Arnoldo Morales Gil, director xeral de Pemex /elheraldodecoatzacoalcos.wordpress.com

"Creo a palabra do presidente de México"

Economía - 23 Xaneiro 2014

O xefe do Executivo galego asegura que é un dos "poucos crentes" en que Galicia construirá os dous floteis prometidos polo Goberno mexicano.

Alberto Núñez Feijóo/ publico

Feijóo saca peito co futuro eólico en Galicia

Economía - 23 Xaneiro 2014

Considera positivo o balance do Plano Eólico ata o de agora e anuncia novas medidas para incentivar ás empresas a continuar cos proxectos. Aprobados tres novos parques de 60 MW en Lugo e Pontevedra.

Fileira diante dunha oficina do paro

O paro aumentou en Galicia durante o último trimestre do 2013

Economía - 23 Xaneiro 2014

Subiu en 800 e a ocupación baixou en 18.900 persoas. Remata o ano cun 0,16 % máis de parados que en 2012.

Demetrio Carceller / brewersofeurope.org

Pescanova: o pelotazo de Carceller explicado aos nenos

Economía - 23 Xaneiro 2014

Saben a historia do feirante diplomado en Harvard con posgrao en Padrón: “Compro a dous e vendo a cen, e con ese dous por cento, vou tirando”. É posible que o empresario Demetrio Carceller estudara na mesma escola.

Sede de Caixabank en Barcelona

CaixaBank inxecta un 55% máis en Galicia a través do ICO

Economía - 22 Xaneiro 2014

CaixaBank informou hoxe concedeu en 2013 máis de 65 millóns de euros en préstamos e leasings para autónomos, pemes e empresas en Galicia a través das liñas do Instituto de Crédito Oficial (ICO).

Arnoldo Morales Gil/elheraldodecoatzacoalcos.wordpress.com

PEMEX di que a oferta galega é unha máis

Economía - 22 Xaneiro 2014

A petroleira mexicana anuncia que adxudicará os floteis o día 28 e advirte que a oferta de PMI -a través das que a Xunta prometeu os floteis para Barreras e Navantia- non "está sendo avaliada en igualdade"

Unha das sedes da empresa Freirema

A fraude de Pescanova podería repetirse con Freiremar

Economía - 21 Xaneiro 2014

Así o cre a CIG que denuncia un "armazón de sociedades" nesta empresa similar á que dirixía Fernández de Sousa. Freiremar está inmersa nun despedimento colectivo que afecta a máis de 330 empregados.

Unha cadea de produción industrial

Os empresarios mozos piden a retirada das imposicións aos autónomos

Economía - 21 Xaneiro 2014

As subas das cotizacións, din, supoñen un "gran freo ao fomento do emprendimiento" e chocan "co compromiso do Goberno de reducir as cargas impositivas ás empresas".

Imaxe do programa alemán

A Xunta anima a emigrar a Alemaña con bolsas de 300€

Economía - 20 Xaneiro 2014

A Consellería de Traballo promociona a oferta de bolsas na emigración coas que Alemaña busca mozos especialistas a baixo custe. En Galicia, Coremain comeza a implantar un modelo moi similar coa axuda da Xunta, denuncia AGE.

Vista contrapicada da catedral

Estudan crear un Camiño Cultural Atlántico desde Bordeus ata Santiago

Economía - 18 Xaneiro 2014

"Trátase dun Camiño de Santiago moderno", di o alcalde de Santander.

Zona noroeste da Península Ibérica/ eltiempo

Na procura dunha gran macrorrexión para conseguir fondos da UE

Economía - 17 Xaneiro 2014

Asturias súmase a Galicia, Norte de Portugal e Castela-León na macrorrexión do Sudoeste. Tamén o Centro de Portugal podería incorporarse nos vindeiros meses.

Obras de ampliación da Canle de Panamá

A paralización das obras de Panamá afectará a NGB

Economía - 17 Xaneiro 2014

O xa banco galego podería sufrir apuros se a súa matriz, Banesco, ten que sufragar a débeda bancaria do consorcio que lidera Sacyr. O administrador da Canle avanza que as obras serán paralizadas.

Alberto Núñez Feijóo/ publico

Feijóo presume de pago aos seus provedores

Economía - 16 Xaneiro 2014

Destaca que a Xunta reduciu a 28,8 días o tempo de pago e que grazas a isto a Xunta contribuiu a "dinamizar a economía galega". Insiste en que a maior parte das facturas foron para priorizar gastos sociais.

Protesta de autónomos, entre eles profesionais da venda ambulante galegos, diante das Cortes / www.muypymes.com/

"Sabrazo" do Goberno aos autónomos cunha suba do 22% da cota mensual

Economía - 16 Xaneiro 2014

Os autónomos societarios e con empregados terán que pagar este ano 313,4 euros, no canto dos 256 que pagaban ata o de agora. Pero hai novas taxas.

Estación de Pemex en Puertecitos / Brian Schirk en Flickr

Pemex fortalecerá o naval mexicano coa tecnoloxía de Barreras

Economía - 15 Xaneiro 2014

Asina un acordo de transferencia tencolóxica para potenciar as capacidades dos astaleiros e industria auxiliar de México. Anuncia a construción alí de dez barcos.

Abel Losada, voceiro parlamentar do PSdeG

O PSdeG, farto das "mentiras" de Feijóo co naval

Economía - 15 Xaneiro 2014

Pídelle que vaia co ministro español a México para esixirlle a Pemex que cumpla cos supostos contratos asinados.

Os traballadores do naval de Navantia cortan o tráfico na AP9 / Alvaro Seco

Portugal lembra que en Galicia hai crise no sector naval

Economía - 14 Xaneiro 2014

Destaca que máis de 10.00 persoas están sen traballo desde hai dous anos e medio.

Unha cadea de produción industrial

Descende a confianza empresarial en Galicia

Economía - 13 Xaneiro 2014

Rexistra o maior descenso do Estado para o primeiro trimestre do 2014.

Afectados polas preferentes na manifestación do 1º de maio en Vigo / Miguel Núñez

500 millóns de 35.000 galegos siguen atrapados nas preferentes de NGB

Economía - 12 Xaneiro 2014

A Plataforma de Afectados de Compostela anuncia novas mobilizacións até recuperar a totalidade do investido.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.