Un clube de segunda B

Deportes - 07 Febreiro 2005

No Pontevedra xa asumen que son un clube de segunda B. A pesares dos 3.500 espectadores que foron a Pasarón, o equipo non logrou pasar do empate co colista. Houbo algún que otro reproche ó presidente, Mirón, polo de gastar os cartos en catro fichaxes que pouco aportaron ó equipo. A afección comeza a estar máis preocupada polo inminente cambio do escudo da entidade granate que polos resultados do Pontevedra.

O Racing apunta algo

Deportes - 07 Febreiro 2005

Os catro goles que lle endosou Mario Bermejo ó Almería van dar moito que falar. O dianteiro ferrolán é xa o máximo goleador da segunda división e comeza a gañar enteiros no mercado futbolístico. O cadro que dirixe Juan Veiga está noveno na Liga pero só a sete puntos do ascenso. Por iso, trala victoria aplastante de onte en Almería, ademáis cun home menos, os xogadores están convencidos (e o seu adestrador tamén) que poden aspirar a máis e non descartan poñer como obxectivo o ascenso.

Moncho teme a marcha de Bell

Deportes - 07 Febreiro 2005

Logo da exhibición protagonizada por Charlie Bell no encontro entre o Leche Río Breogán e o Pamesa Valencia, o adestrador do clube galego, Moncho López, teme que comecen as puxas polo xogador norteamericano, tralo seu magnífico partido do sábado. Bell estaba sendo seguido por duas seleccións grandes e a fazaña de superar os 40 puntos, logo de tres anos sin que ningúen o teña feito, vai contribuir a que aumente o interese por él. O partido do outro día deixanos tamén para a historia o duelo entre Bell (40 puntos) e Rakocevic (30), os máximos realizadores da liga. Todo un partido da NBA...

Coloccini e Lucho González, ó Depor

Deportes - 31 Xaneiro 2005

O empate do Depor en Pamplona sabe a moito, sobre todo porque os da Coruña mereceron a derrota polo mal xogo desplegado ante o Osasuna. Os poucos afecioados que se trasladaron a El Sadar non dubidaron en asubiar a Irureta.

Un xesto para Giovanella

Deportes - 31 Xaneiro 2005

O triunfo do Celta ante o Almería deu un respiro a Vázquez e os xogadores. A pesar de ir quintos na táboa, están a tres do ascenso e dous do primeiro. Pero o xogo segue sen convencer á afeción, que cada vez vai con menos asiduidade a Balaídos. O xesto da xornada foi o que lle adicaron todos os xogadores ó seu compañeiro Giovanella, incluido o gol marcado por Gustavo López. No clube aínda non se explican que puido pasar para o positivo do xogador brasileiro e só o explican por fallos na análese.

Nin Argibay consigue a miragre

Deportes - 30 Xaneiro 2005

Quen non levanta cabeza é o Pontevedra, que volveu perder con Argibay no banquillo. A pesar de estar acompañados por 700 afecionados en Salamanca, os granates non cumpriron a regra de adestrador novo: victoria. Argibay veu coa intención de facer fichaxes no mercado de inverno, sobre todo en defensa e medio centro que é donde máis pincha o equipo e trae a Alves, DÁmico e Reyes, pero parte da directiva do clube non quere gastar agora moito diñeiro para baixar, despois, a 2B. Cren que así van perder máis, porque, se baixan, os canabales, changuis ou jose manueles non xogarán nesta categoria.

O aviso de Lendoiro surtiu efecto

Deportes - 24 Xaneiro 2005

O presi do Depor avisou ó longo da pasada semana; ou o equipo reaccionaba ou ía a tomar "serias medidas". O primeiro "avisado" foi Jabo Irureta e o segundo, os xogadores, especialmente ese grupiño que lle fai o vacío ó adestrador. Os catro goles van servir para aplacar o cabreo da Presidencia do clube, pero a vixiancia vai continuar. O míster xa lle fixo saber a Lendoiro que necesitan un revulsivo. Ese revulsivo pode levar o nome de Coloccini.

