Economía - 23 Maio 2012
A poetisa Carme Kruckenberg é unha das primeiras personalidades en falar públicamente do que está acontecendo coas prefentes. E o fai como afectada nunha entrevista en exclusiva as cámaras de Tingalaranga que reproduce GC. A Fiscalía anuncia unha demanda civil colectiva e NGB ofrece "plena colaboración".
Economía - 23 Maio 2012
A Xunta asegura que pode facelo se se materializan as ofertas coas que conta. PSdeG e BNG piden unha intervención do goberno galego no banco tal e como aconteceu con Bankia. Rumores de venta a entidades transnacionais.
Economía - 23 Maio 2012
En Galicia, máis de 4.000 persoas viven á intemperie. A coordinadora de persoas sen teito e okupas de Vigo inician unha ofensiva política para pedirlle ao concello que se involucre na procura dunha vivenda digna ás ducias de persoas que non teñen onde durmir.
Economía - 21 Maio 2012
Os dous xornais manteñen una liña contraposta sobre o futuro de NGB. La Voz acusa directamente ao Faro de "torpederar un día tras outro" coas súas noticias ao banco galego, mentres que o xornal vigués acusa ao seu colega do norte de "mentir" e "manipular" coas súas informacións.
Economía - 20 Maio 2012
Gas Natural Fenosa quere cambiar os muíños que explota nesta zona protexida dende os noventa . Os ecoloxistas propoñen desmantelalos, autorizando á empresa máis megawatios noutro lugar.
Economía - 18 Maio 2012
A principal empresa do presidente dos empresarios galegos suspende pagos. Antonio Fontela mantén importantes participacións noutras construtoras coruñesas, varias tamén con dificultades, e tentou entrar no concurso eólico da Xunta.
Economía - 16 Maio 2012
Novagalicia Banco di que os estafados en Moaña crean problemas de seguridade que obrigan a pechar as tres oficinas desta vila do Morrazo. Hoxe manifestación nesta vila.
Economía - 15 Maio 2012
O Claustro Universitario da UDC vén de aprobar, por unanimidade, un posicionamento contra a "suba abusiva e inxustificada" dos prezos das matrículas.
Economía - 14 Maio 2012
O catedrático de Economía Aplicada da USC Xavier Vence é unha voz discordante na esfera mediática, case monopolizada polos críticos co público. Nesta entrevista, detalla as vantaxes da banca pública e as razóns, tamén políticas, polas que quebraron as caixas.
Economía - 13 Maio 2012
CIG, CC.OO. e UXT protestan en Vigo polos recortes do sector naval e pídenlle a Feijóo e Rajoy que tomen medidas.
Economía - 08 Maio 2012
CIG, CCOO e UGT chaman a manifestarse este sábado en Vigo para salvar os estaleiros. A protesta sairá á mesma hora na que convoca o 15M. A saída da marcha dos "indignados" está a 700 metros da dos obreiros.
Economía - 07 Maio 2012
Un grupo de estudantes pechouse a última hora do luns na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago (USC) para protestar pola suba das taxas decretada polo Goberno de Rajoy.
Economía - 05 Maio 2012
Unha terceira parte dos 14.371 millóns que prestaron Caixanova e Caixa Galicia a construtoras están cualificados como de "difícil cobro".
Economía - 01 Maio 2012
A CIG denuncia os recortes do PP e as históricas taxas de desemprego tanto en Galicia como no Estado e non descarta novas folgas xerais. Vídeo da intervención de Seixo no interior.
Economía - 01 Maio 2012
Xosé Manuel Sánchez Aguión, de CC.OO, critica aos populares por "desmantelar o modelo social" e José Antonio Gómez, de UXT, anuncia que, de seguir por ese camiño, "haberá máis mobilizacións". Pachi Vázquez apoia a protesta.
Economía - 01 Maio 2012
Malia coincidir nas críticas á reforma laboral do Goberno de España e ás axudas á banca, as centrais sindicais son incapaces de organizar conxuntamente os actos do Día do Traballador. Lugares e horarios das principais protestas no interior.
Economía - 30 Abril 2012
O ministro alemán de Finanzas eloxia as medidas de España. "Tomáronse as medidas para que o rumbo do barco sexa o adecuado. Agora hai que facer o necesario para que ese rumbo se manteña", di. Críticas de socialistas e nacionalistas.
Economía - 30 Abril 2012
O BNG advirte que, coa actual proposta de distribución de fondos da UE, Galicia só ten garantidos 1.500 millóns ao ser considerado xa como un "territorio desenvolto".
Economía - 28 Abril 2012
A medida tomouse por unanimidade do Consello de Goberno da USC, un día despois de que Feijóo anunciara que había boa sintonía cos reitores para que a suba das taxas en Galicia fora das "máis baixas" do Estado.
Economía - 28 Abril 2012
A empresa coruñesa despide despois de que o xefe de produción ameazase ao día seguinte do paro con tomar represalias contra os que secundaran a folga do 29M.