Indiferencia entre os baróns socialistas sobre as primarias exprés de Gonzalo Caballero

O PSOE de Lugo remarca que "o prioritario" son as eleccións municipais, o da Coruña que se "respectará" e Abel Caballero que "lle presta pouca atención ás cousas do partido.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2018

A proposta sorpresa do líder do PSdeG de facer coincidir as primarias paras os candidatos ás eleccións municipais da vindeira primavera coas primarias para elixir ao candidato á Xunta non mereceron moitos comentarios, nin eloxios, entre os distintos baróns socialistas, polo menos, públicamente.

En privado, iso si, e segundo fontes consultadas por este medio, a decisión de Gonzalo Caballero de convocar primarias exprés para a Xunta non gustaron e cren que é un xeito de tentar "deturpar" o debate interno. Por iso, os principais líderes provinciais evitaron comentar esta medida ou, sinselamente, fixeron como que non ía con eles.

Así fixo Abel Caballero o pasado mércores.  "Eu son alcalde de Vigo, non atendo a iso. Xa sabe que ás cousas do partido aténdolles o xusto", dixo rindo nunha rolda de prensa evitando pronunciarse sobre a convocatoria de primarias para elixir candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta.

ÁLVARO SANTOS E LARA MÉNDEZ

Este xoves tamén tiraron de retranca outros líderes como o secretario provincial do PSOE de Lugo, Álvaro Santos, ou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Os dous remarcaron que para os socialistas lucenses o "obxectivo prioritario" son as eleccións municipais do próximo ano. "Imos centrarnos nas municipais, que son as eleccións que están á vista e teñen data. O PSOE da provincia de Lugo ten a cabeza posta nas municipais", subliñou Álvaro Santos.

"Nós traballaremos para sacar o mellor resultado para seguir traballando no noso modelo de cidade. Temos un modelo que estamos a iniciar, e a clave na que traballamos é en sacar os mellores resultados porque van posibilitar mellores resultados de cara aos seguintes comicios electorais, como á Xunta de Galicia", engadía pouco despois Lara Méndez.

VALENTÍN FORMOSO

Ningún dos dous quixo valorar o feito da coincidencia das dúas primarias, como tampouco o valorou o presidente da Deputación da Coruña e secretario provincial do PSOE coruñés, Valentín González Formoso. O único que fixo foi trasladar o seu "respecto" á decisión de Gonzalo Caballero, pero salientou que agora hai que centrarse nas municipais. 

Preguntado se ve prematuro que se expoña a elección do candidato socialista á Xunta, reiterou que se trata dunha proposta "referendada" pola Executiva galega. "Hai que respectala como debe de ser", indicou sen entrar en máis valoracións.
 
A comisión executiva nacional galega ratificou o 18 de novembro como data para celebrar as primarias para elixir candidatos en municipios de máis de 20.000 habitantes e ás autonómicas --haberá segunda volta o 25 de novembro no caso de que ningún obteña máis da metade dos votos--.
 
 
 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Mentres algún seguen mirándose o embigo estamos a roubarlle o futuro ao pobo saharaui !!! Logo tódolos xornais destacan as "vacacións" dos nenos e nenas saharauis !!! http://cabozo.com/taboext.php?grupo...


Alvaro Santos, Lara Méndez, Gonzalo Caballero e outros cargos do PSdeG en Lugo. PSDEG / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.