En profundidade - 26 Novembro 2015
A cifra de negocio das operadoras deste sector cuadriplicouse dende 2009, grazas a uns intereses de demora comparativamente moito mellores que os dos cartóns de crédito e unha tramitación moito máis rápida.
En profundidade - 25 Novembro 2015
O sector da acuicultura ecolóxica e da recolleita de algas aumentou o seu volume de vendas en máis dun 260% no ano 2014 con respecto ao 2013, o que supón preto de 700.000 euros máis de facturación no último ano.
En profundidade - 05 Novembro 2015
Investigadores das tres universidades galegas expertos nesta materia reúnense este venres en Santiago para dar a coñecer os seus avances neste eido. Ao encontro asistirán empresas nacionais e internacionais representativas do sector, xunto cun investigador de Yahoo.
En profundidade - 15 Outubro 2015
É o responsable da coordinación técnica, administrativa e financeira dun proxecto no que se contempla tamén o deseño e implementación de dous cursos de especialización para desenvolver o sector social, económico e ambiental.
En profundidade - 08 Outubro 2015
Porá a mesa máis exquisita do Galician Gourmet Extravaganza. Carnes, croquetas delicatessen, conservas, fabas, queixos, sobremesas e até o café da provincia farán as delicias dos padais máis esixentes de Inglaterra.
En profundidade - 06 Outubro 2015
Enrico Trevisan, un dos principais expertos internacionais en economía condutual, pronunciará a lección maxistral: «A rendibilidade nas organizacións: economía condutual e estratexia comercial».
En profundidade - 12 Setembro 2015
Nuns días comeza o primeiro curso na Semente de Trasancos, un proxecto sen ánimo de lucro que nace co apoio do Concello de Narón e o asesoramento das 'sementes' irmáns en Vigo e Santiago. Nesta entrevista cos seus promotores abórdanse, entre outros puntos, os trámites necesarios para lanzar estes proxectos para nenos, o modelo educativo e linguístico proposto e a campaña de financiamento en marcha a través de pequenas aportacións miúdas a través da Internet.
En profundidade - 08 Setembro 2015
O profesor Burton Gordon Malkiel no seu libro "Un paseo aleatorio por Wall Street" afirmou que calquera mono cos ollos vendados, lanzando dardos ás páxinas financeiras do xornal The Wall Street Journal escollería tan ben a súa carteira de valores como o farían os mellores analistas do mercado. O feito é que este experimento levouse á práctica no propio xornal e pasado un tempo, para sorpresa de moitos, comprobouse que o mono acertara e superara ao 85% dos fondos elixidos polos expertos. Con esta metáfora Malkiel quería pór de manifesto a imposibilidade de predicir a evolución do mercado de valores. Este é un dos desafíos aos que terán que enfrontarse os participantes no Curso de introdución á bolsa, que botará a andar o vindeiro 27 de outubro da man do profesor José Luis Sáez Ocejo e da profesora Trinidad González-Portela Garrido.
En profundidade - 03 Setembro 2015
Os autónomos e emprendedores son un dos grupos máis propensos a ests problemas. Ademais, o retorno á oficina aumenta tradicionalmente as consultas doenzas relacionadas coa saúde mental. Algo especialmente importante no país, pois as sucesivas enquisas do INE situán a Galicia á cabeza do Estado en ansiedade e depresión. A falta de luz, as difucultades económicas e a mala alimentación son algúns dos factores que contribúen ao problema, que se pode paliar cunha serie de cambios nos hábitos diarios.
En profundidade - 30 Xuño 2015
Introduce remuneracións fixas e variables e establece un importe máximo de retribución de catro millóns de euros para o conxunto de conselleiros.
En profundidade - 26 Maio 2015
Cada vez son máis os 'freelance', autónomos e pequenas empresarios que dubidan se, no lugar de encargarlle a burocracia a unha xestoría, asumir eles mesmos o odiado 'papeleo'. Esta segunda opción ten as vantaxes dun aforro económico, que pode ser significativo para os pequenos empresarios, e tamén un maior control sobre a situación financeira da compañía en cada momento. Agora ben, asumir un mesmo as tarefas administrativas conleva loxicamente tamén investir moito tempo, que non se adica a tarefas que poden ser máis produtivas como, sobre todo, a busca de novos clientes.
En profundidade - 21 Maio 2015
Gastar cartos na consolidación da nosa marca comercial é un dos mellores investimentos que podemos facer a medio prazo. É probábel que non nos aporte réditos inmediatamente, pero introducirse no imaxinario dos nosos clientes abriranos a porta para que, cando necesiten os nosos produtos ou servizos, saiban inmediatamente a quen solicitar un orzamento.
En profundidade - 18 Marzo 2015
O xigante téxtil non para de crecer ano tras ano. Uns resultados dos que se benefician o seu presidente e conselleiros. En 2014 gañou máis de 2.500 millóns de euros o que fai de Amancio Ortega un dos homes máis ricos do mundo e ao seu conselleiro delegado, Pablo Isla, dos máis hábiles e solicitados no mundo dos negocios.
En profundidade - 16 Marzo 2015
A investigación do grupo TeamNanoTech, da Universidade de Vigo, trata de desenvolver un método sinxelo e rápido que permita detectar esta enfermidade mediante unha simple análise de sangue, mesmo predicindo a súa aparición en persoas novas.
En profundidade - 08 Marzo 2015
A porcentaxe de traballadoras alleas por conta propia sitúase no 41,8%, máis que a media do Estado pero menor que antes da crise. Autónomos de Galicia piden máis medidas de conciliación laboral e familiar e xubilación anticipada aos 61 anos.
En profundidade - 20 Febreiro 2015
Son as que menos cobran do Estado, un 24,2% menos que homes, e cunha fenda laboral que continúa crecendo.
En profundidade - 18 Febreiro 2015
Iván López é un deses mozos feitos a base da machada da insistencia e da iniciativa. Traballou no mundo da construción e nas enerxías renovables ata que decidiu xuntar nunha única empresa estes dous sectores. Así xurdiu Consulting Franquean.
En profundidade - 12 Febreiro 2015
O número de surfeiros federados no país pasou en menos dunha década de 89 a máis de 4.000. En España, de 1.200 a máis de 23.000. A crise non está a afectar ao sector, impulsado polos bos datos do turismo e, sobre todo, por unha oferta única de praias con ondas potentes e contornas pouco explotadas.
En profundidade - 12 Xaneiro 2015
O mundo de Internet é, hoxe en día, un dos principais motores da innovación en Galicia. Un motor ao que tamén se están enganchando as PEMES. A chave, segundo o director de Interdix Galicia, para entrar con forza no mundo de Internet son“as ideas, os servizos, o ser capaz de ofrecer algo diferente, e despois procurar o soporte tecnolóxico axeitado”.