Volve a crecer o mercado inmobiliario en Galicia

A compravenda de vivendas aumentou un 4,8% en agosto, até 1.388 operacións.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/10/2018

A compravenda de vivendas creceu un 4,8% en agosto en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, até situar o total en 1.388 operacións, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, a comunidade rexistrou o terceiro menor incremento, só por encima dos da Rioxa (+3,4%) e Castela e León (+4,5%), e fronte aos descensos en Baleares (-11,2%) e Cataluña (-3,2%). Esta cifra de compravenda de vivendas deixa o cociente en 63 operacións por cada 100.000 habitantes. A maioría das operacións correspondéronse, un mes máis, con vivenda libre (1.321) e usada (1.090), fronte aos 67 restantes, protexidas; e 298 novas.

Foron, en total, 7.766 transmisións de leiras na comunidade o oitavo mes do ano, un 10,8% máis que un ano atrás e 354 por cada 100.000 habitantes.

RÚSTICAS E URBANAS

Do total, foron transmitidas 2.113 leiras rústicas, delas 784 mediante herdanzas, 611 compravendas, 27 doazóns, 26 permutas e 664 operacións doutro tipo. As 5.653 leiras restantes eran urbanas, das cales se transmitiron 3.042 vivendas: 1.388 por compravenda, 694 mediante herdanza, 35 a través de doazón e houbo catro permutas e 921 operacións doutra clase.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, a compravenda de vivendas aumentou un 7,4% o pasado mes de agosto en relación ao mesmo mes de 2017, até sumar 44.637 operacións. O avance interanual de agosto, co que a compravenda de vivendas encadea cinco meses consecutivos de incrementos, é inferior ao logrado en xullo, cando este indicador subiu un 16,2%.

As transaccións sobre vivendas usadas incrementáronse un 6,9% en agosto en relación ao mesmo mes de 2017, até totalizar 36.462, mentres que a compravenda de vivendas novas avanzou un 9,6% en taxa interanual, até 8.175 transaccións.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Evolución da compravenda de vivendas en Galicia. EPDATA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.