O talento transformador de Galicia reúnese en Pontevedra esta fin de semana

Durante dous días a gran carpa do Pont-Up Store acolle as startups galegas con máis potencial de crecemento. As 10 mellores terán a oportunidade de participar no ‘talent business’ PUNTAZO EXPRÉS. Alí poderán presentar as startups a directivas de cinco importantes empresas e entidades galegas que lles darán a súa visión sobre o potencial de negocio e falarán de oportunidades e alianzas.

Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 22/09/2018

Esta fin de semana a Praza de España de Pontevedra acolle a 5ª edición do Encontro de Emprendemento Pont-Up Store. Este ano reúne empresas cunha ampla variedade de propostas, polo talento e creatividade, innovación desde distintos ámbitos, polo compromiso social e pola vontade de apostar polo rural mediante o emprendemento. As novas tecnoloxías volven achegar propostas impactantes, seguidas por ideas procedentes dos sectores da saúde, benestar, o turismo, o téxtil, a gastronomía, a cosmética e a xestión cultural.

En total 45 empresas participantes combinan nalgúns casos varias modalidades de participación: 37 contan cun stand gratuíto para mostrar os seus productos, ideas e servizos; 10 participan no formato Talent Bussiness ‘Puntazo Exprés’ e outras 6 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades demostrativas do espazo central da carpa, desenvolvendo propostas tan interesantes como un obradoiro de preparación de alimentos con impresión 3D, ou a presentación da nova cooperativa Músicas ao Vivo.

Durante o acto de inauguración, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, explicou que o Pont-Up Store está “enlazado co ADN da Universidade de Vigo que aposta por implicarse no tecido socioeconómico e devolver á cidadanía contidos de valor para xerar unha sociedade máis xusta, máis próspera e máis igualitaria”. Ernesto Pedrosa Silva, Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, en representación de todas as entidades patrocinadoras, asegurou que “este encontro fomenta hábitos de emprendemento na sociedade” e ““cimenta cidades máis avanzadas e sostibles”.

Pola súa parte, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou o formato do evento que “permite visibilizar o talento do noso país a pé de rúa” e alabou “a gran calidade dos proxectos seleccionados durante estas cinco edicións, dos que un 89% continúa coa actividade”. Neste sentido Pedro Figueroa Dorrego, director do Pont-Up Store, lembrou que “só consegue entrar 1 de cada 3 empresas que o solicitan, un síntoma da gran vitalidade empresarial que está vivindo o noso país”. Figueroa tamén destacou que esta edición pretende poñer o acento na muller tecnóloga e emprendedora a través de Kore, a personaxe que protagoniza a campaña desta edición e que participou tamén na apertura oficial do evento a través dunha presentación teatralizada.  Por último convidou ao público a participar nas máis de 40 actividades repartidas por toda a cidade e a visitar a mostra coa que o encontro celebra o seu 5º aniversario, instalada na Casa das Campás, onde se mostran materiais promocionais e contidos visuais de todas as edicións.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Visita aos stands do alcalde de Pontevedra e outras autoridades/Concello de Pontevedra

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.