Nenos nunha protesta de Queremos Galego / Wsobchak

Nace unha revista de sociolingüística para o ensino

Cultura - 17 Decembro 2012

A letra miúda está editada pola Coordinadora Galega de ENDL, unha publicación dixital dirixida ao profesorado dos centros de ensino non universitario.

O Apalpador

A figura do Apalpador, protagonista das actividades de nadal da rede museística

Cultura - 17 Decembro 2012

Obradoiros, contos, maxia, cine e música encherán os catro museos da Rede dende o 17 de decembro ata o 4 de xaneiro

Juan Castro-Cruz

O coruñés Juan Castro-Cruz presenta no Old School Bar a súa primeira novela

Cultura - 15 Decembro 2012

Ediciones Hades, editorial castellonense, deixouse seducir por esta historia sobre a nostalxia, a perda e as lembranzas. Álbum de imaxes no interior.

A actriz galega María Casares

Por que non ten Galicia un Día das Artes Galegas?

Cultura - 15 Decembro 2012

O colectivo A Nave das Ideas reivindica un día propio para as artes cunha homenaxe a María Casares. Impulsan un manifesto asinado por Manuel Rivas, Abe Rábade, Iolanda Zúñiga, Francisco Leiro, Luís Iglesia Besteiro, Ángel de la Cruz, Gonzalo Vázquez ou Manuel Caamaño, entre outros.

Tonhito de Poi a dúo con Fran. Foto de  David Alonso Cortizo

Crónica e entrevista exclusiva a Heredeiros da Crus

Cultura - 15 Decembro 2012

Tras o concerto que deron o xoves en Vigo farán un novo parón para preparar o seu próximo disco. Entrevista de Pablo Montaña e fotos de David Alonso Cortizo.

Ruta do Ribeiro

Adegas do Ribeiro coa distinción “Q” Calidade Turística

Cultura - 15 Decembro 2012

O Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE), Entidade de Certificación de Sistemas de Calidade para Empresas Turísticas acaba de conceder a distinción “Q” Calidad Turística ás adegas da Ruta do Viño do Ribeiro.

O noso vende

Campaña de galeguización do comercio "O noso vende" 2012

Cultura - 15 Decembro 2012

A campaña de dinamización do comercio local, O NOSO VENDE, iniciada en decembro de 2011, continúa este ano cunha nova actuación, aproveitando o incremento da actividade comercial coa chegada do Nadal

Unha das viñetas do cómic

A Historia nun cómic

Cultura - 14 Decembro 2012

Manel Cráneo historia en debuxo a vida dos habitantes da Torre dos Mouros, en Lira, hai mil anos.

portada

Presentación no Marco da obra 'Arte: diccionario ilustrado'

Cultura - 14 Decembro 2012

Terá lugar este venres 14 de decembro, ás 20.00, no salón de actos do Marco.

Roy e Transilvanians

O mítico Roy Ellis actuará xunto aos vigueses Transilvanians

Cultura - 14 Decembro 2012

Roy Ellis aka Mr. Symarip (Jamaica) e Transilvanians (Galiza) actuarán o 20 de decembro na Sala Infierno (Rúa Urzáiz 1/Interior, Vigo) ás 22:30. Aforo Limitado.

portada

"Ponte", de "Ponte...nas ondas", algo máis que un libro+CD+DVD

Cultura - 14 Decembro 2012

Na Ponte é un traballo colectivo que Ponte...nas ondas! edita cando se van cumprir 20 anos da súa existencia. Unha experiencia inédita que alcanzou importantes éxitos nos diferentes ámbitos da súa actuación.

Sopas frías e quentes

Premiadas dúas obras gastronómicas de Baía Edicións

Cultura - 14 Decembro 2012

"Os cogomelos na cociña" e "Sopas frías e quentes" premiadas en Gourmand World Coobook Awards 2012

Concerto de música de API UIZ no Liceo Mutante de Pontevedra / David Tombilla Flickr

Polémica polo peche dun local cultural en Pontevedra

Cultura - 13 Decembro 2012

Un dos principais motores culturais da cidade, a Asociación Cultural Liceo Mutante de Pontevedra recibiu unha orde de cese de actividade musical malia non ter ningunha denuncia.

Queixo xigante

O tamaño si importa...se falamos de queixos

Cultura - 13 Decembro 2012

Queixos Hipólito comezou a comercializar pezas de 50 Kgs con grande éxito. Trátase de lácteos 100% galegos elaborados artesanalmente e que se venden en diferentes supermercados de Galicia. O que comezou como un simple punto de atención nos expositores das tendas, converteuse nunha produción continua debido á alta demanda.

portada

Presentación da Axenda Feminista 2013 dedicada ás escritoras galegas

Cultura - 13 Decembro 2012

O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta en Compostela a Axenda Feminista 2013 dedicada ás escritoras galegas. Será na libraría feminista Lila de Lilith, o venres 14 de decembro ás 20:30h, e estarán Begoña Caamaño, Aurora Marco e Carmen Blanco.

Presentación do libro "Cambados", co autor Eduardo Baamonde

Cultura - 12 Decembro 2012

Trátase dun caderno de acuarelas que retrata algúns dos espazos máis emblemáticos desta vila. A presentación da obra terá este xoves 13 ás 20:00h no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados.

Videoclip

O LAV013 abre a inscrición en dez cursos de formación audiovisual

Cultura - 12 Decembro 2012

A inscrición no Laboratorio Audiovisual de Vedra está aberta ata o día 1 de febreiro; a matrícula formalízase on line a través da páxina web da asociación: www.senunpeso.org. Ofértanse en total 150 prazas para dez cursos que se desenvolverán na fin de semana do 16 e 17 de febreiro

De esquerda a dereita, Valentín García, Ramón Villares, Henrique Monteagudo e Rosario Álvarez /USC

Celebrando 30 anos de normas do galego

Cultura - 12 Decembro 2012

En 2012 cúmprense trinta anos da publicación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG) elaboradas por unha comisión mixta do Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) e a Real Academia Galega. Trinta anos despois o ILG dedica o seu simposio anual, en colaboración co Consello da Cultura Galega, a “revisar o camiño percorrido, reconsiderar algunhas cuestións, tirar ensinamentos e facer un balance cara ao futuro”, como sinalan os seus promotores.

Verónica Martínez/ aelg.org-Autoría: Moisés López Caeiro (2007)

Por que o chaman amor cando queren dicir sexo?

Cultura - 12 Decembro 2012

Verónica Martínez artella en Lusocuria un poemario no que a palabra, o concepto do amor é ben difícil de atopar e no que se fala abertamente de sexo sen que se confunda, precisamente, co amor. Crítica de Xosé Manuel Eyré.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.