Jacobo Rial, árbitro da Liga ACB.

"A miña nai foi a culpable de que me adicase a isto"

Deportes - 22 Agosto 2013

"A peor experiencia foi saír de Chantada coa Garda Civil", conta o compostelán Jacobo Rial, árbitro da Liga Endesa, quen nos achega ao mundo da arbitraxe profesional.

Pantín, unha nova cita coas estrelas do surf en Galicia

Deportes - 21 Agosto 2013

O areal de Valdoviño acolle do 27 de agosto ao 1 de setembro a única proba do campionato mundial no Estado español. Ata 200 deportistas visitarán Ferroltera.

Álex López marca o primeiro gol do Celta. / Diego Pérez.

O Celta deixa escapar a vitoria na estrea

Deportes - 20 Agosto 2013

Os de Luis Enrique adiantáronse 2-0 con goles de Álex López e Charles, pero o Espanyol acadou o empate a 15 minutos do final. Actos para festexar o 90 aniversario do club.

Os xogadores do Celta, tras gañar o Southampton o Memorial Quinocho.

En Primeira con 90 anos

Deportes - 19 Agosto 2013

O Celta de Luis Enrique principia a Liga fronte ao Espanyol ás 22.00 horas e antes do partido o club festexará o aniversario da súa fundación en 1923.

O Compostela imponse na Copa Deputación

Deportes - 18 Agosto 2013

A 'Esedé' venceu gracias aos goles de Jordan e Manu, aínda que o Somozas plantou cara e puido forzar os penaltis.

Álex Marque, no podio da Volta.

Galicia manda en Portugal

Deportes - 18 Agosto 2013

O ciclista estradense Álex Marque gaña a 75ª Volta do país veciño e sucede ao compostelán David Blanco. O ciclismo galego gañou seis das oito últimas edicións.

Un partido entre o Lugo e o Numancia anterior..

Lugo e Numancia erran no seu deber co gol

Deportes - 18 Agosto 2013

O conxunto albivermello asinou un empate a ceros no inicio do novo curso. O dominio e as ocasións dos de Quique Setién non foron dabondo para romper a igualada.

Culio disputa o balón co ex-deportivista Valerón.

A mellor estrea posible do Dépor

Deportes - 17 Agosto 2013

Os de Fernando Vázquez gañan 0-1 ao As Palmas de Valerón no primeiro partido de Liga grazas a un gol do canteirán Pablo Insua no minuto 49. O portugués Bruno Gama xoga o seu último partido co Deportivo. A segunda xornada, o vindeiro sábado ás 19.00 horas en Riazor fronte ao Córdoba.

Álex Marque, virtual gañador da Volta a Portugal

Deportes - 17 Agosto 2013

O ciclista estradense gaña a proba contra o reloxo e aventaxa en catro segundos ao seu compañeiro de equipo, o arousano Gustavo César Veloso.

Compos e Celta xogarán o partido de homenaxe ás vítimas do accidente de tren en Santiago e ás persoas que colaboraron no rescate

Compos e Celta homenaxerán as vítimas do accidente de tren

Deportes - 13 Agosto 2013

Composteláns e vigueses xogarán en Santiago un partido amistoso o próximo 4 de setembro para render tamén tributo aos cidadáns de Angrois e os profesionais que participaron no rescate das vítimas.

Aurteneche, un lateral esquerdo para Luis Enrique

Deportes - 13 Agosto 2013

O xogador chega cedido un ano polo Athletic tras ser descartado por Valverde e suplirá a baixa de Roberto Lago.

O Compos segue sumando

Deportes - 10 Agosto 2013

Jesús Varela, que militou en ata seis equipos e conta con ampla experiencia en Segunda B, reforza a defensa de Fredi.

Alessandra Aguilar, a maratoniana luguesa.

Alessandra Aguilar, un maratón de récord

Deportes - 10 Agosto 2013

A maratoniana lucense acada a quinta posición no Campionato Mundial de Moscova, o mellor resultado da historia dunha atleta española.

Participantes na primeira edición no 2012.

Os amigos de Ezequiel volven aos Ancares

Deportes - 09 Agosto 2013

Ata 160 participantes disputarán este sábado a segunda edición do 'Desafío Pan do Zarco' polas montañas lucenses. A saída, ás 12.30 horas de Becerreá.

Entrada a canastra de Xanthopoulos.

O Obra xa ten temón

Deportes - 08 Agosto 2013

O Blusens Monbus anuncia a fichaxe do internacional grego Vasilis Xanthopoulos e pecha o seu xogo exterior. Só falla un pivote para completar o equipo.

Derbi Coruxo-Ourense da pasada tempada. / coruxofc.com

Asturias, Cantabria, Castela e León e A Rioxa, no grupo galego de 2ªB

Deportes - 07 Agosto 2013

A primeira xornada deixa o primeiro derbi entre Ourense e Compostela, haberá un dobre enfrontamento entre vigueses e rioxanos e o Racing viaxará a Cantabria.

Partido de fútbol gaélico da liga galega.

Lorient acolle a estrea internacional da Selección Galega de fútbol gaélico

Deportes - 06 Agosto 2013

Dezaoito xogadores viaxan a Armórica para participar o domingo 11 nun amigable contra a Selección Bretona no marco do Festival Intercéltico. Tres coruñesas, na Selección Europea.

Dani Mallo, na súa etapa no Girona.

Dani Mallo denunciará a quen o relacione co amaño de partidos

Deportes - 05 Agosto 2013

O porteiro coruñés do Lugo, sendo capitán do Girona, recibiu unha chamada de Xerez ofrecendo deixarse perder por 120.000 euros, feito que denunciou ao seu club.

Rafinha, rodeado de tres xogadores do Southampton. / Diego Pérez

O Celta gaña o Memorial Quinocho nos penaltis

Deportes - 04 Agosto 2013

Presentación do proxecto de Luis Enrique ante dez mil afeccionados en Balaídos. Fontás, Nolito, Charles e Rafinha, as catro fichaxes deste ano, saíron de inicio fronte ao Southampton inglés.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.