O Museo Gaiás inaugura este venres a mostra 'Galicia Universal', con 200 obras de Lugrís, Castelao, Maside ou Laxeiro

Cultura - 12 Marzo 2018

A exposición percorre 200 anos de arte galega a través das coleccións de Abanca e Afundación

O grupo Mílson

O grupo de folk Mílson's promove a Ribeira Sacra como candidata a Patrimonio da Humanidade nun videoclip

Cultura - 11 Marzo 2018

Para o seu cantante principal, a gravación de 'Este vaise' pretende "recoñecer o labor dos adegueiros da famosa viticultura heroica"

Troula Medieval nas rúas de Monforte

Monforte, "indignada" coa Xunta por ningunear a súa Feira Medieval

Cultura - 09 Marzo 2018

A Xunta acaba de notificarlle ao concello que a súa festa grande non foi admitida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Tomé Roca, o rexedor, vincula a decisión cun castigo do PPdeG.

Aulas de infantil/  ciudadpeques.com

A loita pola igualdade e o non sexismo chega á literatura infantil

Cultura - 09 Marzo 2018

Convócase o primeiro premio de literatura infantil pola igualdade que ten como obxectivo promover a educación en igualdade.

Pleno extraordinario en Vigo sobre o Pergamiño Vindel / Europa Press

Caballero chama a mobilizarse para que a Morgan Library de Nova York devolva o Pergamiño Vindel a Vigo

Cultura - 07 Marzo 2018

O goberno vigués aproba en solitario pedir a adquisición do documento coas cantigas de Martín Códax logo da exposición na cidade e o seu regreso a Estados Unidos. PP e Marea ven a iniciativa como unha "rabecha" do alcalde, que acusa a oposición de estar "supeditada aos seus responsables políticos".

A comedia A leituga leva ao teatro a problemática dos coidados

Cultura - 06 Marzo 2018

A familia e as atencións que pide cando algúns membros non poden valerse por si mesmos é o argumento da comedia que a produtora Emedous levará aos escenarios esta primavera. Entre outros actuarán Antonio Durán Morris ou Mercedes Castro.

Cartel anunciador.

Monforte reforza a promoción da XVI Feira Medieval

Cultura - 06 Marzo 2018

O concello intensificará a difusión do evento á espera de que a Xunta de Galicia resolva a solicitude para ser declarada de Interese Turístico e celebrarase o 31 de marzo e 1 de abril.

Queres regueifar?

Cultura - 06 Marzo 2018

O concello de Ames abre este luns o período de participación para o Enreguéifate. Poderase participar nel ata o vindeiro 15 de abril.

Acto de despedida do Pergamiño Vindel / Europa Press

Galicia despídese do Pergamiño Vindel, berce da lingua galega

Cultura - 05 Marzo 2018

O Museo do Mar, en Vigo, acolleu o acto de despedida do manuscrito con sete 'cantigas de amigo' de Martín Códax, que regresa agora a Estados Unidos. Xunta e Universidade de Vigo, impulsora da exposición, cualifican de "éxito" a mostra.

Novos pósteres de Fariña / Europa Press

A produtora da serie 'Fariña' tacha de "barbaridade" a execución do secuestro do libro: "Agravou o problema"

Cultura - 05 Marzo 2018

O produtor executivo de Bambú Producións, Ramón Campos, tachou de "barbaridade" que o Xulgado número 7 de Collado Villalba executase o secuestro do libro 'Fariña', do xornalista Nacho Carretero. "Suponse que as medidas xudiciais están para solucionar os problemas, non para agravalos", afirmou.

Isabel Coixet en Europa  Press coa súa ilustración / Europa Press

A película de Isabel Coixet sobre o primeiro matrimonio de mulleres rodarase en Dumbría, Pontevedra, Santiago e A Coruña

Cultura - 05 Marzo 2018

A película que prepara a cineasta Isabel Coixet sobre a historia de amor entre Elisa e Marcela, o primeiro matrimonio de mulleres de España, rodarase nas localidades de Dumbría, Pontevedra, Santiago de Compostela e A Coruña.

Fariña, nueva serie de Antena 3, finaliza su rodaje

Xerais confía nunha "solución dende a liberdade de edición" para poder distribuír 'Fariña' en galego

Cultura - 05 Marzo 2018

Manuel Bragado confía en que os lectores interesados poidan, finalmente, ler o libro.

Cartel del Mareira Fest 2018 / Europa Press

Justin Broadrick, líder dos históricos Godflesh, encabeza o Mareira Fest na Coruña con data única na Península

Cultura - 04 Marzo 2018

O evento aúna arte, audiovisual e máis de 10 horas de música ininterrompida cunha filosofía clara: ofrecer un espazo creativo constante

O gaiteiro Antón Varela, Tonecho / ferrol360

Ferrol homenaxea a Tonecho

Cultura - 04 Marzo 2018

O Teatro Jofre de Ferrol acolle este acto para honrar a memoria do músico Antón Varela o vindeiro 11 de marzo. Participarán moitos artistas galegos cos que compartiu amizade, como Carlos Núñez, Carlos Beceiro (La Musgaña), Óscar Fernández (Os Cempés), e bandas como Os Raparigos, Os Cempés e o Real Coro Toxos e Flores.

Dhogs / Europa Press

'Dhogs' triunfa con 13 galardóns nos Premios Mestre Mateo

Cultura - 04 Marzo 2018

A película 'Dhogs' conquistou 13 galardóns nos Premios Mestre Mateo celebrados na noite do sábado na Coruña, á vez que se converteu na produción máis votada na historia destes galardóns que concede a Academia Galega do Audiovisual.

O Conselleiro De Educacion Roman Rodriguez Gonzalez Na Casa De Uxio Novoneyr / Europa Press

Publican a edición máis completa de 'Os Eidos' de Novoneyra, "un libro milagre da literatura galega"

Cultura - 03 Marzo 2018

Biblioteca de Mesopotamia --selo comunal de Chan da Pólvora Editora para Ribeira Sacra, O Incio e O Courel-- publicou a edición máis completa de 'Os Eidos' (1955), de Uxío Novoneyra (1930-1999).

Museo Carlos Maside, situado en Cerámicas ou Castro, Sada / Europa Press

A Xunta inicia os trámites para declarar BIC o Museo Carlos Maside

Cultura - 03 Marzo 2018

O Concello de Sada móstrase "satisfeito" polo traballo realizado para a posta en valor deste edificio e do seu patrimonio

Pantalla que estivo no Entroido 2017

Un Entroido galego en Catalunya. E por que non?

Cultura - 03 Marzo 2018

A entidade cultural alternativa Asemblea Cultural Galega de Barcelona, aglutinadora de persoas e colectivos vencellados ás identidades galega e catalá e con visión de esquerdas, organiza un entroido en Catalunya.

Zakk Wylde, líder de Black Label Society, a la izquierda / Europa Press

O líder de Black Label Society, que presenta disco o día 11 en Santiago: "Somos como McDonald's, coherentes"

Cultura - 03 Marzo 2018

Zakk Wylde, un dos guitarristas do hard rock máis influentes, asegura que "haberá moito baile, esqueletos e maquillaxe" no concerto

Teatro Principal en Santiago de Compostela / Concello de Santiago

O Teatro Principal de Santiago acollerá os Premios Gala do Libro Galego 2018

Cultura - 02 Marzo 2018

A cerimonia celebrarase o sábado 19 de maio de 2018 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se darán a coñecer as obras gañadoras.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.