A valedora do Pobo, Milagros Otero, na Comisión de Peticións

Por que o TSXG veu indicios claros para anular a praza a dedo da irmá de Puy Fraga?

GC anticorrupción - 05 Xullo 2018

Relacións familiares, relacións de amistade e mesmo de mentor e discípula están detrás dun polémico nomeamento. Quen son os catedráticos Francisco de Paula Puy Muñoz e Jesús Martínez Girón e que relación hai entre eles e Milagros Otero?.

A valedora do Pobo, Milagros Otero, á súa chegada no Parlamento / Europa Press

A valedora do Pobo négase a dimitir polo caso de 'enchufismo' que protagonizou

GC anticorrupción - 05 Xullo 2018

Milagros Otero di sobre a petición de cesamento da oposición: "Non é prato de gusto".

Antonio Cacabelos, alcalde do Grove / FB DA

O alcalde do Grove di que foi o anterior goberno do PP o que contratou á empresa investigada por Anticorrupción

GC anticorrupción - 03 Xullo 2018

Ofrece "total disposición" á Xustiza e aclara que foi o anterior goberno local o que contratou á compañía que se investiga.

A valedora do Pobo, Milagros Otero. VALEDOR DO POBO - Archivo / Europa Press

A valedora comparecerá o xoves e o pleno debaterá o seu cesamento

GC anticorrupción - 03 Xullo 2018

A valedora do Pobo, Milagros Otero, comparecerá este xoves na Comisión de Peticións da Cámara galega e, ademais, tanto neste órgano como no pleno da semana próxima os grupos que conforman o hemiciclo galego debaterán sobre o cesamento da alta comisionada.

A valedora do pobo presenta o informe de actividade de 2017. / Europa Press - Archivo

Por que calan os grandes medios cando os enchufados son do PP e non doutros partidos?

GC anticorrupción - 02 Xullo 2018

La Voz, El Correo Gallego, La Región, El progreso levaron varias veces a titular o caso do enchufismo da "cuñada de Carmela Silva", pero silencian que a enchufada da valedora é a irmá do voceiro do PPdeG, Pedro Puy.

A valedora do Pobo, Milagros Otero / EP

O TSXG anulou unha praza que a Valedora do Pobo lle deu a dedo a unha irmá de Pedro Puy Fraga

GC anticorrupción - 30 Xuño 2018

A sentenza suliña que Milagros Otero cometeu "desvío de poder" e "arbitrariedade" ao designar a dedo a María Puy Fraga. O demandante alegou que se comenteron "groseiras infraccións do procedemento, que, ademais, denotan "unha manifesta desviación do poder".

Promoción inmobiliaria de Fadesa / diariovasco.es

Coñece cales son as principais empresas morosas de Galicia

GC anticorrupción - 29 Xuño 2018

A Axencia Tributaria volveu facer público o documento das compañías que teñen débedas con Facenda superiores ao millón de euros. Nos postos de cabeza seguen estando grupos inmobiliarios; Martinsa-Fadesa, con máis de 50 millóns e grupos vinculados con Mahía, con 28 millóns. Ademais estan outras firmas que deixaron na rúa a centos de traballadores, e tamén o ex ministro Rodrigo Rato ou o cantante Miguel Bosé.

Ambulancia do 061

Os empresarios que adaptaron ambulancias para o 061, investigados na causa aberta por prevaricación

GC anticorrupción - 24 Xuño 2018

A ex-directora asistencial do 061 tamén está chamada a comparecer como testemuña ante a xuíza que instrúe o caso.

Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa/ El País

A "pantasma" da relación co narcotráfico persegue a Feijóo no estranxeiro... e tamén en Madrid

GC anticorrupción - 13 Xuño 2018

Medios portugueses relacionan a incautación do libro Fariña co pasado do PP e algúns dos seus dirixentes, como o presidente galego, co narcotráfico nos anos 80 e 90. "Vexo que está nunha situación moi difícil porque alguén que pretende ser líder dun partido de poder na Unión Europea vai ter que explicar porque era amigo dun 'capo' do contrabando e do narcotráfico de Galicia", suliña Nacho Carretero.

Pablo Crespo e Correa no xuízo da Gürtel / ep

Un estudo critica a falta de "ética pública" entre os estudantes de Dereito pola "ideoloxía da corrupción"

GC anticorrupción - 08 Xuño 2018

Así o cre Christian Jacobs, investigador da Universidade de La Laguna, que adiantou datos sobre a tese na que está a traballar. "O problema, o que concluímos é que a formación universitaria ten falta deste tipo de educación no sentido de ética pública, de conciencia, de desenvolvemento moral, de valores, de moralidade", indicou.

