SOS Courel denuncia ante a Fiscalía á Xunta e ministerio por "corrupción forestal"

GC anticorrupción - 12 Marzo 2010

A Asociación SOS Courel presentou hoxe ante a Fiscalía de Medio Ambiente e Incendios do TSXG un escrito no que denucia a utilización de fondos públicos para atentar contra o patrimonio natural.

Piden a retirada do polígono do Monte Picuto por non cumprir a Lei do Solo

GC anticorrupción - 07 Marzo 2010

O colectivo veciñal 'Defende o Monte Picuto' deununcia que preto do 60% do polígono proxectado no monte Picuto (Marín) ten máis do dobre da pendente recomendada pola Xunta para a instalación de parques industriais.

Convenios por conveniencia

GC anticorrupción - 24 Febreiro 2010

Nova entrega sobre o urbanismo en Cambre.Desta vez sobre o convenio asinado polo promotor José Manuel Rodríguez Lodeiro e o alcalde deste concello, Antonio Varela Saavedra, sobre a edificabilidade duns terreos situados á beira da NVI.

O plan Feil de Cambre; cando a amizade non ten ética

GC anticorrupción - 10 Febreiro 2010

Seguimos coas reportaxes sobre o urbanismo en Cambre. Unha cuestión que comeza, agora, a formar parte da axenda mediática e política...Un dos puntos destacados da denuncia ante a fiscalía, fala das contratacións municipais.

División ante o novo PXOUM da coruña

GC anticorrupción - 07 Febreiro 2010

A Coruña discute estes días o Plan xeral de Ordenación Urbana e Municipal (PXOUM). O concello destaca as bondades da futura normativa, mentres que distintos colectivos se amosan moi críticos.

"Todos os homes do alcalde"

GC anticorrupción - 05 Febreiro 2010

Continuamos falando do urbanismo en Cambre. Desta volta sobre a resolución dun expediente urbanístico en menos de 24 horas. Este caso, igual que outros moitos, forman parte da denuncia presentada ante a Fiscalía por irregularidades urbanísticas neste concello coruñés.

Cambre, sitio distinto?

GC anticorrupción - 30 Xaneiro 2010

Tal e como prometemos, iniciamos os artigos sobre o urbanismo en Cambre... Nunha esquina da área metropolitana, este concello creceu rapidamente actuando como lugar de acollida de xente de moitos lugares. Tan próxima a Coruña, tan ben situada. O Mero, antes un gran río; a ría de Coruña, Ría Negra.

Cambre: corrupción local ou interese xeral?

GC anticorrupción - 28 Xaneiro 2010

Un dos principais denunciantes mediáticos das chanchulladas que se veñen facendo en Cambre relátanos porque este concello está sendo investigado pola Fiscalía. Esta é o primeiro artigo doutros moitos nos que relatará o que está acontecendo neste municipio.

Mobilización en Marín para salvar o Monte Pituco

GC anticorrupción - 26 Xaneiro 2010

Un polígono industrial ameaza o Monte Pituco, en Marín, no que se atopan catalogados numerosos xacimentos arqueolóxicos.

Anulan plans en Sanxenxo autorizados pola actual secretaria xeral de Urbanismo

GC anticorrupción - 15 Xaneiro 2010

Estes días os veciños de Sanxenxo volvemos a coñecer outra sentencia que anula o Plan parcial do SU 15, que é o parque empresarial de Sanxenxo. Foi impulsado polo ex alcalde Telmo Martín e aprobado pola ex xerente de urbanismo do concello e hoxe secretaria xeral de Urbanismo.

Denuncian intereses empresarias na defensa do Porto de Vigo

GC anticorrupción - 13 Xaneiro 2010

A Ría non se Vende ven de denunciar que os empresarios que convocaron unha rolda de prensa para pedir o levantamento da paralización das obras do porto de Vigo son membros do Consello de Administracción da Autoridade Portuaria.

O TSXG confirma ilegalidades urbanísticas en Tui

GC anticorrupción - 12 Xaneiro 2010

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de instar á Xunta a que cumpra cunha sentencia precedente que confirma a ilegalidade na construcción do edificio 'Beira do Miño', en Tui. A plataforma veciñal pide responsabilidades políticas ao concello por esta situación.

Trato de favor a Feijóo nun voo de Ryanair

GC anticorrupción - 04 Xaneiro 2010

O presidente da Xunta saltouse as colas de embarque e desembarque malia non ter pagado pola prioridade que dá dereito a estes atallos, segundo denuncian varios pasaxeiros do mesmo voo entre Santiago e Madrid.

As irregularidades dos SU13 e SU14 de Sanxenxo

GC anticorrupción - 23 Decembro 2009

Un dos nosos blogs colaboradores, cousasdesanxenxo, remitennos o primeiro informe para a sección GC Anticorrupción sobre a construcción de varios bloques de vivendas públicos, os SU13 e SU14, cuios promotores reclaman ao concello de Sanxenxo que lles sexan devoltos os cartos que pagaron por unha operación fallida.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.