Presentación Informe de Conxuntura Socioeconómica de 2016/uvigo

Que sector está a estimular a mellora económica en Galicia?

En profundidade - 22 Decembro 2016

Por vez primeira dende que comezou a recesión, a economía do país medra máis que a do Estado grazas ao comercio exterior. Unha boa noticia, pero cómpre tomar con coidado porque se trata dun sector moi dependente dunhas poucas empresas, como Citroën ou Inditex.

Un traballador nunha oficina falando por teléfono diante dun ordenador / Alan Cleaver Flickr

Cando o negocio vaiche tan ben que non tes tempo de atender ao importante

En profundidade - 21 Decembro 2016

Un dos problemas que sofren os afortunados emprendedores que logran sacar adiante a súa empresa é que cada vez teñen que asumir unha maior carga de traballo en tarefas administrativas, secundarias pero asemade imprescindibles. A medida que o volume de negocio aumenta, tamén medra o tempo que hai que adicarlle por exemplo a compra de material e, en consecuencia, diminúe o tempo dispoñíbel para labores como a elaboración do noso produto, a busca de clientes ou a estratexia comercialización, que son en realidade o núcleo de calquera compañía.

 Manuel Medina dando unha charla qno Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Compostela.

Como lograr que unha ONG non viva de subvencións

En profundidade - 16 Decembro 2016

En Galicia aínda é frecuente que as asociacións de todo tipo dependan en gran medida das axudas públicas, malia que a crise levouse por diante boa parte das subvencións. Entrevistamos a Manuel Media Albero, o promotor de Viável, unha innovadora iniciativa que ensina ao chamado terceiro sector a atopar vías de financiamento alternativas mediante o uso, por exemplo, das redes sociais.

Peregrino no Camiño de Santiago nunha imaxe da exposición Via Iacobitana /xunta.gal

O aumento do turismo foráneo permite novas oportunidades de negocio

En profundidade - 29 Novembro 2016

Os turistas estranxeiros aumentan case un seis por cento, o que dispara as pernotacións a unhas cifras non vistas en case unha década.

Trasteiros en Arganda del Rey / Global Box

Os almacéns baratos, un nicho de negocio que pode medrar no país nos próximos anos

En profundidade - 23 Novembro 2016

O negocio do “selfstorage”, ou autoalmacenamento, é un dos nichos aínda non moi explotados que comeza a consolidarse no país, en parte impulsado por unha boa noticia -a leve recuperación económica- e en parte grazas a unha mala noticia -a sempiterna emigración dos galegos.

Manuel Porto, do colexio Compañía de María de Santiago gañou o premio Galicencia 2016

Un controlador de abuso de auga gaña os premios Galiciencia

En profundidade - 21 Novembro 2016

O dispositivo de control de abuso de auga no fogar desenvolvido por un estudante compostelán é o gañador absoluto da Galiciencia 2016. O proxecto de Manuel Porto, do colexio Compañía de María de Santiago, foi o mellor valorado polo xurado –formado por medio cento de persoas– entre os 50 proxectos que competían polo premio final, dotado cun smartwatch e con 1.000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter estatal, a Exporecerca 2017.

Galiciencia 2016

Os inventos dos máis mozos na maior feira científica do país

En profundidade - 17 Novembro 2016

Apps para loitar contra a vespa asiática, unha horta hidropónica e un pastillero intelixente son algúns dos proxectos de Galiciencia, que bate o seu récord de participantes.

Cestas de Nadal de gama alta /navipack

Regalar cestas ou lotes de Nadal non ten porque ser caro

En profundidade - 14 Outubro 2016

A crise e o comercio electrónico provocaron unha reconversión nun sector que move unhas cifras moi importantes. Agora hai máis oferta e a prezos moito máis diversos.

Maquinaria nas obras dunha mina de pizarra

O clúster da Pizarra de Galicia modernízase

En profundidade - 16 Setembro 2016

O Clúster da Pizarra de Galicia activou esta semana o novo deseño da súa páxina web e creou perfiles corporativos nas redes sociais Facebook e Twitter.

Os alumnos chinos aloxaranse na residencia de estudantes de IESIDE en Pontevedra

Alumnos chinos chegan a Pontevedra para formarse en negocios internacionais

En profundidade - 14 Xullo 2016

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) recibiu hoxe os seus primeiros alumnos, un grupo 15 de estudantes chineses procedentes da Beijing International Studies University (BISU) que cursarán no campus pontevedrés do centro un programa intensivo sobre relacións internacionais.

Francisco García, presidente da Denominación de Orixe Valdeorras de viño

“Máis que vender viños, temos que trasladar experiencias”

En profundidade - 08 Xullo 2016

Francisco García di que estaría “encantado” se Bruce Springsteen quixera ser pregoeiro da nosa Feira do Viño. Falamos co presidente do Consello Regulador de Valdeorras da foto do ‘boss’ pero tamén do crecemento desta denominación de orixe. O mercado internacional, a I+D, as novas variedades e a Feira que comeza para a semana son outras novidades desta entrevista.