Feijóo, após a reunión semanal do seu Goberno / Europa Press

Feijóo acata a sentenza na Gürtel contra o PP e o BNG pide a dimisión de Rajoy

GC anticorrupción - 24 Maio 2018

"Se o ex-tesoureiro acaba de ser condenado a bastantes anos de cárcere é que non foi exemplar e puido contaminar ao PP", reflexiona o presidente

Pablo Crespo e Correa no xuízo da Gürtel / ep

37 anos e medio de cárcere para Pablo Crespo, ex-secretario de organización do PP de Galicia

GC anticorrupción - 24 Maio 2018

A Audiencia Nacional condena tamén a Bárcenas e a súa muller, a Correa e ao Partido Popular polo caso 'Gürtel'.

Antonio Pensado, alcalde de Coristanco

Un xulgado acorda apertura de xuízo contra o ex-alcalde de Coristanco Antonio Pensado

GC anticorrupción - 10 Maio 2018

Fiscalía pide catro anos de prisión e penas de inhabilitación para o que fora rexedor do PP durante 24 anos.

Nidia Arévalo con Alfonso Rueda / comarcasnarede.com

O PP galego xustifica que dirixentes do partido falseen titulacións: “Xa deron as súas xustificacións”

GC anticorrupción - 19 Abril 2018

O líder do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, asegura que a súa número dous, Nídia Arévalo, xa retirou do seu currículo unha titulación falsa en Químicas que non tiña. Por iso mesmo dimitiu a pasada semana un deputado de Podemos.

Nidia Arévalo cun currículo falso / La Sexta

Cando a número 2 do PP de Pontevedra tiña unha licenciatura inexistente e non pasou nada

GC anticorrupción - 18 Abril 2018

A alcaldesa de Mos e voceira popular na Deputación de Pontevedra foi ata hai un ano “licenciada en Químicas”. Logo de que o grupo municipal de GañaMos desvelara que non tiña ninguna titulación, Arévalo despachouse a gusto con este grupo: “Eses non me chegan nin aos nocellos”. Por suposto, non dimitiu.

Documentación da comisión de caixas no Parlamento de Galicia / Europa Press

Que pasa para que a Comisión das antigas caixas estea paralizada no Parlamento galego?

GC anticorrupción - 17 Abril 2018

A oposición denuncia paralización da comisión das caixas. "É urxente un ditame para que algúns deixen de dicir cousas exactamente ao revés de como ocorreron", responde o PP.

Recreación da xuntanza que Albor mantivo con capos galegos en Portugal, con Marcial Dorado, á esquerda / Serie Fariña

Que relación tivo o ex-presidente Fernández Albor co narco Marcial Dorado?

GC anticorrupción - 11 Abril 2018

O ex deputado Anxo Guerreiro 'Geluco' alertaba xa en 1984 que os encontros entre políticos do PP e capos servían para “financiar” a este partido. Unhas acusacións que provocaron un enfrontamento entre a Xunta e o Goberno de Felipe González no que tivo que intermediar o entón vicepresidente galego, José Luis Barreiro, e o ministro do Interior de entón, José Barrionuevo.

Interior da biblioteca de Vedra / anpacpivedra.blogspot.com

As irregularidades nas contratacións do arquivo de Vedra chegan ao Parlamento

GC anticorrupción - 29 Marzo 2018

En Marea pide que se investigue a contratación dunha técnica que cobrou 7.500 euros por un traballo de catalogación que durou un mes.

Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon

A Audiencia de Lugo anula as investigacións de Pilar de Lara no Levante español pola 'Operación Pokémon'

GC anticorrupción - 29 Marzo 2018

Fóra de Galicia e de Asturias "non é competente", sostén, mentres rexeita o recurso dun exalcalde de Oviedo para acurtar a instrución.

Alberto Núñez Feijóo / Miguel Núñez

Feijóo insinúa que o PSOE o chantaxeou coas famosas fotos de Marcial Dorado

GC anticorrupción - 15 Marzo 2018

O presidente da Xunta asegura que un partido político o ameazou con facelas públicas nunha campaña electoral se "criticaba a determinados líderes dese partido". Non é a primeira vez que Feijóo dispara contra o PSOE con nomes e apelidos. Fíxoo en 2013 en varias ocasións. Este é o relato da suposta chantaxe socialista ao presidente da Xunta.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.