Detido un home por colgar en páxinas porno fotos das pernas e traseiros de mulleres de Santiago

O detido é de Santiago e facíase chamar "Capa de Armadillo". A súa captura realizouse logo de iniciarse unha campaña nas redes sociais para dar con el. "Cando vin que estabamos nós, quedei en shock", di unha das vítimas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2018

Capa de Armadillo, ese era o alias que utilizada un home detido este xoves en Galicia por practicar "screepshot", unha nova modalidade pornográfica que consiste en sacar fotos ou vídeos de mulleres mentres camiñan pola rúa para logo colgalas en Internet.  
 
Esta nova tendencia na rede de fotografar traseiros e pernas estase facendo moi común entre os usuarios de pornografía na rede. Nos últimos días, varias mozas tiñan denunciado que un home dedícase a perseguilas pola rúa gravándoas para despois compartir o contido en páxinas porno.
 
De feito, a través das redes sociais fíxose viral na noite do mércores 10 de outubro ao xoves 11, un cartel con tipoloxía dos de 'búscase', no que se precisa a suposta identidade do autor dos feitos, e concrétase que "este individuo se dedica a filmar a mulleres e nenas pola Zona Nova de Santiago".

Por iso, a Policía Nacional de Santiago detivo este xoves a un home como presunto acusado destas accións. Fontes da Policía Nacional de Compostela confirmaron a Europa Press a detención desta persona "en relación aos feitos" narrados, pero non quixeron realizar outro tipo de declaracións debido a que "hai unha investigación en curso", "por prudencia".

O obxectivo, tal e como recolle o cartel, é "logo subir os vídeos a unha páxina porno --XVideos.com--" baixo un pseudónimo.  Europa Press ingresou na web para comprobar se os vídeos, tal e como informaron fontes policiais, xa foran borrados, e, efectivamente, baixo o nome que o cartel difunde en redes sociais, xa non hai ningún tipo de vídeo asociado.

TESTEMUÑO DUNHA DAS AFECTADAS
 
Así mesmo, Europa Press conseguiu contactar cunha das vítimas destas gravacións ilícitas, maior de idade, que tamén facilitou como proba un dos vídeos subidos a "diversas" webs pornográficas.  "Eu estaba coa miña parella vendo Instagram e vimos a noticia de que un home se adicaba a gravar á xente pola rúa, polo que entramos para ver se coñeciamos a alguén e atopámonos con que saiamos nós", contou sobre como foi coñecedora da existencia dun vídeo sobre ela.
 
Polo que respecta ao contido do material audiovisual, a afectada explica que ela sae en saia e o seu movemento ao camiñar vese reducido a cámara súper lenta. Europa Press tivo acceso a este vídeo. "Son a única que sae en saia", indicou, xa que o resto de mozos aparecen en pantalón curto ou moi axustado.
 
"Véseme en diferentes posicións e mesmo tentou gravar por baixo; a min non se me ve a cara, só saio reflectida nun escaparate, pero ao meu noivo véselle a cara enteira", asegurou, e engadiu que "quedamos en 'shock' coa situación". Ademais, explicou que esta mesma versión é a que xa trasladou á Policía Nacional na denuncia que interpuxo na tarde deste mércores 10 de outubro.
 
En concreto, a gravación do vídeo produciuse durante a festividade do Apóstolo en Santiago de Compostela, "o día 23 de xullo", segundo precisou a vítima, que o sabía por fotografías que tiña no seu móbil correspondentes a ese mesmo día, coa mesma roupa e cos mesmos amigos.
 
"Na gravación (o home) está xusto pegado a min, e eu se alguén se me pon a gravar tan de preto doume conta; ademais a miña parella no vídeo sae mirando directamente á cámara, pero non se acorda de nada nin ten idea de nada", sinalou, e advertiu de que "poida que leva unha cámara espía, polo que nos dixo a Policía, moi pequena". Finalmente, a vítima quixo resaltar a Europa Press o feito de que a moitas das gravadas "si se lles pode apreciar a cara", mesmo "a menores" de idade.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

prisión para o elemento

alguns xa pediron medidas, alguns xa falaron claramente de perigos, outros rian, decían de esaxeracions e agora vemos que non, ha moitos dexenerados, un-ha cousa e un pouco de cachondeo e outra andar a perseguir menores de edade polas ruas... haber canto tempo o meten no presdio, seguro que xa esta na rua hoxe mesmo... outra xente por decir catro tonterías son perseguidos. non e un enfermo e un negociante un traficante de carne huma... teñen que darlle carcere e tratamento rectificador potente!!!- ha que modificar o elemento pernicioso!!!


Esta imaxe circulou polas redes sociais para denunciar a unha persoa que realizaba vídeos na rúa e os colgaba en páxinas pornográficas

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.