Monforte de Lemos durante a súa feira medieval

Oportunidades de negocio na Feira de Monforte

Emprendemento - 23 Febreiro 2015

O Concello de Monforte acaba de facer públicas as bases que rexerán a solicitude de participación na XIII Feira Medieval que terá lugar o sábado día 4 e o domingo día 5 de abril.

Xogo de mesa

Cando a historia se converte nun xogo de mesa

Emprendemento - 23 Febreiro 2015

"Ucrónika" é un xogo de cartas creado por un equipo vigués que fomenta a imaxinación, a creatividade e a improvisación a través da historia.

Os creadores de Bluscus: Jacobo Camba (socio fundador), Catherine García e Pablo Mariño (socio fundador).

Nace a primeira axencia especializada en turismo mariñeiro

Emprendemento - 21 Febreiro 2015

Bluscus, a primeira axencia online especializada en promover o turismo mariñeiro de Galicia, arrancou hoxe a súa actividade co lanzamento do portal, que ofrece a posibilidade de participar en actividades de inmersión na cultura galega, a través da contratación de experiencias gastronómicas, naúticas ou marisqueiras singulares e características das zonas do litoral.

Interior dunha casa na zona vella de Santiago rehabilitada por Trabecón

“Debe haber axudas para manter as casas de pedra fóra das cidades”

Emprendemento - 20 Febreiro 2015

Jesús Varela Lorenzo, administrador de Trabecón, é un dos homes que máis sabe no país de rehabilitación de vivendas. A súa empresa está ademáis especializada en traballos en zonas históricas e bioconstrucción. As subvencións, o impacto da crise no sector e a recuperacioń económica son algúns dos temas desta entrevista.

X Aniversario do GC

GC lanza un novo portal especializado en emprendemento e innovación

Emprendemento - 19 Febreiro 2015

GCEmprende.com. Esta é a nova canle temática que acaba de abrir Galicia Confidencial (GC), un portal especializado en información económica que funciona como un suplemento da cabeceira principal. O obxectivo de GCEmprende é informar en detalle das novas oportunidades empresariais e os éxitos xa logrados por compañías galegas. Proporciona tamén información útil sobre como lanzar unha empresa, exportar e innovar no país.

Premios do Observatorio eCommerce

Convocatoria de premios para proxectos de comercio electrónico

Emprendemento - 19 Febreiro 2015

O Observatorio eCommerce do Foro de Economía Dixital convocou os Premios Nacionais de eCommerce 2015.O prazo é até o 16 de marzo en toda España

Presentación do D3Mobile Metrology World League 2015 en Lugo / USC

Estudantes de 30 países participarán nun programa de talento científico da USC

Emprendemento - 19 Febreiro 2015

A D3Mobile 2015 é un campionato vangardista que conxuga innovación e tecnoloxía e que inclúe premios por valor de 11.000 euros para estudantes de entre 16 e 18 anos.

Cidade da Cultura no Monte Gaias/Projetoblog.com.br

Venres emprendedores na Cidade da Cultura

Emprendemento - 18 Febreiro 2015

Rei Zentolo protagonizará o 6 de marzo a primeira xornada, ao que seguirán Alberto Rodríguez Montiel de FrutoDS, Óscar Santomé Estudio e Quattro IDPC. En cada sesión haberá un coloquio informal e unha posterior sesión de networking onde intercambiar experiencias ao redor das degustacións que ofrecerá o Instituto Galego do Viño. A actividade é de balde mais é preciso inscribirse.

Sede de Afundación en Vigo

Os mellores expertos do mundo no negocio do viño nun foro en Vigo

Emprendemento - 18 Febreiro 2015

A Sede Afundación en Vigo acollerá o vindeiro luns 23 de febreiro, entre as 10.00 e as 20.00 h, a primeira edición do Atlante Wine Forum, unha xornada de traballo e formación dirixida aos profesionais do sector vitivinícola do noroeste de España e norte de Portugal na que se reunirán algúns dos maiores expertos en viño do mundo.

Collendo medidas co móbil para modelado 3D /d3mobile.es

Lugo promove un campionato mundial de modelado 3D

Emprendemento - 17 Febreiro 2015

A Universidade de Santiago de Compostela e Fundación Vodafone España asinan este mércores en Lugo un convenio e presentan a ‘D3mobile Metrology World League 2015’.

Foro Transfiere 2015 /uvigo.es

Galegos presentan proxectos no principal encontro científico-tecnolóxico de España

Emprendemento - 17 Febreiro 2015

É o principal evento español da transferencia de coñecemento entre o tecido investigador e o empresarial, e nel estivo a Universidade de Vigo presentado a súa oferta de I+D. O Foro Transfiere 2015 celebrouse este mércores e xoves en Málaga e contou coa asistencia de 2300 profesionais, 450 empresas e organismos públicos e representantes de 26 países.

Emprendedores gañadores dunha pasada edición do concurso Top Seed Lab /topseedslab.com

Concurso para emprendedores tecnolóxicos

Emprendemento - 16 Febreiro 2015

Acaba de abrir a convocatoria do programa de aceleración de startups de base tecnolóxica Top Seeds Lab, parte da iniciativa Global Accelerator Network. O prazo para remitir candidaturas remata o vindeiro 28 de febreiro.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.