Participantes do  proxecto Cultiva  Mazás e algúns  colaboradores / Participantes do  proxecto Cultiva  Mazás e algúns  colaboradores. Elena Ferro,  impartindo unha xornada  sobre emprendemento no  rural / Casa Grande de Xanceda

Cultiva Mazás, educando para empreder no rural

En profundidade - 10 Xuño 2016

O proxecto de responsabilidade social corporativa e emprendemento rural da Casa Grande de Xanceda, bautizado Cultiva Mazás, entra na súa recta final. O próximo venres 17, de xuño, ás 09.45 horas procederáse á entrega de premios desta singular iniciativa, creada para fomentar o emprendemento no rural e loitar así contra o despoboamento que lastra a Galicia rural.

Centro comercial con multitude de logos de diferentes marcas, incluída Zara / pixabay

De que cor pinto o meu negocio?

En profundidade - 03 Maio 2016

Cada cor está vinculado a uns valores que poden axudar a, en primeiro lugar, diferenciarnos dos competidores e, en último término, aumentar as nosas ventas.

O alcalde de Yantián e vicepresidente del Partido Comunista de China, Wu Delin, na sede da patronal coruñesa.

Un vicepresidente do Partido Comunista chino busca oportunidades de negocio en Galicia

En profundidade - 25 Abril 2016

A Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) recibiu hoxe a visita dunha delegación de representantes económicos e políticos do distrito de Yatián, situado na cidade chinesa de Shenzhen. O presidente da patronal coruñesa, Antonio Fontenla, membros da súa xunta directiva, e o director do Porto da Coruña, Juan Diego Pérez, reuníronse co alcalde de Yantián e vicepresidente do Partido Comunista de China, Wu Delin.

De compras nas rebaixas de verán De compras nas rebaixas de verán De compras nas rebaixas de verán De compras nas rebaixas de verán

Consellos para salvar a burocracia de abrir unha tenda

En profundidade - 24 Abril 2016

Moitas persoas escollen o pequeno comercio como o campo para o seu desembarco no emprendemento. O certo é que a leve recuperación económica e a caída dos prezos de alugueiros dos locais nalgunhas zonas urbanas animan a aventurarse neste sector. Agora ben, antes de tomar a decisión final debemos avaliar se podemos salvar as seguintes barreiras que nos pode pór a administración e, ás veces, os propietarios dos locais.

Centro comercial con multitude de logos de diferentes marcas, incluída Zara / pixabay

Como crear un logo para unha empresa ou comercio

En profundidade - 21 Abril 2016

Tanto se contratamos un deseñador como se empregamos unha xerador de logos en liña, sempre cómpre respectar unhas regras básicas como a simplicidade, durabilidade, xeometría, etc.

Consellos para seleccionar broker para operar a través da Internet

En profundidade - 03 Marzo 2016

O IBEX, o principal índice de referencia do mercado bursátil en España, abriu esta mañá cun lixeiro axuste negativo, pero aínda así acumula unha suba do 4,9% dende a última semana. Claro que o índice logrou este reboto despois de perder máis do 20% do seu valor dende hai un ano.

Investidores nunha sala de mercado operando a través de Internet / CC BY 2.0 Wikipedia ChrisiPK

Riscos e avantaxas de investir no Forex

En profundidade - 09 Febreiro 2016

O Mercado Internacional de Divisas é coñecido internacionalmente polo acrónimo Forex, de Foreign Exchange (Troco de Moedas Estranxeiras). O Forex atrae a un perfil de investidor capaz de comprender os elevados riscos deste mercado; capaz de asumilos a cambio da promesa dunha alta rendibilidade.

Apostila dun certificado de defunción /apostile.la

Como lograr copias legais de documentos emitidos no estranxeiro?

En profundidade - 11 Decembro 2015

Apostila é un termo que provén do idioma francés, significa "nota" ou anotación. A nivel internacional, existe o que se coñece como Apostila da Haia, un método simplificado de legalización de documentos a efectos de verificar a súa autenticidade no ámbito do dereito internacional privado como, por exemplo, un contrato.

Servizo especializado no cobra de débedas de morosos /elpayasocobrador.com

O crédito tamén é posíbel para os emprendedores fichados en rexistros de morosidade

En profundidade - 04 Decembro 2015

Aparecer nunha base de datos que identifica aos clientes que deixaron de pagar un crédito pode levar ao fracaso a calquera negocio. Se o afectado é un emprededor e o préstamo ou a factura impagados estaban ao seu nome, significa ademais que poder dificultades para lograr crédito para calquera nova aventura empresarial. Afortunadamente, na Internet apareceron recentemente solucións para estes casos.

  • 1
  • 2
  • 3
  • Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.