A Deputación de Pontevedra denunciará o alcalde de Vilanova por incitación ao odio

O rexedor dixo que a presidenta da administración provincial, Carmela Silva, era a "chacha para todo" do "ancián" alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 08/10/2018

Os servizos xurídicos da Deputación de Pontevedra presentarán nos tribunais de Xustiza unha denuncia "fronte aos ataques machistas, as inxurias e as calumnias", pero tamén "fronte á posible incitación ao odio" que, a xuízo do goberno provincial, supoñen as declaracións do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán nas que dixo que a presidenta da administración provincial, Carmela Silva, era a "chacha para todo" do "ancián" alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Este luns compareceu en rolda de prensa o portavoz do goberno da Deputación de Pontevedra (PSOE+BNG), Carlos López Font, que anunciou que os servizos xurídicos da Deputación de Pontevedra traballan xa na redacción dunha denuncia contra este alcalde do Partido Popular.

Ademais de condenar as manifestacións do rexedor vilanovés e solicitar a súa dimisión, López Font instou os cargos da Xunta de Galicia e do Partido Popular a pronunciarse e condenar este tipo de actitudes, "de tal gravidade que non se trata dunha defensa da persoa", neste caso da presidenta da Deputación, senón de "saír con valentía" ante un "ataque á dignidade de todas as mulleres".

O portavoz do goberno provincial tamén anunciou que a presidenta da Deputación "non se vai volver referir a este señor".

López Font asegurou que, como goberno da Deputación, "no que temos a bandeira da igualdade desde o minuto un", teñen o "deber político" de porse de fronte a todos aqueles que utilicen "comportamentos e unha linguaxe machista contra as mulleres", cualificando de "linguaxe bélica" a que utilizou Gonzalo Durán.

"Non imos consentir estes ataques machistas, clasistas e fascistas; e moito menos en voz daqueles que ostentan cargos públicos e que estes ataques poidan quedar impunes", destacou o portavoz do goberno provincial.

Este deputado lembrou que no caso concreto do alcalde de Vilanova de Arousa, "reitérase neste tipo de comportamentos", con "insultos á presidenta da Deputación de Pontevedra única e exclusivamente polo feito de ser muller".

Neste senso, lembrou que esas declaracións se realizaron o venres "e reafirmáronse o domingo", polo que López Font dixo que "non podemos entender" como o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo, e o vicepresidente, Alfonso Rueda, "aínda non saíron a condenar este comportamento do seu alcalde en Vilanova".

Igualmente referiuse ao "silencio" de Susana López Abella, secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia, engadindo que, "se non sae de forma inmediata a expresar o seu total e contundente rexeitamento a estas manifestacións machistas do señor Durán, quedará inhabilitada para exercer a función que lle corresponde, que é a de representar ás mulleres na administración autonómica".

Carlos López Font entende que se empeza insultando á muller, sendo peiorativo con ela, e continúase coa violencia de xénero e matándoa. A secuela da violencia machista, segundo o deputado provincial, ten a orixe neste tipo de descualificacións. "O que non se manifesta en contra é cómplice", apuntou.

Ademais, indicou que non é a primeira vez que se realizan declaracións como esta contra a presidenta da Deputación Provincial por ser muller e lembrou a dimisión de Jorge Caldas, concelleiro do PP de Moraña, que cualificara a Carmela Silva de "mala raposa" e "lercha".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

5 comentarios
3

Braisiño

E este home chamando anciano aos demais !!!!


2

eramos pocos

Andan los tribunales desbordados de trabajo, resolviendo casos con mucho retraso y algunos no tienen nada mejor que hacer que convertir una chorrada en otro caso judicial: alegría, ¡más atasco! Por no hablar de lo muy cuestionable que es que se gaste dinero de una diputación provincial en una cruzada particular: quien quiera perder su tiempo, y hacerlo perder a otros, en los juzgados que al menos lo pague de su bolsillo.


1

Gamela

López Font foi quen de presionar a un policía local para manter unha Denuncia Falsa contra Diego Lores !!! https://diegoabsolucion.wordpress.c... Dá gusto ver en mans de quen estamos !!!

2 respostas
1

Por Gamelo: Parabéns Gamela, ti dálle cobertura ao Durán que é de quen falaba a noticia. Que país!!!

2

Por Gamela: a cousa non vai de coberturas...! entre o políticamente correcto e a estupidez aínda existe algo chamado a "liberdade de expresión" que determina quén é quén... Carmela Silva está na Deputación única e exclusivamente porque Abel Caballero a sentou alí ¿ou alguén pensa que estaría sentada na poltrona se non fose coa aprobación do caquice local? Pero se afirmo que David Regades é o "chico dos recados" de Abel Caballero ¿entón podemos dicilo sen alterar ás "féminas socialistas"?


Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova / TVG.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.