Os xogadores do Celta celebran a vitoria.

O Celta gaña na prórroga a Liga de Fútbol Indoor

Deportes - 29 Xuño 2013

Jacobo Campos, con dous goles na prórroga, converteuse no heroe da remontada na final fronte ao Valladolid. Os célticos eliminaran antes a Dépor, Real Madrid e Porto.

Os xogadores do Celta B, no aeroporto de Madrid-Barajas.

Último chanzo cara a 2ªB

Deportes - 28 Xuño 2013

Fabril e Compos viaxan cunha vantaxe de dous goles, mentres que o Celta B necesita mellorar o 0-0 de Barreiro. Bertamiráns, Laracha e Portonovo, pendentes dos resultados.

Campo de El Palo, o Novo San Ignacio.

O Fabril pide protección policial para viaxar a Málaga

Deportes - 27 Xuño 2013

O Deportivo desprazará co filial ao director de seguridade despois das refregas fronte a El Palo en Riazor no partido de ida, que rematou 4-2.

Fontes do Sar anima ao Obra.

Non do Obradoiro á Eurochallenge

Deportes - 26 Xuño 2013

O club compostelán renuncia a xogar a terceira competición europea, á que fora convidado pola FIBA, polas limitacións económicas. Rebaixará o orzamento máis dun 15% na tempada 2013/14.

Fernando Vázquez, co alcalde de Monforte, no campo de fútbol. / monfortedelemos.es

O Dépor troca Terra Chá pola Ribeira Sacra

Deportes - 26 Xuño 2013

Os xogadores de Fernando Vázquez adestrarán do 15 ao 25 de xullo en Monforte e aloxaranse no Balneario de Augas Santas en Ferreira de Pantón.

Iago Aspas celebra un gol co Celta.

Aspas despídese de Vigo con bágoas

Deportes - 25 Xuño 2013

O dianteiro de Moaña, a piques de cumprir 26 anos, agarda que a súa fichaxe polo Liverpool lle axude a ser internacional coa selección española.

Luis Enrique, co presidente Mouriño e Torrecilla.

O Celta renova a Bermejo malia a súa lesión

Deportes - 23 Xuño 2013

O Real Club Celta pechou a renovación de dous dos seus xogadores, o dianteiro Mario Bermejo e o lateral zurdo Carlos Bellvís, en ambos os dous casos por unha tempada con outra opcional. Os dous futbolistas celestes estarán, pois, ás ordes de Luis Enrique na campaña 2013/2014.

Celta B e Arenas loitan por un balón dividido. / Diego Pérez

O Fabril gaña 4-2 e achégase ao ascenso

Deportes - 23 Xuño 2013

O Celta B non pasa do empate en Barreiro ante un Arenas Club con moito oficio, e xogarase o ascenso en Getxo.

Embarcación da Esteirana (Muros). / LGT

Todo listo para a Liga Galega de Traiñeiras

Deportes - 23 Xuño 2013

Santiago acolleu a presentación da edición de 2013, na que estiveron os 17 equipos masculinos coas súas embarcacións. A competición, coa novidade dunha liga feminina, principiará o 6 de xullo en Sanxenxo.

Manu Rodríguez marca o primeiro gol. /@SD_Compostela

O Compostela defenderá un 2-0 en Cieza

Deportes - 22 Xuño 2013

Dous goles de Manu Rodríguez e Yahvé dan vantaxe aos composteláns para a volta o domingo 30 en Murcia.

O Lugo xa é SAD

Deportes - 22 Xuño 2013

A asamblea constituínte aproba a conversión do equipo lucense en Sociedade Anónima Deportiva tras xuntar os tres millóns de capital social.

Pontevedra acolle o sábado a xornada final da Liga de fútbol gaélico

Deportes - 20 Xuño 2013

O campionato galego decídese na última fin de semana, que servirá para dar a benvida ao recen creado Pontevedra Fútbol Gaélico.

Olazábal 'rouba' a David Cal e Gómez Noya o premio Príncipe de Asturias

Deportes - 19 Xuño 2013

O piragüista pontevedrés e o triatleta ferrolán chegaron á ultima votación do premio de Deportes na edición de 2013.

Luis Enrique, co presidente Mouriño e Torrecilla.

Luis Enrique xa exerce

Deportes - 18 Xuño 2013

O asturiano foi presentado en Balaídos como adestrador do Celta para as próximas dúas tempadas, coa intención de artellar un proxecto de canteira.

Un momento do encontro entre o Compostela e o Celta B/ SD-Compostela.blogspot.com

Últimos rivais dos equipos galegos para ascender a 2ªB

Deportes - 17 Xuño 2013

Deportivo B-El Palo, Compostela-Cieza e Celta B-Arenas son os emparellamentos definitivos. Os tres equipos xogarán primeiro na casa e o decisivo, a domicilio.

Un momento do encontro entre o Compostela e o Celta B/ SD-Compostela.blogspot.com

Fabril e Celta B súmanse ao Compos e xogarán a final polo ascenso a 2ªB

Deportes - 16 Xuño 2013

Os dous filiales, os coruñeses con máis sufrimento, manteñen a vantaxe do 2-0 da ida e pasan á terceira e derradeira eliminatoria. O sorteo, este luns.

O Liceo celebra un gol.

O Liceo gaña a Liga vinte anos despois

Deportes - 15 Xuño 2013

Os coruñeses vencen 3-4 en Lleida cun gol de Josep Lamas a falta de 3'30 minutos e acadan o sétimo título da súa historia. O equipo de hóckey a patíns será recibido no concello.

O Compostela, a só un chanzo da 2ªB

Deportes - 15 Xuño 2013

Os santiagueses empatan 1-1 en Navarra contra a AD San Juan tras o 3-0 da ida e agardan xa rival para a final da loita polo ascenso. Douscentos seareiros desplazáronse ata Navarra.

Camisetas do Lugo e Celta para a tempada 2013/2014.

As novas camisetas de Celta e Lugo evocan o espírito de 'Nunca Máis'

Deportes - 13 Xuño 2013

Ambos os dous equipos coinciden nas cores celeste e negra para o segundo equipamento dos vigueses e o terceiro dos lugueses. Seareiros de ambos os dous clubes identifican as novas camisetas coa bandeira de 'Nunca Máis'.

O Lugo será Sociedade Anónima Deportiva o día 22

Deportes - 13 Xuño 2013

O presidente José Bouso garante que o club lucense, ao que só lle faltan 105.000 euros, acadará os 3,03 millóns de capital social necesarios.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.