A corrente Anticapitalista sobre as primarias de Podemos Galicia: "unha oportunidade perdida"

A corrente Anticapitalistas Galiza non presentará lista nin se integrará noutra candidatura no proceso interno de Podemos Galicia no que os inscritos do partido morado escollerán novos órganos de dirección e ocupante da Secretaría Xeral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2018

Segundo fontes consultadas, o sector anticapitalista da organización morada desenténdese das primarias porque considera que o "debate" está centrado en "persoas" e "problemas internos" en lugar de pivotar sobre "ideas e proxectos".

A pesar de que nun primeiro momento a candidatura liderada polo deputado de En Marea Antón Gómez-Reino estableceu conversacións con este sector para integralos no seu proxecto, Anticapitalistas deu un paso á beira hai unha semana, coincidindo co anuncio de que Carolina Bescansa optará á Secretaría Xeral de Podemos Galicia.

Así as cousas, cren que a Asemblea Cidadá na que Podemos Galicia renovará a súa dirección converteuse "nunha oportunidade perdida" que "non suporá ningún cambio de modelo", xa que supón unha repetición dos "parámetros plebiscitarios e verticais xurdidos de Vistalegre II".

En definitiva, estas fontes sinalan que "non se dan as condicións" para participar "con lista propia" no proceso interno ou para integrarse nas candidaturas existentes debido a que entenden que nin o proxecto de Gómez-Reino nin o de Bescansa recollen as "liñas políticas" que defenden os anticapitalistas.

Este martes conclúe o prazo de presentación de candidaturas para as primarias de Podemos Galicia, nas que, salvo sorpresa de última hora, medirán forzas a cofundadora do partido Carolina Bescansa como candidata da dirección saínte e Antón Gómez-Reino, ambos os presentes este martes no Parlamento de Galicia durante o inicio do Debate do Estado da Autonomía.

Após integrar na súa candidatura a 'Josito' Pérez e militantes de Lugo, a candidatura de Gómez-Reino ultima as negociacións para sumar á súa lista ás correntes afíns ao denominado 'errejonismo' e a 'Vamos!', próxima ás teses do líder do partido, Pablo Iglesias.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Xanti

Paréceme incrible que un partido sen base en Galicia teña tanta repercusión. Se estes pretenden presentarse sós van levar nos fouciños...


1

Gamela

haberá que buscar nas redes para saber de que falan algúns... (?) https://i.gal/gamela03


A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos. Europa Press - Archivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.