Beiras, novamente protagonista dunha bronca no Parlamento galego

A intervención de Luís Villares tensou aos deputados populares. O líder de En Marea chamou "comisionistas" aos conselleiros, "sicarios" aos parlamentarios e dixo que Baltar era un "virrei acosador sexual".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/10/2018

Xosé Manuel Beiras volveu ser protagonista na Cámara galega a pesar de levar máis de dous anos retirado da vida política activa.  Foi un protagonista involuntario, pero volveu ser a diana dos reproches dos deputados do PPdeG.

O líder nacionalista acudiu á Cámara para escoitar o discurso do voceiro de En Marea no debate do Estado do País. Pero, desta volta, sentado nas bancadas do público. E desde alí aplaudiu a intervención de Luís Villares. Unha intervención dura que foi varias veces interrumpida polos berros dos deputados populares.

Tras o apoio de Beiras a Villares, cuns tímidos aplausos, o presidente da Cámara, Miguel Santalices, chamouno á orde. "Xa sabe que non pode facer manifestacións na grada do público, senón ten que saír do hemiciclo", espetoulle. Foi nese momento cando moitos dos parlamentarios do PP se decataron de que Beiras estaba alí e comezaron a apupalo. 

A reacción de Beiras foi inmediata. Ergueuse, colleu o seu bastón, e decidiu saír do hemiciclo, non sen antes espetarlle ao presidente: "Quen deberías saír es ti, mamarracho". Canda a el marcharon outros membros de En Marea que desaprobaron as críticas e os insultos que chegaban desde a bancada popular.

REPRIMENDA

Ademais da saída de Beiras, a intervención de Villares rematou cunha reprimenda do presidente ao líder de En Marea. Pediulle que retirada catro frases da súa intervención; a que aludía a Manuel Baltar como  "virrei acosador sexual Baltar II", aos deputados do PP como "sicarios", aos conselleiros como "comisionistas" e por dicir que os populares "son amigos dos que prenden os lumes".

Villares decidiu retirar estas afirmacións "se ferían a sensibilidade dos deputados", pero non a de Baltar. "Pois esa retírolla eu e chámoo á orde", cortou o presidente da Cámara.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
2

comunista independentista

No parlamentiño de cartón está prohibido dicir as verdades. Sen ir máis lonxe, aí atrás Santalices e o PP empregaron a súa maioría na mesa para censurar que se digan evidencias como que o PP está condenado por corrupción ou que se financiou co narcotráfico. Intolerábel.


1

José

E ainda se quedou corto

2 respostas
1

Por Pokemon: Abofé

2

Por Goti: Respectemos as decisions do pobo soberano representado no parlamento galego.


Feijóo e Beiras durante un incidente na Cámara galega

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.