Entrada a canastra de Xanthopoulos.

O Obra xa ten temón

Deportes - 08 Agosto 2013

O Blusens Monbus anuncia a fichaxe do internacional grego Vasilis Xanthopoulos e pecha o seu xogo exterior. Só falla un pivote para completar o equipo.

Derbi Coruxo-Ourense da pasada tempada. / coruxofc.com

Asturias, Cantabria, Castela e León e A Rioxa, no grupo galego de 2ªB

Deportes - 07 Agosto 2013

A primeira xornada deixa o primeiro derbi entre Ourense e Compostela, haberá un dobre enfrontamento entre vigueses e rioxanos e o Racing viaxará a Cantabria.

Partido de fútbol gaélico da liga galega.

Lorient acolle a estrea internacional da Selección Galega de fútbol gaélico

Deportes - 06 Agosto 2013

Dezaoito xogadores viaxan a Armórica para participar o domingo 11 nun amigable contra a Selección Bretona no marco do Festival Intercéltico. Tres coruñesas, na Selección Europea.

Dani Mallo, na súa etapa no Girona.

Dani Mallo denunciará a quen o relacione co amaño de partidos

Deportes - 05 Agosto 2013

O porteiro coruñés do Lugo, sendo capitán do Girona, recibiu unha chamada de Xerez ofrecendo deixarse perder por 120.000 euros, feito que denunciou ao seu club.

Rafinha, rodeado de tres xogadores do Southampton. / Diego Pérez

O Celta gaña o Memorial Quinocho nos penaltis

Deportes - 04 Agosto 2013

Presentación do proxecto de Luis Enrique ante dez mil afeccionados en Balaídos. Fontás, Nolito, Charles e Rafinha, as catro fichaxes deste ano, saíron de inicio fronte ao Southampton inglés.

Augusto César Lendoiro, presidente do Deportivo.

Lendoiro abre a porta a súa saída do Deportivo

Deportes - 03 Agosto 2013

"Estamos decididos a marcharnos", di o presidente branquiazul, que tras 25 anos no cargo cre chegado o momento de deixalo. Aínda así, avisa de que as decisións as teñen que tomar os accionistas.

O novo pivote do Obra, Mike Muscala.

O Obra xa ten o seu center

Deportes - 02 Agosto 2013

Mike Muscala, un 2,11 de 22 anos e número 44 do draft, chega a Santiago para facer esquecer a Salah Mejri.

Hugo Mallo, co polémico cartel no último derbi.

A Hugo Mallo gústanlle os derbis galegos

Deportes - 02 Agosto 2013

O lateral celeste, que protagonizou o último derbi galego, celebra que o Dépor se salvase. Os xogadores deportivistas suliñan que se é "polos bancos, Facenda e os administradores concursais, o club estaría en 2ªB".

César Augusto Lendoiro/ riazor.org

O Dépor acada a salvación

Deportes - 31 Xullo 2013

Acordo no último instante entre club, AFE e LFP. Os xogadores retiran as denuncias tras desbloquear o xuíz os cartos. O Deportivo seguirá en Segunda pero queda aínda pendente o acordo do concurso.

Concentración dos siareiros do Dépor na Praza de Pontevedra da Coruña/ U.C.

Mobilización cidadá na Coruña baixo o lema #ODeporsomosnós

Deportes - 31 Xullo 2013

Concentración branquiazul diante das oficinas do Deportivo para apoiar ao club.

Joselu celebra un gol co Compos. / sdcompostela.com

Tres fichaxes máis para o Compos

Deportes - 31 Xullo 2013

O club quere organizar un torneo con Dépor e Celta en solidariedade coas vítimas do accidente de Angrois. Os santiagueses, últimos en principiar os adestramentos para a tempada 2013-14, na que regresan a 2ªB.

Augusto César Lendoiro, presidente do Deportivo.

Reunión para salvar o Dépor

Deportes - 30 Xullo 2013

Lendoiro rexeita o convenio proposto polos principais acredores sobre os 156 millóns de débeda. O xuíz mercantil reúne a todos os implicados e advirte á LFP sobre as posibles medidas que adopte contra o club. O futuro do Deportivo, en perigo se non hai un pacto en horas.

Os xogadores do Galícia festexan o título. / Beto Boullosa

Rexurde a samba do Galícia

Deportes - 29 Xullo 2013

O equipo de fútbol brasileiro fundado por emigrantes galegos en Salvador de Baía en 1933 gaña o Campionato baiano de Segunda División e regresa a Primeira 15 anos despois.

O novo Lugo xa carbura

Deportes - 28 Xullo 2013

Os de Quique Setién leváronse o LX Trofeo Enma Cuervo de Ribadeo ó imporse por 2 a 1 ó Sporting de Xixón.

O coche de Raikkonen coa bandeira galega.

Raikkonen e Grosjean 'fichan' por Galicia

Deportes - 26 Xullo 2013

A escudería Lotus, propiedade do empresario de orixe lucense Gerard López, levará nos seus coches no Gran Premio de Hungría a bandeira galega en solidariedade coas vítimas.

Tres alpinistas da expedición no Himalaya. / abelalonso.blogspot.com.es

Dan por morto ao alpinista vigués Abel Alonso, desaparecido na Himalaia

Deportes - 24 Xullo 2013

Os equipos de rescate abandonan a busca dos tres montañeiros no Gasherbrum paquistaní tralo último voo de recoñecemento do helicóptero.

Imaxe do Santiago Futsal-Pinocho.

O Santiago Futsal cae nas semifinais do Mundialito

Deportes - 23 Xullo 2013

Os composteláns perderon 3-2 co Misr LelMakasa exipcio a pesar de adiantarse no marcador no minuto sete. Xogará polo terceiro posto contra o MNK Alumnus.

O presidente Lendoiro co central Kaká. / canaldeportivo

Lendoiro asume a posibilidade de sufrir un descenso administrativo

Deportes - 23 Xullo 2013

O Dépor só pode abonarlle aos xogadores o contrato dende o 10 de xaneiro, cando solicitou o concurso de acredores, pero podería sufrir un descenso administrativo por non pagar o resto da débeda.

Gerardo

Luis Enrique fica en Vigo

Deportes - 23 Xullo 2013

O FC Barcelona decántase polo arxentino ‘Tata’ Martino e o Celta respira aliviado despois de tres días nos que o adestrador asturiano semellaba o favorito.

Lendoiro e Florentino Pérez, xuntos no palco.

O Real Madrid xogará de balde o Teresa Herrera

Deportes - 21 Xullo 2013

Lendoiro anuncia que o Deportivo enfrontarase ao equipo branco no torneo estival o 29 de agosto e agradece a Florentino Pérez "o agasallo".

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.