usuaria só aboará no dito mes a metade do prezo total da praza”, recollen os pregos do concurso aos que tivo acceso GC.

No caso das prazas ocupadas por nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo cuxas prazas se contabilizan como dúas, a administración aboará pola primeira praza a parte que lle corresponda en función da parte que aboe a familia, e pola segunda, a totalidade do prezo de atención educativa.

PRIVATIZACIÓN

Coa chegada de Feijóo ao poder, a Xunta iniciou a privatización das escolas infantís. Pouco despois de asumir o poder, comezouse coa privatización da xestión de 17 centros da "Galiña Azul" construídos ao 100% con cartos públicos.

“A CIG-Ensino denuncia esta privatización dos servizos básicos á cidadanía, convertendo en lucro rexido polas leis do mercado o que debe ser un servizo á poboación”, apuntaba este sindicato a comezos de 2012 ao tempo que criticaba que o Goberno galego facía concesións a empresas que exceden o período lexislativo.

Os socialistas tamén teñen denunciado esta deriva “privatizadora” do Goberno galego. Hai uns meses, a portavoz de política social do grupo socialista, Noela Blanco, defendía unha proposición non de lei no Parlamento para pedir que a Xunta aumente o número de centros públicos e de prazas públicas de educación infantil.

Blanco lembraba que das 54 das escolas infantís abertas nos últimos anos foron proxectadas na etapa do anterior goberno bipartito, mentres que Feijóo só abriu “oito en oito anos, unha por ano”. A socialista criticou que o goberno galego utilice o eufemismo de que “ningún neno quedará sen praza con apoio público” para agochar o “apoio público a centros privados” e “crearlle ás familias a necesidade de acabar recurrindo ao salvavidas que significa a privatización de servizos”.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Cuchi Frito

No os preocupéis! nuestros valerosos diputados en el congreso pondrán los puntos sobre las íes....Ah que non temos deputados.....que son de PUedemos…..vale...vale...agora o entendo...

1 resposta
1

Por Carmen Lastra: Bobiño, que falamos da Xunta, do parlamento de Galiza, que a educación está transferida e é competencia do goberno galego!!! E foi o BNG quen perdeu o bipartito: despois de gobernar, os votos e os deputados foron para o Partido Podre, fixeron presidente ao Feixoó!!! A responsabilidade está na casa, non precisas aquí a incompetencia de Podemos!!!


Feijóo nunha escola infantil na mensaxe de fin de ano de 2015

Escola infantil de Conxo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.