Unha viaxe polas minas de carbón de León e Asturias

Economía - 21 Xuño 2012

As minas de carbón españolas están paralizadas. Os recortes das axudas ao sector anunciadas polo Goberno central prendeu a chama dunha nova revolución nas comarcas mineiras de Asturias, León, Palencia, Teruel e Cidade Real, onde os mineiros están en pé de guerra xunto coas súas familias, amigos e veciños, en defensa do seu traballo e da súa dignidade. A xornalista Rosalía R. Méndez e o fotógrafo Miguel Núñez percorreron zonas mineiras de León e Asturias para sondar a opinión destas xentes e o seu estado de ánimo, e para afondar nos problemas que desacougan aos mineiros. Esta reportaxe retrata a loita dos mineiros e a vida baixo terra dos que levan un mes encerrados na mina, e explica o conflito do carbón e os obxectivos das protestas.

Dignidade baixo terra

Economía - 20 Xuño 2012

Hoxe cúmprense 30 días dende que sete mineiros da comarca leonesa do Bierzo decidiron encerrarse a 3.000 metros de profundidade para defender o seu traballo e a súa dignidade e a das súas familias. GC é un dos poucos medios que baixou ao pozo Santa Cruz, no Páramo do Sil. O fotógrafo Miguel Núñez retratou a loita destes homes baixo terra.

A CIG critica a La Voz tras os despedimentos na FORGA

Economía - 20 Xuño 2012

O sindicato nacionalista nega que botase 30 traballadores non militantes da UPG da súa fundación para a formación aproveitándose da reforma laboral, como denuncia o diario coruñés.

CC.OO e UGT saen mañá a rúa contra os recortes

Economía - 19 Xuño 2012

Os sindicatos de ámbeto estatal non aclaran se apoiarán a folga que promove a CIG pero adiantan que "tras esta mobilización haberá máis". Horarios e lugares das convocatorias nas cidades galegas no interior.

Imaxes da loita mineira en León e Asturias

Economía - 19 Xuño 2012

As comarcas mineiras de Asturias, León, Palencia, Teruel e Cidade Real viviron este luns un paro masivo pola folga xeral convocada en medio cento de municipios para defender o sector do carbón. Dous reporteiros colaboradores de GC desprazáronse até o Bierzo e Asturias para facer un seguimento da loita dos mineiros e das súas familias e veciños.

Máis rendemento laboral coa hora portuguesa

Economía - 18 Xuño 2012

Un experto critica que os españois son os que máis horas pasan no traballo e os que "menos rendemento xeneran" e suliña que España ten que "deixar de ser unha singularidade" con respecto a Europa.

Para que serven as obras do Plan E?

Economía - 18 Xuño 2012

Unha chaparrada inunda a rúa Coruña de Vigo e a rotonda de Bouzas tres anos despois da súa "humanización" con fondos do Plan E. Vídeo no interior.

A Xunta quere que os mozos se constitúan en autónomos

Economía - 16 Xuño 2012

O Goberno galego insiste en que as súas políticas para a mocidade non están enfocadas en axudas ou prestacións, senón na busca doutras vías de emprego autónomo.

Moody's rebaixa a cualificación de Galicia

Economía - 16 Xuño 2012

A débeda galega pasa da cualificación A3 a Baa3, igual que a madrileña e castelán-leonesa.

NGB pode recibir 5.000 euros por cada galego

Economía - 16 Xuño 2012

Para esquivar a liquidación augurada por Almunida, Novagalicia Banco pode necesitar outra inxección de 10.000 millóns de cartos públicos.

Feijóo pide tranquilidade

Economía - 14 Xuño 2012

O presidente culpa a Almunia mentres os estafados das preferentes de Novagalicia Banco protestan en Santiago e na Coruña.

Pode quebrar Novagalicia Banco?

Economía - 14 Xuño 2012

O Comisario da UE da Competencia revela que, de acordo aos plans de Rajoy, un dos tres bancos xa nacionalizados "está encamiñado a unha liquidación". España négao, pero outras fontes da Comisión din que "hai casos nos que haberá que liquidar entidades".

15M, BNG, EI e CxG critican o rescate

Economía - 11 Xuño 2012

O Bloque Nacionalista pide un referendo sobre o "resgate ao Estado" e mañá convocan mobilizacións na rúa. Os indignados xa protestaron na Coruña. Os irmadiños alertan de que os cartos serán para os bancos pero a débeda será para o Estado e Compromiso por Galicia pide comisións de investigación.

Europa dille a Rajoy que si é un rescate

Economía - 11 Xuño 2012

A prensa e mandatarios da UE e de Alemaña lembralle ao presidente do Goberno que ninguén dá cartos sen saber como se van gastar.

Domingo de mobilizacións polo naval e contra as fumigacións

Economía - 10 Xuño 2012

30.000 persoas piden en Ferrol máis carga de traballo para o sector naval e medio cento en Santiago rexeitan as fumigacións aéreas co pesticida Cascade --flufenoxuron-- que provocan a "desaparición das abellas" nos montes galegos.

España segue o camiño de Grecia

Economía - 09 Xuño 2012

España pide axuda para a salvar a banca e acepta a liña de creto que lle ofrece Europa de ata 100.000 millóns de euros. Ainda non se saben os recortes e as condicións que España deberá cumplir ante a UE aínda que non se descarta unha subida do IVE e a redución do soldo dos funcionarios.

Denuncian "confusións" para apostar pola vía da arbitraxe

Economía - 08 Xuño 2012

A 'Plataforma de Afectados polo Timo das Preferentes' critica á Xunta por insistir nesta vía e denuncian que nas oficinas de consumo "estase a confundir" á xente. Critican que 12 persoas están imputadas en causa penais mentres os "delincuentes que lles fixeron iso" seguen en liberdade.

"A mina é ilegal porque usará cianuro"

Economía - 08 Xuño 2012

Máis de 1.300 veciños asinan contra a macromina de ouro na Costa da Morte malia a promesa de creación de centos de empregos. Verdegaia asegura que tería fortes impactos sobre hábitats e especies.

A Estación Científica, dividida en dous

Economía - 06 Xuño 2012

O Concello do Courel e a USC dividiranse un edificio que aínda non está operativo. O seu obxectivo é destinar unha parte como centro de información para o que construirán un gran aparcadoiro.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.