Novo míster á rúa

Deportes - 24 Xaneiro 2005

O Pontevedra afundese máis nos últimos postos da táboa de segunda a pesares do ánimo da afeción. Foron catro os autobuses que viaxaron a Salamanca para animar o equipo pero os granate viñeron de baldeiro para casa. O presidente Nino Mirón baralla a posibilidade de darlle un revulsivo ó equipo coa fichaxe dun novo entrenador. Xa dispón dos 80 millóns de euros que lle fan falla para destituir ó adestrador Aurelio Gay. O problema é que aínda non atopou sustituto.

O céspede xa non é excusa

Deportes - 24 Xaneiro 2005

No Celta xa non saben cal é o remedio que necesitan con urxencia para que o equipo non se afunda máis nesas posicións das que lle vai ser moi difícil sair se quere volver á Primeira División. Oubiña xa o dixo ben claro ó remate do partido; "desta vez o céspede non deu problemas". Horacio Goméz, presidente do equipo, seguiu con preocupación o choque contra o Lleida. Non se descarta unha nova "charla" co míster para buscar solucións; unha das que máis urxe é contratar con urxencia un dianteiro para sustituir o lesionado Juan Sánchez.

O céspede de Balaídos

Deportes - 18 Xaneiro 2005

No Celta tampouco gañan para disgustos. Boa parte dos xogadores criticaron na última xuntanza que tiveron con Fernándo Vázquez a situación do estado do céspede de Balaidos. É un segredo a voces manifestado polos xogadores, tanto en público como en privado. Houbo quen, como Oubiña, propuxo ó técnico ir a xogar ó estadio de Barreiros. Pero non só Oubiña protestou... Sergio, Nagore ou Canobbio tamén criticaron a situación na que se atopa o estadio. A directiva celeste xa prometeu que tentaría solucionar o problema canto antes e contratou a dous técnicos agrarios para poñer remedio a situación.

Irureta respira mal

Deportes - 18 Xaneiro 2005

O adestrador do Depor está no punto de mira da directiva do clube, de boa parte da afición e, sobor de todo, dos xogadores. Nos vestiarios de Riazor xa hai un "grupo" que lle está facendo o "vacío" ó míster. Un bo expoñente deste sentimento é Pandiani, quen onte mesmo, dixoo ben alto e claro ós medios de comunicación.

Fraga non quere unha selección galega

Deportes - 29 Decembro 2004

Selección galega

Deportes - 17 Decembro 2004

Siareiros Galegos é un grupo de afeccionados que reclama a constitución dunha selección nacional galega de futbol. Dende hai meses veñen mantendo xuntanzas para impulsar esta iniciativa que colleu pulo tras a experiencia das seleccións deportivas catalanas. Nestas reclamacións están arrastrando ao BNG que xa se comprometeu, dende hai tempo, a facer 'bandeira política' deste tema. Nos últimos días estanse intensificando as accións para poñer en marcha esta iniciativa, mesmo seguindo o modelo asambleario dos nacionalistas galegos. Para saber máis consultade a súa web.

As contas de Horacio

Deportes - 05 Decembro 2004

Ao presidente do Celta non lle saen ben as contas. Suma aquí e resta acolá e non lle cadran os números para que o equipo vigués volte á Primeira. Nunha cea que tivo coa peña "Horacio Gómez" de Tomiño -o seu concello natal-, xusto despois de empatar co Tenerife, o presidente céltico dixo que confía en que o Celta poida subir aínda que recoñeceu que as cousas se están poñendo moi costa arriba. Non descartou darlle un toque severo de atención a Fernándo Vázquez.

Outro que ten os días contados...

Deportes - 05 Decembro 2004

Outro que ten os días contados é o adestrador do Leche Río Breogán, Moncho López. As constantes derrotas do equipo lucense e a súas meteduras de pata cos medios de comunicación poden ter unha resposta contundente no Consello de Administración convocado para o vindeiro xoves. Os xogadores xa non o respetan e os seus insultos aos xornalistas (con 'hijos de puta' incluidos) non o van a axudar en nada.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.