Aumenta a competencia por presidir a Conferencia de Empresarios

Fontenla aposta por unha "persoa que non estea involucrada en temas anteriores" e que teña "unha empresa de peso" en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2018

O vicepresidente da Confederación de Empresarios Galega (CEG) Antonio Fontenla, un dos catro cos que conta a patronal galega e o seu actual portavoz, avanzou que confía en que o novo proceso para elixir a presidencia de entidade conte con "catro ou cinco" candidatos, após o errado de xullo deste ano, no que concluíu o prazo establecido sen que se presentase ningunha candidatura.

Así o manifestou en declaracións aos medios de comunicación após manter en San Caetano unha reunión co conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. Antonio Fontenla exerce como portavoz da patronal galega por ser o vicepresidente de maior idade, conforme establecen os estatutos.

A súa preferencia persoal sería que se tratase dunha persoa "que chegase de novo", que "non estivese involucrado en temas anteriores" e que "teña unha empresa de peso en Galicia". De momento, avanzou que "hai catro ou cinco persoas que están preocupadas por este tema e que seguramente poidan dar un paso adiante".

A pesar da situación de "provisionalidade", coa CEG sen presidencia desde a dimisión de Antón Arias en xaneiro deste ano, insistiu en que o funcionamento é "totalmente normal" a pesar da falta de presidencia e que hai "un sentimento de unidade", afastado das discrepancias internas anteriores.

En canto aos prazos, estima que a CEG non contará con nova presidencia até o próximo ano. Na actualidade, explicou que se está constituíndo unha comisión para a modificación estatutaria e non será ata que se finalice este trámite cando se convoque a asemblea xeral, conforme acordaron o catro vicepresidentes.

A modificación prevista dos estatutos persegue "motivar" que "algún importante empresario galego queira asumir a presidencia da CEG". "Eu, que fun doce anos, estimo que é un tema importante para Galicia", rematou.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O portavoz da CEG, Antonio Fontenla / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.